#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal

Máxicos Luca’s Grill. Cuartos de final

Xa coñecemos os catro semifinalistas da Copa Deputación para os conxuntos de Preferente e Primeira: Chantada Atlético, Residencia, Friol e Outeiro de Rei.

Chantada Atlético 3 – 0 Riotorto. A primeira metade resultou moi trabada. O calor era afabante e o Riotorto pechouse moi ben e non permitiu achegamentos con perigo do conxunto local. Malia todo Adri e Brais tiveron dúas ocasións para inagurar o marcador, pero este non se moveu ata o descanso. A segunda metade resultou máis aberta. Os trocos déronlle moito aire a un conxunto chantadino que atopou máis espazos na zaga do Riotorto. Os visitantes apenas contaron con moitas opcións de gol. Nos últimos compases de encontro chegaron os tantos. No 84 fixo o primeiro Brais e dous minutos máis tarde Adri sentenciou o choque. Case co tempo cumplido, de novo Brais fixo o terceiro cando o Riotorto estaba volcado ante a portería rival.

Monterroso 2 – 3 Residencia. Encontro con dúas partes ben diferencias. Na primeira o Monterroso foi moi superior, tanto no xogo como no resultado. O cadro local marchou ao descanso con dous tantos de vantaxe, acadados por Aarón, nada máis comezar o choque, e David no minuto quince. O paso por vestiarios resultou providencial para os de Dani Galán que realizaron un mellor fútbol nos segundos corenta e cinco minutos. Os locales quedaron con dez no minuto 53 e nos dez seguintes os lucenses lograron darlle a volta ao marcador. Tebi, Yeray e Dani Renda foron os autores dos tantos. Malia estar en inferioridade, o Monterroso pelexou ata o final por igualar o choque.

Friol 2 – 1 Santaballés. Primeira metade bastante pechada na que o Friol logrou adiantarse na primeira chegada con perigo a área rival. Nun rexeite de Ivo, o pase atrás aproveitao Rafa Casanova para facer o primeiro para os seus. O Santaballés controlaba o partido sen demasiados atrancos, e a partir do gol tiveron ocasións claras para empatar antes do intermedio, pero sen acerto. Diego Ferreiro nun tiro de falta a piques estivo de sorprender a Viuski e o colexiado anulou dous tantos por fóra de xogo aos chairegos. Na segunda metade o Friol puxo terra de por medio cun tanto de Omar. O Santaballés arriscou na procura dun tanto que o metera no encontro. A piques estivo Diego Ferreiro cun bo remate que sacou ben Viuski. Pouco despois un centro de Vérez rematouno o propio Diego Ferreiro ao fondo da portería. Nos últimos intres o Santaballés dispuxo de dúas claras ocasións. Unha nas botas de Palomo e outra moi clara de Vérez, na que o balón logo de dar no longueiro cae na liña, segundo o colexiado sen rebasar esta na súa totalidade.



Outeiro de Rei 2 – 1 SD Chantada. Partido de alta intensidade para as datas de competición nas que nos atopamos. O encontro comezou do lado visitante. Unha perda de balón do Outeiro de Rei aproveitárona os de Montoto para adiantarse no marcador cun pase da morte de Pedro que Kadete enviou ao fondo da portería. A partir de aí o conxunto local levou a iniciativa e foi quen de chegar á área rival con certo perigo. Moi preto do descanso chegou o empate logo dunha boa xogada colectiva que rematou co tanto de Artai que batiu ao gardameta por baixo. Na segunda metade o encontro foi parello, con ocasións para os dous equipos. Pedro e Iago Buján non aproveitaron dous man a man para o Chantada e Diego Redondo a piques estivo de marcar para o Outeiro . No último intre unha boa xogada de Diego Redondo rematou co tanto de Diego Seijas, que tan só tivo que empurrar o balón ao fondo da portería, que lle deu o pase á semifinal ao Outeiro de Rei.

Máxicos Luca’s Grill. Cuartos de final

Seis adestradores de luxo, para o II

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *