O Racing Vilalbés empata e xogará o pase no campo do Arousa

O Racing Vilalbés e o Arousa igualaron na ida da segunda rolda eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF e será no campo da Lomba onde se decida o equipo que represente a Galicia na derradeira fase. Na Preferente, a Sarriana quedou sen marxe de erro para manter praza de ascenso logo do empate no campo […]

O Racing Vilalbés remonta e xogará a segunda rolda polo ascenso

Gran encontro do Racing Vilalbés que remontou a eliminatoria no campo do Rápido de Bouzas. Xogará a segunda rolda da fase de ascenso diante do Arousa. Na Preferente, a Sarriana non pasou do empate co Noia no partidazo da xornada e ve reducida a catro puntos a súa vantaxe. Triunfos importantes do Ribadeo e do […]

O ascenso a Segunda decidirase nos encontros de volta

A ida das dúas eliminatorias de ascenso a Segunda Autonómica finalizaron en empate. O Nuevo Nausti igualou no último suspiro no Municipal fronte ao Abadín e o Incio empatou un encontro que se lle puxo moi costa arriba fronte ao Páramo. Analizamos tamén os encontros do Torneo Delegación. eliminatorias polo ascenso Dous tantos nos intres […]

O Racing Vilalbés, a pola remontada en terras viguesas

Derrota pola mínima do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Rápido de Bouzas no encontro de ida das semifinais do play off de ascenso a Segunda RFEF. O conxunto de Simón Lamas terá que vencer no Baltasar Pujales para avanzar á seguinte rolda. Na Preferente importante vitoria da Sarriana no campo do Pino, con remontada […]

O Racing Vilalbés ao play off, o Viveiro perde a categoría.

Unha de cal e outra de area na derradeira xornada de Terceira RFEF. Ledicia na Madalena, onde o Racing Vilalbés dobregou a un Arousa que se xogaba o ascenso directo e disputará o play off de ascenso. Final de temporada cruel para o Viveiro. Logo de sobrepoñerse a moitas adversidades, os mariñáns xogarán en Preferente […]

Nuevo Nausti e Incio collen vantaxe na fase de ascenso

Comezaron as eliminatorias de ascenso na Terceira Galicia. No grupo norte o Nuevo Nausti venceu na Reigosa ao Friol B e convírtese en claro favorito para acadar a final. Abadín e Rioaveso empataron nun encontro cheo de goles no Municipal. No grupo sur o Incio gañou no campo Sober, mentres que Páramo e Rubián igualaron […]

Racing Vilalbés e Viveiro deixan deberes para a última xornada

Máxima emoción na Terceira RFEF. A penúltima xornada, xa disputa en horario unificado, deixa aos nosos dous representantes cos deberes por facer para o derradeiro encontro. O Racing Vilalbés empatou no campo do líder, o Fabril, pero non certificou a súa presenza no play off de ascenso. O Viveiro perdeu en Cantarrana fronte ao Silva […]

Xornada redonda para a Sarriana

A xornada de Preferente déixanos unha vitoria de seis puntos para a Sarriana. Ao triunfo dos de Brais Prados no campo do Sigüeiro hai que sumarlle as derrotas dos seus perseguidores, Noia e Betanzos. A diferencia co terceiro clasificado agora é de nove puntos. Importante vitoria tamén da Residencia na súa visita ao San Tirso. […]

O Viveiro da un paso de xigante para a permanencia

Antepenúltima xornada na Terceira. O Racing Vilalbés sumou un punto insuficiente diante do Paiosaco e mantén viva a esperanza dos seus perseguidores por entrar no play off. O Viveiro sumou un triunfo de vital importancia no campo do Gran Peña e acariña a súa continuidade en categoría nacional. Na Preferente, a Sarriana venceu fronte ao […]

O Lemos protagoniza a única vitoria da xornada

Mala xornada para os nosos. Na Terceira o Racing Vilalbés caeu derrotado pola mínima no campo do Barco e terá que pelexar ata o final para conservar o posto de play off, e o Viveiro perdeu na súa visita ao Alondras e tamén terá que seguir pelexando para certificar a permanencia. Na Preferente, a Sarriana […]

