#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

O Matela estrea o seu casilleiro de vitorias

No grupo norte o Racing Vilalbés B gañou o derbi diante do Catro Roldas e distánciase aínda máis no liderado. O Matela deu a sorpresa e sumou os seus tres primeiros puntos no campo do Cazás. No grupo sur o Palas gañou no difícil campo do Rubián e comparte liderado co Quiroga, que goleou ao Bóveda.

grupo norte

Dez minutos que sentencian o derbi a favor do líder (2-1). Encontro de máxima intensidade no que o Racing Vilalbés B saiu fulgurante e en dez minutos xa tiña dous goles de vantaxe fronte ao Catro Roldas. Gabri foi o autor de ámbolos tantos, o primeiro á saída dun córner e o segundo ao transformar un penalti cometido sobre él mesmo. O cadro visitante non se veu abaixo e Moha, cun lanzamento desde a frontal recurtou diferencias aos vinte minutos de partido. Gabri e Anido contaron con boas ocasións para os de Iván Lamas, pero o Catro Roldas tamén chegou con perigo á portería defendida por Pedro. Na segunda metade foron os de David Lorenzo os que someteron ao filial vilalbés, sobre todo de saída, pero sen acerto cara a porta. O Racing B, aínda que xogou en inferioridade máis de vinte minutos, tivo ocasións para sentenciar, aínda que o marcador non se moveu.

O Rioaveso dobrega ao Celeiro para seguir e sitúase na segunda praza (3-1). Encontro pouco vistoso o disputado en Paraños. O cadro local púxose en clara vantaxe no marcador en dous erros do gardameta viveirense. A defensa chairega non concedeu demasiadas ocasións a un Celeiro que foi quen de recurtar diferencias a dous minutos do descanso cun golazo do debutante Cora. Junior, co tempo cumprido voltou a poñer con dous tantos de marxe ao Rioaveso. Na segunda metade os de Manu Veiga souberon controlar o partido e non sufriron en exceso.

O Friol B vence ao Abadín cun penalti no último suspiro (0-1). Encontro condicionado polo forte vento que sopraba no Municipal. O conxunto local reclamou expulsión dun defensor que impediu a Noe prantarse só diante do gardameta. O colexiado non o entendeu así. O Friol B foi superior na primeira metade e meteu en apuros ao Abadín. Na segunda parte foi o cadro local quen levou a iniciativa e dispuxo de varias ocasións para poñerse por diante, aínda que sen acerto. Aínda que os de Bruno Castro tamén tiveron algunha situación de gol, esto non chegou ata o desconto nun penalti cometido por Hulk que transformou Roca.



O Nuevo Nausti métese de cheo na pelexa polo play off logo de golear ao Comercial B (0-4). Encontro de claro dominio do cadro chairego, que amosou unha gran contundencia na área rival, sen descoidar a defensa. O Nausti apenas concedeu ocasións ao seu rival e contou coa inspiración de Juan que anotou os dous primeiros tantos. Cristian, no último tramo de partido, sentenciou o choque.

O Matela suma os tres primeiros puntos fronte a un Cazás que acumula seis derrotas consecutivas (1-2). A primeira metade resultou igualada e sen grandes ocasións. Moi preto do final, Nico adiantou ao Matela cun bo gol desde a esquina da área grande. Na segunda metade, os visitantes contaron cunha boa ocasións para poñer terra de por medio, pero Santi errou un lanzamento de penalti. O de Friol redimiuse do erro poucos minutos máis tarde e aproveitou un rexeite na área pequena para facer o segundo. No último tramo de encontro o Cazás amosou a súa falta de pegada ao desaproveitar un bo número de ocasións. Tan só Yago foi quen de marcar cun lanzamento desde a frontal da área.

grupo sur

O Quiroga golea ao Bóveda e retorna ao máis alto (5-0). Logo duns momentos de tanteo, o conxunto local adiantouse cun tanto de Zorrín e Jose non tardou en poñer terra de por medio. A expulsión de Iván Coba na primeira metade non afectou moito ao Quiroga que tivo o encontro controlado e sentenciouno co gol de Pincha. Na segunda metade, o Bóveda, que acudiu sen recambios, puido recurtar diferencias, pero os tantos de Jose e Andrés estableceron o marcador definitivo.



O Palas vence no campo do Rubián e mantén o coliderado (0-1). Encontro moi disputado, sobre todo ao comezo, sen que ningún dos conxuntos tivera o control do mesmo. Co paso dos minutos o Rubián puxo en apretos a portería do Palas e puido adiantarse con dúas ocasións claras que non foi quen de aproveitar. O cadro visitante mellorou defensivamente logo do intermedio e aproveitou o baixón físico local para facerse co dominio do partido, aínda que sen chegadas claras a portería. Preto do final, cando o empate sen goles parecía sentenciado, o Palas atopou o premio nun contragolpe que Álvaro definiu perfectamente no man a man diante de Casillas.

O triunfo en Paraños sitúa ao Incio terceiro (0-1). Vitoria axustada dos de Julio Corral diante dun Páramo que queda lixeiramente descolgado da pelexa polos postos de ascenso directo. Primeira metade na que as defensas se impuxeron claramente aos ataques e na que soamente o Páramo foi quen de inquedar a porta contraria con dúas boas ocasións. A segunda metade foi diametralmente oposta. Os dous equipos foron ao ataque o que propiciou máis espazos e ocasións máis claras. A falta de quince minutos para o final chegou o único tanto do encontro. Vila sacou unha falta que definiu Casanova diante do gardameta. No desconto, o Páramo gozou da súa mellor ocasión, pero errou desde os once metros.

A goleada do Santa Comba tivo a Jorge como gran protagonista (8-0). Encontro sen historia, no que Santa Comba e Relámpago Taboada chegaban con moitas baixas, as dos visitantes acumuladas na parcela defensiva. O goleador local Jorge marcou a diferencia anotando cinco goles e deixando o encontro visto para sentencia na primeira metade.

O Sober achégase á zona de promoción ao gañar ao Castroverde (3-0). Cuarta xornada sen gañar para os de Fran Veiga que saen da zona de play off. Comezou mellor o conxunto local que contou con ocasións para adiantarse de contado, pero o gol non chegaría ata a media hora de encontro, obra de Jacob. O Castroverde igualou as forzas na primeira metade, pero na segunda o Sober impúxose e Martín sentenciou o choque do lado dos vermellos con dous goles.

O Taboada B impúxose no duelo de filiais (2-1). Típico derbi, intenso e trabado sobre todo no seu comezo no que os goles chegaron nos últimos dez minutos. Na primeira metade o Monterroso B dispuxo de varias ocasións de gol, a maioría nas botas do seu goleador Yoni, pero o cadro local, sobre todo a balón parado, tamén gozou de varias opcións claras para marcar. A segunda metade seguiu o mesmo guión, pero no minuto 70 o filial monterrosino quedou con dez pola expulsión de Burgo por dobre cartón amarelo. Non se viñeron abaixo os de Javichu e contaron con boas ocasións para marcar no último tramo de encontro. A falta de seis minutos, un penalti sobre Omar que él mesmo transformou puxo por diante ao cadro visitante. Pero o Taboada B aínda non dixera a súa última palabra e en dous balóns á área que a defensa monterrosina non atinou a despexar Andrés Otero e Sergio déronlle a volta ao encontro cando este xa esmorecía.



O Matela estrea o seu casilleiro de vitorias

Por que as xogadoras escapan do PM

O Matela estrea o seu casilleiro de vitorias

Sesión Plenario 13: Jairo Campo – Juan

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *