Residencia vs Ribadeo, 2021

A segunda fase da preferente xa ten calendarios

Sen tempo casi para asimilar os resultados da derradeira xornada da primeira fase, os conxuntos lucenses da Preferente xa coñecen a súa folla de ruta para a segunda fase, tanto na fase de ascenso como de permanencia.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

FASE DE ASCENSO

  1. Arteixo: 6 puntos
  2. Sarriana: 6 puntos
  3. Betanzos: 4 puntos
  4. Sigüeiro: 4 puntos
  5. Paiosaco: 3 puntos
  6. Montañeros: 3 puntos
  7. Fisterra: 2 puntos
  8. Lemos: 2 puntos
  9. Mugardos: 1 punto
  10. Dubra: 1 punto
Deportes Élide

Nestas dez xornadas os nosos representantes, Sarriana e Lemos terán que xogar, a dobre volta contra os cinco conxuntos cos que non se enfrontaron na primeira volta. A Sarriana debutará no campo do Dubra, mentres que o Lemos xogará tamén a domicilio no feudo do Arteixo, un dos grandes favoritos.

Os dous primeiros clasificados acadarán o ascenso mentres que o terceiro xogará contra o terceiro do grupo Sur a fase previa da Copa do Rei.

FASE DE PERMANENCIA

Os equipos divídense en tres grupos, entre os que se atopan cinco conxuntos lucenses: Ribadeo, Residencia, Santaballés, Foz e Escairón. Cada equipo ante os catro rivais do seu grupo a dobre volta e descederán a Primeira Autonómica os dous últimos clasificados. É preciso ter en conta o «efecto arrastre» procedente dos descensos de Terceira, polo que algún dos terceiros clasificados poden rematar tamén baixando de categoría.

  • GRUPO D1
  1. O Pino: 7 puntos
  2. Ribadeo: 6 puntos
  3. Puebla: 4 puntos
  4. Residencia: 3 puntos
  5. Estudiantil: 1 punto

O Ribadeo comezará a segunda fase esta fin de semana no Pepe Barrera diante do Estudiantil, a priori, o equipo máis feble do grupo. A Residencia descansará nesta primeira xornada. Na segunda xornada, na Cheda mediranse Residencia e Ribadeo.

  • GRUPO D2
  1. San Tirso: 7 puntos
  2. Boimorto: 5 puntos
  3. Victoria: 4 puntos
  4. Laracha: 2 puntos
  5. Foz: 1 punto

O Foz comezará no Martínez Otero diante do Laracha, conxunto que o precede na clasificación, polo que un triunfo dos mariñáns na primeira xornada cando menos, faríalle abandonar a derradeira posición.

  • GRUPO D3
  1. Boiro: 6 puntos
  2. As Pontes: 5 puntos
  3. Xallas: 3 puntos
  4. Santaballés: 2 puntos
  5. Escairón: 0 puntos

O Santaballés terá xornada este próximo fin de semana mentres que o Escairón xogará no Municipal fronte ao Boiro. Na segunda xornada teremos derbi provincial no campo da Liga.

Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 499

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.