#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

O Racing Vilalbés volve sorrir

Ráchanse as dinámicas na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés, logo de sete semanas sen gañar, acadou tres valiosos puntos diante do Silva, mentres que o Viveiro, tres meses máis tarde, perdeu no campo do Paiosaco. Na Preferente, un derbi provincial moi polémico entre o Portomarín e a Sarriana rematou coa vitoria mínima do líder. O Lemos dobregou no último suspiro ao Boiro, mentres que a Residencia sacou un bo punto do campo do Mugardos. Derrota contundente do Ribadeo no Pepe Barrera diante do Betanzos.

O Racing Vilalbés xa sabe o que é gañar no 2023 (2-0)

O encontro non puido comezar mellor para os chairegos. Aos dous minutos un centro de Pablo Rey rematouno Make e Santi Gegunde empurrou o balón ao fondo da portería. O dominio foi do Racing Vilalbés que controlou ben as saídas á contra do Silva, que só xerou certo perigo nun lanzamento de Parafita.

Na segunda metade o Silva tivo un pouco máis o balón, pero os de Simón Lamas non tardaron e ampliar diferencias no marcador cun tanto de Marcos Álvarez logo dun bo centro de Javi Rey. Foi a culminación a unha gran xogada colectiva dos chairegos. O Racing defendeuse sen demasiados apuros, ata que a falta de vinte minutos o colexiado sinalou penalti por man de Javi Rey pero o lanzamento de Marcos, capitán do Silva, detívoo providencial Álex Santomé.



Un discutido penalti no desconto, clave para rachar unha xeira de tres meses sen perder do Viveiro (2-1)

Comezou o encontro con dominio do Paiosaco no xogo, pero do Viveiro no marcador. Nunha contra Josemi definiu nunha perfecta vaselina diante do gardameta. O dominio local proseguiu a raíz do gol, aínda que se ocasións para empatar, ata que nunha falta rápida, o conxunto branquiverde soprendeu ao Viveiro mal posicionado e Cristian estableceu a igualada no marcador.

Na segunda metade o Viveiro controlou mellor o xogo e contou con dúas ocasións moi claras nas botas de Ikeer Hurtado. A falta de cinco minutos para o final, os celestes reclamaron un penalti sobre o dianteiro arzuán que o colexiado non sinalou. Si apreciou Extremadura Hernández un discutido penalti na área viveirense que transformou Josiño no minuto 94. No último suspiro Schuster puido empatar pero un zagueiro sacou o disparo do xogador do Viveiro.



A Sarriana acadou os tres puntos fronte ao Portomarín nun derbi provincial moi polémico (1-2)

O colexiado foi un dos grandes protagonistas do derbi do Chao da Poza, e iso nunca é positivo. O Portomarín, que remato con oito xogadores sobre o campo, protestou moito a actuación do coruñés Soto Eiroa. O cadro local xogou moi replegado cedendo a posesión do balón por completo a unha Sarriana que non foi quen de circular o balón coa rapidez habitual. Antes dos vinte minutos de xogo, nun balón longo Julio Camba cometeu penalti sobre Javicho que transformou Hugo. Á media hora de xogo Josito viu a segunda tarxeta amarela e deixou ao Portomarín en inferioridade. Xusto antes do intermedio Javicho cometeu falta na frontal da área, xogada na que viu dous cartóns amarelos. O lanzamento da falta convertiuse no empate, obra de Pablo Rey, que executou con calidade.

Na segunda metade o encontro foi un monólogo da Sarriana, aínda que os de Brais Prados non eran quen de desenmarañar a tea de araña dun Portomarín que se defendía como gato panza arriba. No ecuador do segundo acto, Hugo viu o segundo cartón amarelo e con oito a misión dos miñotos parecía imposible. E así foi. A falta de quince miutos para o final, a Sarriana logrou darlle a volta ao marcador, iso si, nun penalti moi protestado polo cadro local. Diego Santín transformou a pena máxima e a Sarriana sumou tres puntos cos que abre brecha no liderado logo do empate do Noia.

O Ribadeo, nun encontro para esquecer, remata goleado polo Betanzos (1-4)

O conxunto mariñán rachou unha xeira de sete encontros sen perder e fíxoo cunha derrota contundente diante do Betanzos. Os visitantes deixaron o partido visto para sentencia nun primeiro tempo no que evidenciaron a súa superioridade no balón parado. Abriu a lata Juan de Dora tras recoller un balón solto. O de Muros disparou desde o vértice da área ao lado oposto lonxe do alcance de Carrera. Non lle sentou ben o gol ao Ribadeo, que non tardou en recibir o segundo, nun testarazo de Xusto logo dunha indecisión da defensa e porteiro ribadenses. Redimiuse Carrera do seu erro en dúas boas paradas a Murilo e posteriormente a Souto. Xusto antes do intermedio Edu Dias volveu a impoñerse de cabeza a zaga e sentenciou o encontro.



O encontro non trocou na reanudación. O Ribadeo tivo máis balón, pero non atopou o camiño para xerar perigo diante da portería betanceira. Un lanzamento de falta de Xaime e un disparo de Aitor foron as ocasións máis claras para os de Dani Moirón. O focense Xusto fixo o segundo na súa conta particular e o cuarto para os de Noé López ao rematar libre de marca unha falta lateral. O tanto da honra anotouno Xairo cun lanzamento desde a frontal. Moi preto do final, Prosi salvou na liña un tiro de Juan de Dora e evitou o quinto.

A Residencia superou as adversidades e arrancou un punto do campo do Mugardos (0-0)

O conxunto lucense presentouse na Pedreira con múltiples baixas. Só trece xogadores do primeiro equipo foron da partida nun encontro no que debutou o xuvenil Jorge. O encontro estivo condicionado polo forte vente e o mal estado do terreo de xogo. A primeira metade rematou sen ocasións de gol para ningún dos dous conxuntos.

Na segunda metade o Mugardos contou con tres claras ocasións de gol, pero o gardameta Marcos resultou decisivo. A máis clara para os de Dani Galón estivo nas botas de Iago Buján nunha rápida contra, pero o atacante lucense non estivo atinado.

O Lemos vence ao Boiro e suma catro xornada sen perder (2-1)

Tres puntos de ouro para o conxunto monfortino diante dun dos galos de Preferente. O Lemos cedeulle a posesión ao cadro visitante, pero os de Óscar Moure ben posicionados en defensa apenas concederon ocasións de gol e foron quen de saír á contra con certo perigo. Nun delas chegou o primeiro tanto local. O pase de Dani Arias rematou en segunda instancia Mauro ao fondo da portería.

Na segunda metade o encontro seguiu a mesma tónica, co Boiro sendo o dono do balón e o Lemos agazapado en defensa para montar o contragolpe. Nunha xogada a balón parado Emi Carril fixo o empate. O tanto da vitoria non chegou ata o minuto 90, nunha rápida contra con culminou Dani Arias.

O Racing Vilalbés volve sorrir

A Porra de Futbolinlugo, xornada 22

O Racing Vilalbés volve sorrir

Sesión Plenario 15: Samu López – Lourido

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *