Comezaron as eliminatorias de ascenso na Terceira Galicia. No grupo norte o Nuevo Nausti venceu na Reigosa ao Friol B e convírtese en claro favorito para acadar a final. Abadín e Rioaveso empataron nun encontro cheo de goles no Municipal. No grupo sur o Incio gañou no campo Sober, mentres que Páramo e Rubián igualaron sen goles nas Rapadas.
O Abadín desperdicia tres goles de vantaxe fronte ao Rioaveso (3-3). Comezou moi ben o Abadín, xerando moito perigo desde o comezo. Seco, antes dos dez minutos culminou unha boa xogada colectiva, e Chechu ao cazar un rexeite na área puxeron en clara vantaxe ao conxunto local. Comezou mellor o Rioaveso a segunda metade, pero o Abadín parecía sentenciar nun balón longo que gañou Seco e él mesmo convertiu en gol. Os de Manu Veiga non se deron por vencidos e non tardaron en facer o primeiro por medio de Álex. O encontro transcurriu igualado ata os últimos cinco minutos, cando Alexo aproveitou un mal despexe da zaga para apretar o marcador. Apretou o Rioaveso nos últimos intres e no minuto 93 Álex cun remate picado de cabeza igualou o encontro.
O Nuevo Nausti sorprende ao Friol B e gaña con solvencia na Reigosa (0-2). Encontro moi serio en defensa do conxunto chairego que cedeu o dominio do balón ao Friol B e saiu ao contragolpe con moito perigo. O goleador Juan abriu o marcador cumprido o primeiro cuarto de hora e antes do intermedio o gardameta Manu Jr fixo o segundo desde a súa propia portería ao sorprender o bote ao seu colega Alejo. Na segunda metade os de Bruno Castro contaron con algunha ocasión para recurtar diferencias, pero non estiveron atinados, mentres que o Nausti tamén tivo as súas para deixar a eliminatoria sentenciada.
O Incio gaña no difícil campo do Sober e colle vantaxe na eliminatoria (1-2). Os de Julio Corral adiantáronse moi rápido cun gol de Dani á saída dun córner. Os visitantes estaban cómodos sobre o céspede de Centeás, pero co paso dos minutos o conxunto local gañou terreo e non tardou en empatar nun erro defensivo que aproveitou o killer Martín. Na segunda metade o Incio voltou a recuperar a seriedade dos primeiros minutos de partido. Dani, o mellor dos visitantes, fixo o segundo cun bo remate de cabeza ante o que nada puido facer o gardameta. Os últimos compases do encontro transcurriron sen demasiadas ocasións para ningún dos dous conxuntos.


Páramo e Rubián protagonizan unha semifinal igualada que remata sen goles (0-0). Encontro parello o disputado nas Rapadas. Comezou mellor o Páramo, xerando perigo sobre a portería dun inspirado Casillas. O Rubián estivo moi ben situado en defensa e apenas concedeu ocos aos xogadores locais. Os de Senén López buscaron balóns á espalda da defensa para tratar de inquedar á defensa local. Na segunda metade o Páramo intensificou o seu dominio e Casillas convertiuse en heroe ao desbaratar un man a man diante de Dieguito. O Rubián tivo as súas opcións á contra, pero tampouco estivo atinado.

