Viveiro vs Vilalbés 2020/2021

Os derbis da Terceira xogaranse en decembro e en abril

Os equipos lucenses da Terceira RFEF xa teñen a súa axenda para esta temporada. Este xoves sorteouse o calendario da competición na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Compostela. Unha das principais novidades do curso que vén por diante é que a categoría está composta por dezasete equipos. O formato de xogo volve […]

Norte e sur na Terceira Futgal, clasificacións semellantes logo de catro xornadas

A Terceira Futgal comezou neste curso 2025/2026 a trompicóns. Catro xornadas e xa dous paróns fixeron que a competición non tivera a continuidade desexada. Malia todo, comezando o mes de novembro, podemos facer un pequeno análise deste primeiro tramo de competición que nos deixa unhas táboas clasificatorias moi parellas en ámbolos dous grupos. Grupo norte […]

A efectividade afianza ao Becerreá no liderado

O Becerreá mantense na cabeza da Segunda Futgal sur. Esta semana non comparte liderado, xa que ten dous puntos máis que o San Roque. O Becerreá é o equipo que máis puntúa da Segunda lucense, 19 puntos en 8 xornadas. Os goles de Kevin e Higinio facilitáronlle o triunfo ante un bo Páramo no Municipal. […]

O PM Friol perde ante As Celtas B nun duelo de altura

A Reigosa converteuse esta fin de semana no escenario dun auténtico duelo polo liderato da Terceira RFEF. O PM Friol (2º) recibía ao líder, o filial de As Celtas. A eficacia total das celestes deixou sen opcións ás friolesas. As tres chegadas das que dispuxeron as viguesas convertíronas nos tres tantos da vitoria visitante. Nunha […]

descenso

O Taboada sae do descenso e a Milagrosa entra na promoción

A victoria do Taboada en Santaballa —nun duelo para evitar o descenso— e a derrota do Xove en San Miguel, entre outros resultados, apreta moito a zona baixa da táboa. Salvatierra Abogados trae os resumos de toda a xornada da Primeira. O Brollón aséntase na zona media da táboa tras vencer nun partido tolo (3-2). […]

A Sarriana festexa a súa vitoria

A Sarriana sae da mala xeira e Fito brilla en Monforte

A xornada do Trío de Ases O Cantón tivo un nome propio que destacou por enriba de todos. O Lemos sigue invicto grazas a un Fito que foi máis ‘Imperiale’ que nunca con tres goles no encontro que os enfrontou ao Umia. A Sarriana saíu da súa mala xeira cunha vitoria de gran entidade ante […]

Traste, adestrador da SD Chantada

Adrián Traste (SD Chantada): «O ritmo forte no inicio caracterizou ascensos anteriores»

A SD Chantada levouse na última xornada o derbi chantadés da Primeira Futgal ante o Chantada Atlético por 3-1 nun encontro no que un doblete de Pablo na segunda metade desnivelou o encontro. Unha mostra máis do gran rendemento que os de Adrián Traste están amosando nos primeiros compases da tempada, xa que son segundos […]

O Cabreiros busca o liderado fronte a un Alfoz invicto

A oitava xornada da Segunda Futgal déixanos un auténtico partidazo no grupo norte entre dous conxuntos que comezaron a temporada dun xeito inmellorable. O Cabreiros recibirá no campo da Cea a un Alfoz que non coñece a derrota. Será o domingo ás 16 horas coa arbitraxe de José Luis López Rodríguez. O Cabreiros é segundo […]

O Catro Roldas lidera en solitario o grupo norte

Chega o cuarto Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da Terceira Futgal e faino cun Catro Roldas sólido en cabeza. Os chairegos venceron ao Pol B e suman catro vitorias noutros tantos encontros. Con tres puntos menos, e con posibilidade de pleno está o Mondoñedo que aprazou o seu encontro diante do Cazás. Muimenta e […]

A SD Antas asina unhas agridoces táboas co líder

Se ás celestes, recén ascendidas, lles preguntaran antes do partido se se conformaban co empate ante as líderes, o Atlético San Pedro; probablemente terían «asinado». O conxunto oleirense chegaba ao Castro Seoane con pleno de vitorias no que vai de competición, pero atopouse cunha SD Antas que non semella ser ‘novel’ nesta Primeira Futgal. Malia […]

O Lourenzá e o Outeiro respiran, mentres que a SD impera no derbi

lO Lourenzá foi quen de gañar nunha xornada trepidante para os Máxicos, que rematou coas victorias de Resi, Castro e SD Chantada na zona nobre dunha táboa que patrocina Salvatierra Abogados. A Resi saca tres puntos nun día gris (2-1). O Iberia foi mellor na Cheda e mereceu sacar algo positivo, pero a dinámica dos […]

O Burela celebra a súa vitoria en Dumbría

O Burela firma a única vitoria da xornada

Non foi a xornada máis axeitada para o Trío de Ases O Cantón, xa que o Burela foi o único dos equipos da 2ª RFEF, 3ª RFEF e Preferente que acadou sumar unha vitoria. Os outros que quedaron máis preto foron tanto o Lugo B como o Lemos con dous empates nos que os lucenses […]

Adri Kun, do Burela

Adri Kun (Burela): «É o proxecto máis bonito no que estiven»

O Burela conseguiu unha gran vitoria ante O Val de Narón nun encontro que foi toda unha choiva de goles, xa que a Marosa viviu un 4-3 cheo de emocións. Entre todas as figuras, deslumbrou un Adri Kun que deu unha exhibición cun doblete que lle serviu ao Burela para poder levarse o encontro. Estes […]

A previa do Castañazo é o derbi chantadino

Chantada vivirá dous fins de semana de festa. O vindeiro celébrase o mítico Castañazo Rock que xa chega á súa vixésima edición e neste para abrir boca un dos derbis máis agardados da nosa comunidade futbolística lucense. A SD Chantada e o Chantada Atlético enfróntanse o domingo ás 16:30 horas nun Sangoñedo que se vestirá […]

Corgo e Quiroga golean e seguen sen encaixar

O terceiro Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da temporada na Terceira Futgal déixanos a tres conxuntos igualados no liderado do grupo sur, todos eles con pleno de puntos. Corgo e Quiroga desfixéronse, cun abultado marcador, de Bóveda e Relámpago Taboada, respectivamente, e aínda non recibiron un só gol. O Rubián, que venceu pola mínima […]

Jorge e Brian, do Santa Comba ao Matela

Jorge e Brian, xogadores do Santa Comba no grupo sur da Segunda Futgal lucense deixaron o equipo de Tras do Novo e ficharon no Matela

PM Friol e Antas seguen gañando malia as adversidades

O PM Friol impúxose ao Lóstrego nun campo enchoupado Non foi un partido doado para as amarelas, que se atoparon co campo do Lóstrego anegado de auga logo das fortes chuvias do domingo. A situación do verde non daba lugar ao xogo combinativo que acostuma o cadro friolés, e tocou adaptarse. Mais as amarelas souberon […]

A competición deixa sorpresas nos Máxicos

Nova semana de competición na Primeira Futgal, na que o Ribadeo foi o único dos tres primeiros que venceu. O Monterroso levouse o derbi ante o Taboada, mentres que a Milagrosa soña cun ano histórico. O Escairón deixa ao Foz sen opcións (1-0). O gol de Nahuel nada máis comezar nunha vaselina logo dun balón […]

O Burela, unha das vitorias do fútbol lucense esta semana

O fútbol da Mariña logra dúas vitorias chave

A fin de semana para o fútbol lucense da 2ª RFEF, 3ª RFEF e Preferente estivo marcada polo doblete de vitorias na zona da Mariña. O Viveiro gañou pola mínima ao Atlético Arteixo cun gol de penalti de Rolle, mentres que a Marosa viviu un festín de goles no que o Burela conseguiu facerse cos […]

Rocky, do Celta Barreiros

Rocky (Celta Barreiros): «Nunca metera seis goles nun partido»

O Celta Barreiros mostrou a súa superioridade ante o Castroverde cunha vitoria por 0-7 nun encontro onde houbo unha clara estrela sobre o terreo de xogo. Rocky foi capaz de meter seis goles nunha actuación que deu a volta a toda Galicia. Xa son 11 os goles que leva en 5 encontros despois de que […]