O Ribadeo apraza a súa permanencia matemática e dalle vida á Residencia

Non foi unha boa tarde para os conxuntos lucenses que pelexan por subir a Terceira. A Sarriana saiu dos postos de ascenso logo de empatar en Fisterra e o Lemos caeu no campo do Paiosaco. Na loita pola permanencia o Ribadeo caeu no Pepe Barrera diante do Residencia, mentres que o Escairón acadou o sempre primeiro punto desta fase diante dun Santaballés que complica as súas opcións de manter a categoría. O Foz descansou nesta xornada.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

A Sarriana cede un empate nos minutos finais no campo do Fisterra e cae á terceira praza (1-1).

Caeu á terceira praza a Sarriana logo de ceder nos minutos finais un empate en Ara Solis diante do Fisterra. Non comezou ben o conxunto lucense. Costoulle adaptarse ao terreo de xogo e tardou en realizar o seu habitual fútbol. Malia a todo foi quen de adiantarse no marcador no minuto 37 cun golazo de Álex Pérez. Moi preto do descanso Jacobo tivo nas súas botas o segundo, pero errou o man a man diante de Iván Bouzón.

Deportes Élide

Na segunda metade os de Edu Rodríguez tiveron o encontro controlado en todo momento, contando incluso con tres situacións claras de gol. Pero no minuto noventa, nunha xogaba embarullada o árbitro sinala penalti por man de Iago e Adrián Maakay non errou desde os once metros cando o encontro xa esmorecía.

O Lemos cae diante dun Paiosaco que decantou o encontro nos derradeiros minutos (2-0).

Derrota do Lemos nun encontro que resultou igualado ata os últimos intres do mesmo, cando o ex rancinguista Álex Pérez pisou o acelerador e decidiu o encontro para un Paiosaco que é líder.

Na primeira metade ningún dos dous conxuntos tivo claras ocasións de gol. O cadro local levou a iniciativa e o Lemos repregado saía á contra, aínda que sen xerar demasiado perigo.

Logo do intermedio os de Alberto López gozaron de dúas claras ocasións nas botas de Sidibé e Armesto, pero faltou acerto na definición. Este último tivo que abandonar o campo lesionado cun cuarto de hora gastado do segundo tempo. O conxunto monfortino acusou a súa ausencia, que sumado ao gran esforzo realizado polos xogadores do mediocampo, fixo que o encontro se lle fixera longo ao Lemos. Nos últimos minutos Álex Pérez, que só disputou os últimos vinte minutos anotou os dous tantos para os branquiverdes. Alami rematou expulsado por dobre amonestación.

A Residencia racha a xeira de dezaséis encontros sen perder do Ribadeo e agárrase á permanencia (1-2).

O Ribadeo apraza a consecución matemática da permanencia en Preferente logo de caer, dezaséis partidos despois, diante dunha Residencia que sumou tres puntos vitais para alimentar as súas opcións de manter a categoría.

A Residencia tivo o balón nun Pepe Barrera que non vía perder aos seus desde o mes de novembro, mentres que o Ribadeo xogou un fútbol máis directo que lle causou moitos problemas aos de Dani Galán. Adiantouse cedo a Residencia cun bo tanto de Txiki. Logo de gañarlle a partida á defensa, o lucense marcou cunha gran vaselina que superou a Carrera. Rois tivo unha boa ocasión cun tiro cruzado para facer o segundo. Os mariñáns puideron empatar no desconto nun barullo dentro da área, que logo de catro remates o balón entrou na portería de Diego Bravos.

Na segunda metade o Ribadeo, mediante balóns colgados á área, puxo en apuros á zaga lucense, pero foron os visitantes que lograron ampliar diferencias. Un balón en profundidade de Yeray recolleuno Rois que disparou preto da escadra. Os de Dani Moirón lograron recurtar diferencias cun lanzamento desde o punto de penalti que convertiu Roi. No último cuarto de hora o Ribadeo meteu ao rival na súa área e Roi dispuxo doutra boa ocasión para acadar o empate. A Residencia puido sentenciar á contra con ocasións de Rober e Tkiki.

O Escairón acada un empate co Santaballés e reduce as posibilidades de permanencia dos chairegos (1-1).

Os do Saviñao lograron o seu primeiro punto nesta segunda fase. Foi no derbi provincial diante dun Santaballés, que logo do triunfo do Xallas, viu reducidas as súas posibilidades de permanencia.

O encontro estivo condicionado polo calor. O ritmo foi moi baixo, sobre todo na primeira metade. Os chairegos avisaron cun testarazo de Dani San que parou o gardameta, mentres que o Escairón chegou a área rival sobre todo a balón parado.

Na segunda metade, o Santaballés apretou na procura dos tres puntos e tivo ocasións para adiantarse no marcador. Un man a man de Palomo, un tiro de Miguel ou un disparo de Muñiz ao pao foron as máis claras. Sen embargo foi o Escairón quen fixo o primeiro tanto do encontro, xa moi preto do final. Foi de penalti cunha polémica man de Chechu. Diego transformou a pena máxima. O Santaballés reaccionou rápido e Vérez acadou un empate insuficiente para os de Juan Rodríguez.

Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 499

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.