Trío de Ases Terceira (Xornada 11) e Preferente (Xornada 12)

Xornada marcada polo derbi de Terceira, que gañou o Polvorín na estrea de Simón Lamas como adestrador do Racing Vilalbés. Na Prefrerente, primeira derrota da Sarriana, goleada do Viveiro no Arturo Pereiro ante o Castro, triunfo pola mínima do Ribadeo e debacle do Foz ante un rival directo como o Agolada. Tivo que remontar o Polvorín […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 11)

A xornada disputada o día de Santos deixou resultados do máis variado para os conxuntos lucenses. As peores novas chegaron desde Foz, mentras que o Castro sumou un punto insuficiente, o Viveiro amosou a súa mellor versión e a Sarriana rematou coa imbatibilidade ribadense. O derbi provincial entre a Sarriana e o Ribadeo quedou na […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 7)

Viveiro e Sarriana acadaron os únicos triunfos dos equipos lucenses de Terceira e Preferente, nunha séptima xornada, na que a traxectoria de varios conxuntos comeza a ser preocupante. O Racing Vilalbés colleitou na tarde do sábado a cuarta derrota consecutiva. O cadro de Xoan Peón amosou unha boa imaxe perante o Bergantiños, líder invicto da […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 6)

Dúas derrotas para os nosos representantes na Terceira. O Polvorín non puido sacar nada positivo de Calabagueiros e caeu derrotado por un tanto a cero ante o Barco, nunha tarde de abafante calor, tendo que realizar unha pausa para hidratarse. Os de Durán tiveron ocasións para adiantarse por medio de Rayco, Quezada e Pablo Rey, […]

Diario dun mercado. Episodio 85

Hoxe non contamos con novidades en Terceira. Porén, o resto das categorías si que protagonizaron unha gran cantidade de movementos. Comezamos, como habitualmente, por arriba, a Preferente Norte. Nela, Josema volve ao Castro tras abandonar a portería do Atlético Escairón. Tamén serán xogadores vermellos Javi Fraga, Hugo Buide, Alberto Rey e Dumi.

Sarriana-Julio Corral: binomio de éxito

Na Ribela tíñano claro este verán. A aposta era Julio Corral, un auténtico especialista en ascensos. O preparador soberino colecciona diversos éxitos pola zona sur da provincia, onde logrou subir de categoría ao Lemos, Calasancio, Ferreira… E tamén á propia Sarriana con anterioridade. Na vila eran conscientes de que igual non ían ver cada domingo […]

A pequena gran familia volve ao seu hábitat natural

Viaxamos cinco anos atrás. O CD Foz tocaba fondo. Descendía á Segunda Galicia, baixando así de categoría por segunda tempada consecutiva. Era o fin dun ciclo. Lonxe quedaba a Preferente, territorio habitual do conxunto do Martínez Otero. Agora, un lustro despois, o clásico branquivermello mariñán está de volta. Un regreso tan rápido como sólido. Cumplindo […]

Macía: «Somos un bloque e o equipo sabe sufrir»

A Sarriana vén de alcanzar o liderado e mete a directa cara a próxima Preferente. Falamos cun dos seus xogadores de referencia: o gardamallas Marcos Macía. FUTBOLINLUGO: Boas Marcos. Despois de moitas xornadas, a Sarriana xa está no primeiro posto. Como está o equipo? MACÍA: Estamos ben pero quedan sete partidos. Por agora estamos ben, […]

Qué ver esta fin de semana? (9-10 decembro)

Xornada reducida no noso fútbol. Pero o balón segue rodando igualmente. Aquí vos deixamos as nosas recomendacións, con especial atención á Preferente e Primeira Galicia así como á nosa base! Ollo, concentramos todo no domingo! DOMINGO 12.00 horas. Castro-Betanzos. Arturo Pereiro. Preferente Norte 12.00 horas. Calasancio-A Seca. Escolapios. Liga Galega xuvenil 16.00 horas. Sarriana-Chantada. A […]

Qué ver esta fin de semana? (14-15 outubro)

Un menú repleto de derbis. Ese é o noso para esta fin de semana. O sábado tes unha cita obligada coa Mariña lucense. A tarde comeza en San Miguel de Reinante co clásico entre Iberia e Alfoz. A guinda poñerana os nosos xuvenís. Enfrontamento entre lucenses na Liga Galega xuvenil: Viveiro A-Rácing Villalbés B. O […]

Trío de ases Terceira (xornada 3) e Preferente (xornada 2)

Segue o Racing Villalbés sen gañar na Terceira. Esta vez os paus impedíronlle sumar a domicilio. Fóra da casa sufriu tamén o Ribadeo, na Preferente. 7-1 nunha tarde para olvidar para os mariñáns. No outro extremo da Mariña continúan invictos, xa que o Viveiro igualou 0-0 no campo do Atlético Arteixo. Ademais, o Atlético Escairón […]

A nova Preferente e a Terceira, definidas

Onte ao bordo da medianoite, a Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer os seus calendarios da Terceira División e a Preferente Norte para a campaña 2017-2018. Na Terceira División, o noso único representante debutará o domingo 20 de agosto. O Rácing Villalbés xogará a domicilio e ante un dos favoritos ao campionato: o […]

Once da rolda inicial da Copa de Preferente e Primeira

A festa do comezo da Copa quedou empañada polo tráxico suceso da noite do sábado. Yolanda Naseiro, filla do presidente do Santaballés Jesús, perdía a vida nun fatídico atropelo cando volvía a cabalo da romaría de San Adriano. Esta triste nova obligou á suspensión do encontro de Copa entre o Santaballés e o Antas. Fontes […]

Preferente e Primeira xa coñecen a súa Copa

Os clubes de Preferente e Primeira Galicia xa saben a súa sorte na nova Copa Deputación 2017. O tradicional torneo da Primaveira comezará o próximo 28 de maio, coa disputa de seis eliminatorias previas. Cruces dos que quedaron exentos todos os conxuntos de Preferente Galicia e os tres primeiros clasificados da Primeira Galicia, así coma […]

Once da xornada 30 na Preferente Galicia

Cambiou a hora e co horario de verán algúns «chegaron tarde» os seus partidos. Volveu ser esta unha xornada de derbis lucenses na Preferente Norte, en concreto dous, dos que Viveiro e Sarriana saíron triunfadores. Producíronse triunfos importantes tamén na parte alta e os xogadores deses equipos teñen, como non, salientable presenza no noso once. Na […]

Unha confirmación agardada: A Residencia xa é de Preferente

Era solo cuestión de tempo. Semanas, días, horas… A todos esta Residencia nos cheiraba a Preferente. Incluso antes de comezar a tempada. Nese momento en que colles plantel por plantel. E observas a superioridade dos xogadores blanquiazuis. Un conxunto que conservaba o bloque que os mantivo varios anos na Preferente. Esa categoría á que regresan […]

Once da xornada 28 na Preferente Galicia

Volveu ser a segunda fin de semana de marzo de derbis lucenses na Preferente Norte cuxos xogadores teñen o seu protagonismo no once Futbolinlugo. E menos mal que houbo duelos provinciais para que algún dos nosos fixera puntos, porque os enfrontamentos lucenses contra outros rivais acabaron nesta xornada con derrota. Comezamos polo derbi do Pepe […]