O partido Fisioterapia Ronda . . . Ribadeo – Betanzos: último chanzo para acadar a permanencia pola vía rápida

Derradeira xornada da primeira fase na Preferente. Dos sete representantes lucenses, dous (Sarriana e Lemos) pelexarán polo ascenso a Terceira, mentres que Residencia, Santaballés, Foz e Escairón loitarán por manter a categoría. Toda a emoción estará no Pepe Barrera, onde o domingo ás 17 horas o Ribadeo tentará acadar diante do Betanzos unha vitoria que lle de o pase á promoción de ascenso. Arbitrará o colexiado pontevedrés Montes Villamil.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

A boa xeira do Ribadeo convida ao optimismo. Dez encontros sen coñecer a derrota fixeron que o conxunto adestrado por Dani Moirón revertira un irregular comezo ligueiro, marcado polas baixas en forma de lesións. Agora os mariñáns enfrontan a derradeira xornada da primeira fase coa posibilidade de acadar o o gran obxectivo da permanencia pola vía rápida.

Para rematar a xornada na quinta praza e poder xogar a promoción de ascenso o Ribadeo debe sacar adiante o seu encontro diante do Betanzos e que o Mugardos non gañe na Pinguela co Lemos. No caso de acadar un empate entraría en xogo outro actor, o San Tirso. Un punto chegaríalle ao Ribadeo só si o Mugardos perde e o San Tirso non lle gaña na casa ao Foz. Serán baixas no cadro mariñán Coki, Isma e Adrián, lesionados de longa duración, e Xairo sancionado.

Deportes Élide

O convite diante do Betanzos non será doado. O conxunto visitante rematará segundo a primeira fase e ata a derrota da pasada xornada coa Sarriana aspiraba ao liderado logo dunha xeira de oito vitorias consecutivas. O conxunto adestrado por Noé López non porá nada en xogo clasificatoriamente no Pepe Barrera e contará coas baixas por sanción de Toni, Martín e Juan de Dora, indiscutibles no esquema do técnico fisterrán, e o último segundo máximo goleador da categoría.

O último enfrontamento entre o Ribadeo e o Betanzos no Pepe Barrera tivo lugar o 18 de marzo de 2018 e rematou con empate a un gol. Pablo Blanco adiantara ao conxunto visitante e Santi igualou o encontro.

que opinan os protagonistas?

ROI (RIBADEO FC)

  • A gran melloría do equipo. «Eu creo que foi moi importante a unión do grupo. Tivemos baixas importantes que nos lastraron desde o comezo de liga, pero entre todos mentalizámonos que tiñamos que suplilas e tirar cara adiante. Tamén fomos quen de mellorar moito a nivel defensivo no último tramo de competición que nos serviu para coller unha boa dinámica de resultados, que no fútbol é moi importante a nivel de confianza».
  • O encontro. «Será un partido difícil ante un rival que ten seu punto máis forte no grupo. Foron unha das sorpresas da temporada e están aí na segunda praza por méritos propios. Adáptanse moi ben ás diferentes situacións de partido e chegan aquí sen presión e cos deberes feitos. Non ten porque ser unha vantaxe para nós xa que seguro que queren chegar con boas sensacións á fase de ascenso».
  • A vista posta na Pinguela. «Non dependemos de nós mesmo, pero eu creo que se conseguimos gañar estaremos na fase de ascenso. É a sensación que teño. O Lemos é un equipo moi competitivo e creo que sairá a por todas. Ademáis a Pinguela é un campo no que gañar non é nada doado».
  • Central ou mediocentro. «Estou moi contento de como me están a saír as cousas este ano. Máis cómodo estou no centro do campo, aínda que este ano polas circunstancias estou xogando central. Ao comezo costoume, pero estou adaptándome co paso dos partidos. Foi moi importante o apoio dos compañeiros, sobre todo para correxir erros e animarme cando as cousas non saían ben».

a axenda

TERCEIRA

  • Viveiro – Silva (Sábado ás 18 horas en Cantarrana): o conxunto mariñán tentará aproveitar a inercia positiva de resultados para ampliar a distancia coa zona de descenso. Enfronte un Silva coa racha oposta. Catro derrotas nos últimos catro encontros.
  • Racing Vilalbés – Rápido de Bouzas (Domingo ás 16:30 horas na Madalena): trascendental encontro na pelexa polos postos de promoción de ascenso. O conxunto vigués conta con dous puntos máis que os chairegos. Os de Simón Lamas tentarán ampliar a súa boa xeira na casa, aínda que o rival é un dos visitantes máis incómodos.
  • Polvorín – At. Arnoia (Domingo ás 17 horas no Municipal de Pol): logo do triunfo no encontro adiado diante do Ourense, os de Álex Ortiz volven a ter o liderado a tiro. Buscarán un triunfo diante do penúltimo clasificado e peor visitante da categoría.

PREFERENTE

  • Lemos – Mugardos (Domingo ás 17 horas na Pinguela): o outro encontro no que o Ribadeo ten posta a vista, xa que, o Mugardos depende de si mesmo para xogar a fase de ascenso. Cun triunfo na Pinguela garantaría a súa praza. Os monfortinos afrontan o choque coas importantes baixas de Armesto, Castro e Dafonnte.

PRIMEIRA AUTONÓMICA

  • Chantada – Pol (Domingo ás 17 horas no Sangoñedo): primeiro encontro da fase de ascenso. O cadro local tentará facer valer o factor campo diante do Pol, favorito ao ascenso en tódalas quinielas.
  • Lourenzá – Xove Lago (Domingo ás 17 horas en Santa Cruz): derbi mariñán para comezar a pelexa pola permanencia. Os de Roberto Ramallal buscarán superar na clasificación ao conxunto verde, que perdeu a praza para pelexar polo ascenso na derradeira xornada.

SEGUNDA AUTONÓMICA

  • Cospeito – San Ciprián (Domigo ás 17 horas na Fonte): logo do triunfo no Cascabeiro, o cadro local tentará manterse no liderado diante dun dos conxuntos obrigados a pelexar polo ascenso. Os de Jaime tentarán arrebatarlle o primeiro posto aos chairegos.
  • Fonsagrada – Iberia (Sábado ás 17 horas no Gómez Besteiro): o conxunto local, logo do triunfo na primeira xornada, ocupa o primeiro posto mentres que os mariñáns precisan buscarán un triunfo que afaste pantasmas logo do empate nas Valgas diante do Goriz.
  • O Páramo – Sporting Lucense (Domingo ás 16:30 horas nas Rapadas): logo da vitoria na xornada inagural, o Páramo buscará asentarse no liderado diante dun Sporting que busca poñer terra de por medio co último posto.

TERCEIRA AUTONÓMICA

  • Rioaveso Machinango – Castro B (Sábado ás 16:30 horas en Paraños): dous candidatos ao ascenso fronte a fronte. O filial do Castro buscará sorprender ao seu rival no sempre difícil campo de Paraños.
  • Monterroso B – Relámpago Taboada (Sábado ás 16:30 horas no Anexo a Cerdeiriños): encontro de proximidade no que o filial monterrosino tentará poñer a primeira pedra para acadar o ascenso a Segunda.

PRIMEIRA GALEGA FEMININA

  • CD Lugo – Atlético Arousana (Domingo ás 14:30 horas na Cheda): primeiro encontro da fase polo ascenso para as lucenses, que parten cos mesmos puntos que o conxunto pontevedrás. Importante comezar cun triunfo como local.
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 499

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.