Diario dun mercado. Episodio 296

Continuamos dando conta das novidades nos conxuntos da nosa provincia, e tamén de fóra dela, aínda que case como se foran da casa. O As Pontes, adestrador por Rafa Casanova, renovou ao ex ribadense Martín Traba e asinou ao gardameta Iván Parapar, ata o de agora na Sarriana. No conxunto da Ribela continuará un ano […]

Diario dun mercado. Episodio 283

O mercado anda quente estes días, especialmente pola zona da Mariña. Tanto é así que o Pepe Barrera está que arde. Os de Dani Moirón sufrirán as baixas de Xoel López, Adrián García, Cube, Matelo, Dapo, Diego Núñez, David Rodríguez, Nacho, Charli e David Fernández. Para palialas, o Ribadeo anunciou a fichaxe de Iván -que […]

Diario dun mercado. Episodio 282

O Diario dun mercado está que arde. Novidades en todas as categorías masculinas

Diario dun mercado. Episodio 280

O Mercado segue a arder, e iso que todavía non entramos no mes de xullo. Hoxe chegamos con novidades en todas as categorías. Na Terceira RFEF, o Viveiro renova a Édgar para reforzar a liña defensiva. Ademais, todo apunta a que o central Diego, ata agora no Guntín, asinará polo conxunto celeste. Sumarase así a […]

Residencia e Ribadeo festexan a permanencia e o Foz descende a Primeira

Xornada con moita tensión a última da Preferente. Na fase de ascenso o peixe xa estaba vendido. A Sarriana despediu a temporada cun triunfo diante da súa xente fronte ao Paiosaco mentres que na Pinguela o encontro entre o Lemos e o Sigüeiro tivo que suspenderse por mor da intensa choiva que caeu en Monforte. […]

Residencia vs Ribadeo, 2021

O partido da xornada . . . Residencia, Ribadeo e Foz: tres equipos, un mesmo obxectivo

A competición na Preferente deixounos reservadas fortes emocións para a xornada final. Con todo o peixe vendido no grupo de ascenso, o interés céntrase na pelexa pola permanencia. O descenso do Arousa, que empurrou ao Noia desde a Terceira, unido á xa sabida perda de categoría do Sofán, fixo que saltara á palestra a terrible […]

A Sarriana queda sen o ansiado ascenso

A Sarriana quedou, por segundo ano consecutivo, sen o ansiado ascenso a Terceira RFEF logo de perder no campo do Arteixo. O Lemos arrancou un empate do sempre difícil campo do Fisterra. Na pelexa pola permanencia, o Foz acadou unha vitoria de moito mérito no campo do Boimorto e pelexará por seguir na categoría na […]

A Sarriana volve a postos de ascenso antes da traca final

A dúas xornadas para que remate o campionato a Sarriana recupera o seu sitio nos postos que dan acceso a xogar a vindeira temporada en Terceira. Os sarriaos venceron na Ribela pola mínima ao Sigüeiro. O Lemos perdeu na casa diante do Dubra. Na loita pola permanencia a Residencia obtivo tres puntos de ouro diante […]

O Ribadeo apraza a súa permanencia matemática e dalle vida á Residencia

Non foi unha boa tarde para os conxuntos lucenses que pelexan por subir a Terceira. A Sarriana saiu dos postos de ascenso logo de empatar en Fisterra e o Lemos caeu no campo do Paiosaco. Na loita pola permanencia o Ribadeo caeu no Pepe Barrera diante do Residencia, mentres que o Escairón acadou o sempre […]

O Polvorín é de Segunda RFEF

Día histórico para o fútbol lucense. O Polvorín, filial do Club Deportivo Lugo, acadou o ascenso a Segunda RFEF, logo dunha espectacular temporada. O cadro albivermello, dirixido de xeito maxistral por Álex Ortiz, obtivo un merecido premio despois de que a pasada temporada xa estivera preto de logralo. O Ourense CF non llo puxo doado. […]

O Polvorín recupera o primeiro posto antes da derradeira xornada

A penúltima xornada de Terceira deixou resultados favorables para os conxuntos lucenses. O Polvorín venceu en Noia e recuperou o primeiro posto, mentres que o Racing Vilalbés gañou na Madalena ao Choco e pelexará na derradeira xornada por entrar no play off de ascenso. O Viveiro descansou. Na pelexa pola permanencia en Preferente o Foz […]

A Sarriana mantén o liderado na pelexa polo ascenso a Terceira

A xornada de Terceira deixounos o empate do Polvorín no campo do Rápido de Bouzas, que supuxo que o cadro lucense cedese o liderado ao Somozas. Empate tamén no derbi provincial entre o Racing Vilalbés e o Viveiro, nun encontro de escasas ocasións. Na Preferente, a Sarriana gañou a domicilio e mantén a primeira praza, […]

O Racing Vilalbés golea en Noia e achégase á quinta praza

Tan só catro xornadas restan para a finalización da Terceira e o Polvorín mantén o liderado logo do seu triunfo diante do Estradense. O Racing Vilalbés gañou no campo do Noia e achégase aos postos de play off, mentres que o Viveiro empatou co Rápido de Bouzas e mantén sete puntos de vantaxe coa zona […]

Sarriana e Lemos empatan a domicilio na primeira xornada da fase de ascenso

A Terceira encara a súa recta final e faino co Polvorín na primeira posición. O filial albivermello venceu no campo do Silva e aguanta o empuxe do Somozas, segundo clasificado. O Viveiro camiña paseniño, pero con paso firme cara a permanencia. Sumou un meritorio empate diante do Estradense a domicilio. Na Preferente comezou a segunda […]

Residencia vs Ribadeo, 2021

A segunda fase da preferente xa ten calendarios

Sen tempo casi para asimilar os resultados da derradeira xornada da primeira fase, os conxuntos lucenses da Preferente xa coñecen a súa folla de ruta para a segunda fase, tanto na fase de ascenso como de permanencia. FASE DE ASCENSO Arteixo: 6 puntos Sarriana: 6 puntos Betanzos: 4 puntos Sigüeiro: 4 puntos Paiosaco: 3 puntos […]

O Polvorín vence e recupera o primeiro posto de Terceira

O triunfo do Polvorín diante do Arnoia e a derrota do Somozas diante do Ourense fixeron que o filial albivermello volva ao primeiro posto de Terceira. O Racing Vilalbés continúa na sexta praza logo de empatar sen goles co Rápido de Bouzas e o Viveiro sumou outro punto en Cantarrana diante do Silva. Na Preferente, […]

A Sarriana garante o liderado e o Lemos a cuarta praza

Xornada sen triunfos lucenses na Terceira. O Polvorín e o Viveiro acadaron sendos empates a domicilio. O filial do CD Lugo igualou no campo do Arzúa e os mariñáns fixeron o propio no feudo do Atlético Arnoia. O Racing Vilalbés volveu de baleiro da súa visita ao Estradense. Na Preferente a Sarriana venceu no campo […]

O Racing Vilalbés volve a zona de promoción de ascenso logo de golear ao Silva

A xornada dos nosos de Terceira déixanos a derrota do Polvorín diante do Somozas, a goleada do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Silva e o empate in extremis do Viveiro co Arzúa. Na Preferente a Sarriana rematou goleando ao As Pontes, mentres que o Lemos non puido sumar diante do Betanzos. O derbi mariñán […]