Sarriana e Lemos empatan a domicilio na primeira xornada da fase de ascenso

A Terceira encara a súa recta final e faino co Polvorín na primeira posición. O filial albivermello venceu no campo do Silva e aguanta o empuxe do Somozas, segundo clasificado. O Viveiro camiña paseniño, pero con paso firme cara a permanencia. Sumou un meritorio empate diante do Estradense a domicilio. Na Preferente comezou a segunda […]

Residencia vs Ribadeo, 2021

A segunda fase da preferente xa ten calendarios

Sen tempo casi para asimilar os resultados da derradeira xornada da primeira fase, os conxuntos lucenses da Preferente xa coñecen a súa folla de ruta para a segunda fase, tanto na fase de ascenso como de permanencia. FASE DE ASCENSO Arteixo: 6 puntos Sarriana: 6 puntos Betanzos: 4 puntos Sigüeiro: 4 puntos Paiosaco: 3 puntos […]

O Polvorín vence e recupera o primeiro posto de Terceira

O triunfo do Polvorín diante do Arnoia e a derrota do Somozas diante do Ourense fixeron que o filial albivermello volva ao primeiro posto de Terceira. O Racing Vilalbés continúa na sexta praza logo de empatar sen goles co Rápido de Bouzas e o Viveiro sumou outro punto en Cantarrana diante do Silva. Na Preferente, […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Ribadeo – Betanzos: último chanzo para acadar a permanencia pola vía rápida

Derradeira xornada da primeira fase na Preferente. Dos sete representantes lucenses, dous (Sarriana e Lemos) pelexarán polo ascenso a Terceira, mentres que Residencia, Santaballés, Foz e Escairón loitarán por manter a categoría. Toda a emoción estará no Pepe Barrera, onde o domingo ás 17 horas o Ribadeo tentará acadar diante do Betanzos unha vitoria que […]

A Sarriana garante o liderado e o Lemos a cuarta praza

Xornada sen triunfos lucenses na Terceira. O Polvorín e o Viveiro acadaron sendos empates a domicilio. O filial do CD Lugo igualou no campo do Arzúa e os mariñáns fixeron o propio no feudo do Atlético Arnoia. O Racing Vilalbés volveu de baleiro da súa visita ao Estradense. Na Preferente a Sarriana venceu no campo […]

O Racing Vilalbés volve a zona de promoción de ascenso logo de golear ao Silva

A xornada dos nosos de Terceira déixanos a derrota do Polvorín diante do Somozas, a goleada do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Silva e o empate in extremis do Viveiro co Arzúa. Na Preferente a Sarriana rematou goleando ao As Pontes, mentres que o Lemos non puido sumar diante do Betanzos. O derbi mariñán […]

O Viveiro gaña no campo do Somozas e facilita o liderato do Polvorín

A xornada en Terceira déixanos ao Polvorín no maís alto da clasificación. O conxunto lucense derrotou ao Alondras no seu feudo e viu como o seu rival polo primeiro posto, o Somozas, caía diante doutro dos nosos, o Viveiro. O Racing Vilalbés acadou un empate in extremis no campo do Atlético Arnoia. Na Preferente xornada […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Foz – Sarriana: os mariñáns buscan a sorpresa diante do líder

A Preferente chega ao seu momento decisivo. Con tan só catro xornadas por diante para o remate da primeira fase, tódolos equipos afrontan compromisos clave para o seu futuro. É o caso dos protagonistas do noso Partido Fisioterapia Ronda. Foz e Sarriana enfróntanse o domingo ás 17:15 horas no Martínez Otero, con obxectivos moi distantes […]

O Viveiro volve a sorrir en Cantarrana e escapa do descenso

A xornada de Terceira deixounos os triunfos do Polvorín diante do Barco e do Viveiro fronte ao Alondras. O Racing Vilalbés non pasou do empate na Madalena co Arzúa. Na Preferente tres derbis provinciais e todos remataron con triunfos locales. Sarriana, Lemos e Ribadeo venceron a Santaballés, Foz e Escairón respectivamente. A Residencia non puido […]

O Polvorín recupera o liderato en Terceira e o Lemos pon pé e medio na fase de ascenso.

