O Viveiro vence o derbi coa Sarriana e colle aire na clasificación

O Trío de Ases O Cantón déixanos, na Terceira RFEF, o valioso triunfo do Viveiro no derbi provincial disputado en Cantarrana fronte á Sarriana. O Racing Vilalbés tamén gañou e recurtou dous puntos a unha UD Ourense que non pasou do empate no Couto. O Polvorín non puido sumar na Cheda fronte ao Estradense. Na […]

Só un milagre salvaría a Residencia e Castro

O Trío de Ases O Cantón tráenos a úlitma xornada da liga regular na Terceira RFEF á que os nosos representantres chegaban cos deberes feitos. O Viveiro empatou en Cantarrana diante do Arousa, mentres que Sarriana e Polvorín caeron derrotados a domicilio no campo de Rápido de Bouzas e Paiosaco, respectivamente. Na Preferente o Lemos […]

A Sarriana, moi preto de acadar o billete para o play off

Non puidemos celebrar o pleno de vitorias neste Trío de Ases O Cantón intersemanal. A xornada de Terceira RFEF disputada na matinal do festivo do Primeiro de Maio non puido ser mellor para os conxuntos lucenses. A Sarriana venceu no campo do Arteixo, rival directo por un posto na fase de ascenso e o Polvorín […]

Adestrador novo, empate seguro

Os tres técnicos que debutan esta xornada fixérono con empate nunha xornada na que non podemos celebrar ningunha vitoria no Trío de Ases O Cantón. Na Segunda RFEF o Racing Vilalbés non puido sumar no campo do Ourense CF, líder da categoría. Un chanzo máis abaixo, o Polvorín igualou diante do Bergantiños no debut de […]

Trío de Ases O Cantón. O Ribadeo recupera o sorriso no Pepe Barrera

Malos resultados para os conxuntos lucenses. Na Segunda RFEF derrota contundente do Racing Vilalbés na súa visita ao campo do Cayón. Na Terceira RFEF a Sarriana empatou na Ribela diante do Alondras, mentres que o Viveiro fixo o propio a domicilio co Estradense. O Polvorín colleitou a quinta derrota consecutiva diante do Rápido de Bouzas […]

Trio de Ases O Canton. O Ribadeo golea cun Asier estelar

Chegou a primeira derrota a domicilio do Racing Vilalbés en Segunda RFEF. Foi no tempo de desconto diante do Fabril. En Terceira RFEF, o Polvorín sumou un valioso punto no campo do líder, a UD Ourense. A Sarriana e o Viveiro caeron como locales diante de Paiosaco e Rápido de Bouzas, respectivamente. Na Preferente, o […]

Trío de Ases O Cantón. O Racing Vilalbés vence no Verónica Boquete

Foi unha semana triste para os nosos patrocinadores da Panadería O Cantón de Outeiro de Rei polo falecemento de Ana Vilariño, propietaria do negocio e nai de Tichu, fútbolista do Outeiro, e Xaime, actualmente no Ribadeo. Desde aquí todo o noso ánimos para eles!!. A xornada déixanos o espectacular triunfo do Racing Vilalbés no campo […]

O Racing Vilalbés vence á Arandina e segue invicto

Inmellorable comezo do Racing Vilalbés na Segunda RFEF. Os chairegos mantéñense invictos logo de sacar os tres puntos na visita ao campo da Arandina. En Terceira RFEF, o derbi da Ribela entre a Sarriana e o Polvorín rematou con triunfo visitante. O Viveiro sacou un valioso punto do campo do Alondras. Na Preferente, a Residencia […]

Trío de Ases O Cantón. Ribadeo e Lemos comezan gañando en Preferente

O Racing Vilalbés debutou na Madalena en Segunda RFEF e fíxoo cun empate diante dun Avilés chamado a pelexar polo ascenso. Na Terceira non houbo triunfos lucenses. Polvorín e Sarriana sumaron un punto fronte a Estradense e Gran Peña respectivamente, mentres que o Viveiro caeu en Cantarrana diante do Bergantiños. Na Preferente, o derbi provincial […]

O Racing Vilalbés perdoa e La Calzada marcha á Rioxa moi vivo

A Madalena viviu un encontro histórico. Por primeira vez, o Racing Vilalbés logrou chegar á derradeira eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF e a capital chairega vestiuse de gala para recibir ao conxunto rioxando de La Calzada. O Racing realizou un bo encontro pero os visitantes marcharon cun empate, un premio excesivo para o visto […]

A Sarriana ascende a Terceira e o Racing Vilalbés fai historia na Lomba

Fin de semana moi positivo para o fútbol lucense. O Racing Vilalbés impúxose ao Arousa e clasifícase para a derradeira eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF. Na Preferente, a Sarriana logrou o ansiado ascenso a Terceira RFEF logo de gañar no derbi provincial diante da Residencia e beneficiado polo empate entre Noia e Boiro. A […]