Brais Prados nunha das tecnificacións de Futbolinlugo

Brais Prados (Barco): «Non hai forma de comezar mellor»

A calidade do fútbol lucense sae dos nosos marcos e, agora, terá outro novo adalid na provincia de Ourense. O Barco suma ao seu equipo a Brais Prados como director de orquestra despois da saída de Agustín Ruíz cara á UD Ourense. É o terceiro integrante lucense nese equipo, xa que adestra a Álex Vázquez e Diego Santín. No seu primeiro encontro, non só venceron ao líder da categoría, se non que fixérono remontando e confirmando as boas sensacións que teñen desde que a Terceira RFEF se puxo a andar nesta tempada.

O adestrador lucense pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Juan Carlos Rodríguez, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Durante a entrevista falaron do último encontro, do que atopou no vestiario do Barco e de como saiu a oportunidade.

Entrevista a Brais Prados do Barco

Opción de firmar polo Barco: «Que me chamaran cadrou perfecto porque xusto este ano déronme praza definitiva como profesor aquí. Comentaron a miña dispoñibilidade e puidemos chegar a un acordo fácil. Penso en desfrutar porque esta é a miña primeira oportunidade como adestrador na Terceira RFEF».

Vestiario do Barco: «É moi diferente entrar nun vestiario nunha situación negativa de resultados que nunha positiva como ocorre aquí. Están todos moi implicados e estamos tendo un gran rendemento nos adestramentos».

Partido ante o Boiro: «A verdade é que non se me ocorre unha forma mellor de comezar que gañar ao líder na casa e, aínda encima, tendo que remontar. Foi unha parte para cada un dos equipos e tivemos máis efectividade no segundo tempo, onde desde o saque inicial estivemos moi ben».


Brais Prados (Barco): «Non hai forma de comezar mellor»

A pedra de toque para Xove Lago