O Partido Fisioterapia Ronda . . . Foz – Sarriana: os mariñáns buscan a sorpresa diante do líder

A Preferente chega ao seu momento decisivo. Con tan só catro xornadas por diante para o remate da primeira fase, tódolos equipos afrontan compromisos clave para o seu futuro. É o caso dos protagonistas do noso Partido Fisioterapia Ronda. Foz e Sarriana enfróntanse o domingo ás 17:15 horas no Martínez Otero, con obxectivos moi distantes pero con tres puntos vitais en xogo. Arbitrará o colexiado pontevedrés Vidal Cousido.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

O CD Foz, coñecedor desde xa fai xornadas que pelexará pola permanencia, precisa con urxencia sumar puntos para chegar con opcións de salvación a unha segunda fase que se prevé complexa para os conxuntos lucenses. O conxunto de Jesús Gayol viuse penalizado durante todo o campionato pola falta de contundencia nas dúas áreas, pero moi especialmente na rival. Con tan só doce goles é o conxunto menos anotador do subgrupo. Non será da partida o central Roi, que cumprirá un encontro de sanción por acumulación de cartóns.

O vindeiro martes, día de entroido, o Foz disputará outro encontro clave diante do Santaballés, rival directo pola permanencia, correspondente á decimosexta xornada e que fora adiado por casos de Covid-19.

Deportes Élide

Moi distinta é a situación da Sarriana. Líder con corenta e cinco puntos, invicto na Ribela,corenta e catro goles a favor e tan só doce en contra en vinte encontros disputados. Números deslumbrantes os do conxunto dirixido por Edu Rodríguez, que sen embargo, baixa lixeiramente as prestacións lonxe do seu campo, o que fai que o derbi provincial gañe en interés.

O último enfrontamento entre Foz e Sarriana no Martínez Otero tivo lugar o 25 de abril do 2021 e rematou con triunfo visitante por tres goles a catro. Diego Chao en dúas ocasións e Noceda anotaron para os mariñáns, mentres que para os visitantes marcou dous Omar, Diego Rey e Gerardo.

a axenda

Primeira Nacional Feminina

  • Peluquería Mixta Friol – Versalles (Sábado ás 16:30 horas na Reigosa): o cadro lucense tentará darlle continuidade á súa gran racha que as situou no liderato do grupo 1. Enfronte un conxunto asturiano situado na novena posición que chega nun bo momento de resultados.

Preferente

  • Escairón – Residencia (Sábado ás 16:30 horas no Municipal): última oportunidade para o cadro local de poder sumar puntos que o coloquen con opcións de acadar a permanencia. Enfronte o cadro adestrado por Dani Galán, buscará sumar tres puntos que acheguen ao obxectivo da salvación.
  • Santaballés – Ribadeo (Domingo ás 17:15 horas na Liga): os de Juan Rodríguez tentarán rachar coa súa mala xeira antes do trascendental encontro diante do Foz. O cadro ribadense, no seu mellor momento da temporada, non quererá deixar pasar a ocasión de abandoar os postos de promoción de permanencia.

SEGUNDA AUTONÓMICA (última xornada da primeira fase nos subgrupos 1A e 1B)

Grupo 1A

  • Xermade – Iberia (Domingo ás 16:15 horas no Municipal): o cadro local xogará a fase de permanencia da que quere saír o Iberia. Os de José Manuel precisan sumar un punto máis que o Candelaria ou ben gañar e que non o faga o Celta Barreiros.
  • Candelaria – San Ciprián (Sábado ás 16:15 horas na Granda): derbi cervense con moito en xogo para os dous conxuntos. O cadro local depende de si mesmo para xogar a fase de ascenso. Un triunfo garántelle aos de Jaime Matouse xogar a promoción a Primeira. O Sanci, xa clasificado, tentará manter o liderato.
  • Celta Barreiros – Cabreiros (Sábado ás 16:15 horas no Cascabeiro): o cadro barreirense, logo da derrota no derbi das praias, xógase a súa presencia na fase de ascenso. Depende de si mesmo para lograr o pase. Un triunfo dalle o pase e un empate tamén, sempre que non gañe o Iberia. O Cabreiros, xa clasficado, buscará arrebatarlle o liderato ao Sanci.

Grupo 1B

  • Abadín – Cospeito (Sábado ás 16:15 horas no Municipal): o cadro visitante é o que parte con máis posibilidades do subgrupo para xogar a fase de ascenso. Cun punto garante a súa participación, e incluso unha derrota podería valerlle. O Abadín tentará lograr o primeiro triunfo da temporada.
  • Muimenta – Goiriz (Sábado ás 16:15 horas no Pichón): cuarto contra quinto. Ámbolos dous con 17 puntos. Un triunfo local sérvelle para xogar polo ascenso, pero cun empate dependería de terceiros. O Goiriz precisa dun triunfo no Pichón.
  • Matela – Guitiriz (Sábado ás 16:15 horas en San Lourenzo de Aguiar): o cadro local necesita un triunfo e agardar o resultado do Muimenta-Goiriz para saber se xogará polo asenso. O seu rival xa ten o pase no peto e só pelexará por manter o segundo posto.
  • Fonsagrada – Meira (Sábado ás 16:15 horas no Gómez Besteiro): remotas opcións para o Fonsagrada de meterse no playoff de ascenso, pero cun triunfo podería lograr o seu pase se o resultados dos rivais o acompañan. O Meira é líder e así rematará a primeira fase.

Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 499

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.