O Polvorín venceu a domicilio e convertiuse no novo líder de Terceira. Superou na táboa a un Somozas que cedeu un empate ante o Racing Vilalbés. Un punto moi valioso foi quen de acadar o Viveiro na súa visita a Calabagueiros. Na Preferente os dous derbis provinciais tiveron cor visitante. A Sarriana gañou no campo […]

O Ribadeo apúntase ao soño de xogar a promoción de ascenso

Unha de cal e outra de area na Terceira. O Polvorín acadaou unha cómoda vitoria diante do Sofán mentres que o Viveiro caeu en Cantarrana nun encontro marcado en vermello diante do Xuvenil de Ponteareas. Na Preferente, o derbi provincial entre o Lemos e o Escairón caeu do lado local. O Ribadeo gañou con solvencia […]

A Sarriana recupera a súa mellor versión

A boa nova da xornada é que tódolos conxuntos lucenses de Terceira e Preferente puideron disputar os seus encontros. En canto aos resultados, na Terceira tan só o Racing Vilalbés foi quen de puntuar, no sempre difícil campo de Calabagueiros. Polvorín e Viveiro regresaron de vacío do campo do Fabril e Sofán respectivamente. Na Preferente, […]

Os conxuntos de Terceira salvan a honra lucense nunha mala xornada na Preferente

Non tivemos triunfos lucenses na Preferente. O derbi provincial entre a Sarriana e a Residencia rematou en empate, mentres que Santaballés, Foz e Escairón caeron derrotados a domicilio. O Ribadeo afrontou a súa xornada de descanso e o Lemos-San Tirso foi adiado por varios casos de Covid-19 no cadro coruñés. En troques na Terceira, o […]

O Racing Vilalbés mira cara arriba nunha xornada de empates na Preferente

Dous conxuntos da nosa provincia, Viveiro e Escairón, non puideron disputar os seus encontros por casos de Covid-19 propios ou do rival, mentres que o Foz afrontou a súa xornada de descanso. Na Terceira o Polvorín caeu no campo do Choco, mentres que o Racing Vilalbés acadou un meritorio triunfo en Carballo diante do Sofán. […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Ribadeo – Sarriana: a melloría dos mariñáns a proba diante do líder

O fútbol provincial recupera paso a paso a normalidade. Despois do gran número de encontros suspendidos a pasada xornada por mor dos numerosos positivos en Covid 19, neste fin de semana tódolos equipos lucenses da Preferente, agás o Escairón, poderán disputar os seus partidos. Un dos máis salientables é o derbi provincial que disputan o […]

Cinco dos sete lucenses de Preferente terían que xogar a fase de permanencia

Xa comezada a segunda volta na Preferente analizamos a situación dos sete conxuntos lucenses da categoría. Aínda que un dos nosos, a Sarriana, ocupa o liderato o rendimento conxunto non é satisfactorio con cinco equipos en postos de promoción de permanencia, varios deles cunha puntuación moi baixa pensando na segunda fase do campionato. Pouco que […]

O Polvorín e a Sarriana rematan o ano líderes

Rematou o ano futbolístico para os nosos equipos de Terceira e Preferente. O Polvorín fíxoo cun claro triunfo no derbi provincial co Viveiro e o Racing Vilalbés cunha derrota na Madalena diante do Ourense CF. Na Preferente, o derbi da Ribela entre Sarriana e Lemos caeu do lado local, e o Foz fixo o propio […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Lemos: un derbi para rematar o ano futbolístico

Chegamos ao final do ano futbolístico no noso fútbol, pero antes de que este remate tócanos disfrutar dun derbi entres dous dos mellores conxuntos da Preferente. A Sarriana e o Lemos mídense na Ribela o domingo ás 16:30 horas nun encontro marcado polas importantes. Arbitrará o colexiado lucense Pérez Prado. A Sarriana chega ao derbi […]