O Racing Vilalbés da un paso importante cara o play off

Na xornada de Terceira RFEF, o Racing Vilalbés sumou tres importantes puntos diante do Somozas na Madalena, mentres que o Viveiro empatou no Viso fronte ao Arzúa. Na Preferente, a Sarriana gañou no campo do San Tirso e segue con paso firme no liderado, mentres que a Residencia impúxose ao Portomarín no derbi provincial. O […]

O Viveiro segue dando pasos para a salvación

Na Terceira RFEF destacamos o importante triunfo do Viveiro en Cantarrana fronte ao Estradense. O Racing Vilalbés sumou un punto na súa visita ao difícil campo da UD Ourense. Na Preferente soamente o Lemos foi quen de acadar os tres puntos, ademáis fíxoo diante dun rival directo como o Sigüeiro. A Residencia empatou na Cheda […]

Racing Vilalbés e Ribadeo, rachas inversas como locais

A xornada en Terceira RFEF déixanos o triunfo do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Choco e a derrota do Viveiro na súa visita ao Arousa. Na Preferente, a Sarriana segue con paso firme logo de derrotar ao pechacancelas Fisterra. O Lemos sumou un bo punto diante do Dubra, mentres que Ribadeo e Portomarín caeron […]

O Relámpago Taboada suma os primeiros puntos da temporada

Nunca é tarde. Tiveron que pasar dezaoito xornadas pero o Relámpago Taboada sacou o cero do seu casilleiro de puntos logo de derrotar ao Bóveda. O Palas mantén o liderado malia non poder xogar diante do Incio pola intensa nevada que caeu sobre o Carboeiro. No grupo norte, o Racing Vilalbés B desaproveitou a súa […]

A Sarriana vence no derbi provincial e distancia ao terceiro

A xornada en Terceira RFEF déixanos o valioso empate do Viveiro diante do Fabril, líder da categoría e a derrota en Arteixo dun Racing Vilalbés que non lle da continuidade ao triunfo da última xornada. Desde Valdeorras chegounos a nova da destitución do monfortino Edu Rodríguez no banquiño do Barco. Na Preferente, a Sarriana gañoulle […]

O Racing Vilalbés volve sorrir

Ráchanse as dinámicas na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés, logo de sete semanas sen gañar, acadou tres valiosos puntos diante do Silva, mentres que o Viveiro, tres meses máis tarde, perdeu no campo do Paiosaco. Na Preferente, un derbi provincial moi polémico entre o Portomarín e a Sarriana rematou coa vitoria mínima do líder. O […]

O Viveiro prolonga a once os encontros sen perder

Dous empates para os nosos representantes na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés segue sen gañar no 2023, pero sacou un punto do campo dun enrachado Gran Peña, mentres que o Viveiro igualou en Cantarrana fronte ao Barco. Na Preferente, triunfo cómodo da Sarriana na Ribela fronte ao Ordes. O Ribadeo sacou un punto do campo […]

O Viveiro gaña o derbi provincial na Madalena

Xornada de derbi provincial en Terceira RFEF, que rematou con triunfo do Viveiro no feudo dun Racing Vilalbés que non coñece a vitoria no 2023. Na Preferente a Sarriana empatou no sempre difícil campo do Sofán, mentres que o Ribadeo prosegue coa súa escalada e dobregou no Pepe Barrera ao Dubra. Triunfo tamén da Residencia […]

O Matela estrea o seu casilleiro de vitorias

No grupo norte o Racing Vilalbés B gañou o derbi diante do Catro Roldas e distánciase aínda máis no liderado. O Matela deu a sorpresa e sumou os seus tres primeiros puntos no campo do Cazás. No grupo sur o Palas gañou no difícil campo do Rubián e comparte liderado co Quiroga, que goleou ao […]

A Sarriana asalta o liderado de Preferente

A décimo oitava xornada en Terceira déixanos unha de cal e outra de area. O Racing Vilalbés non atravesa o seu mellor momento e caeu pola mínima na súa visita ao Rápido de Bouzas. Pola contra, o Viveiro gañoulle ao Cantarrana a un candidato ao ascenso, o Somozas. Na Preferente, a Sarriana é novo líder […]