#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 298

Case sen tempo pra respirar desde o anterior Diario, as novas no fútbol provincial non deixan de sucederse. Comezamos cun chairego que deixa o fútbol galego. Víctor Eimil, formado nas categorías inferiores do Deportivo, sobresaiu nas dúas últimas temporadas no Arenteiro e o vindeiro ano será xogador do Hércules de Alacante.

O Viveiro segue completando o corpo técnico. Dani Pérez, gardameta do Riotorto será o adestrador de porteiros e nutricionista, mentres que Suso Rey, un emblema do fútbol sala mariñán e galego cun amplo historial no Burela FS, O Parrulo e tamén fóra das nosas fronteiras, será o preparador físico.

No Lemos continuará unha temporada máis Varela, un dos seus capitáns. O Burela fíxose cos servizos dun xogador da casa, o ‘All StarDavid Ben, que regresa logo de xogar en Preferente co Foz. Tamén seguirá no cadro verde Miguel Gomes. O Foz, tal e como adiantamos fai uns días, fixo oficial a chegada do gardameta Tomy, procedente do Viveiro e cun amplo historial no noso fútbol nas filas da Milagrosa, Ribadeo, Valadouro ou Burela.

O Santaballés manterá na súa nova etapa en Primeira Autonómica boa parte do seu cadro de xogadores. Asinaron a renovación Martín, Josiño, Álex Novás, Palomo, Vérez, Adrián e Nito. No Outeiro de Rei continuarán o gardameta Carlos Mago e David Román, mentres que será baixa Pernas.



Nova incorporación no Chantada Atlético. Luis González chega ao conxunto chantadino logo do seu paso polo Barbadás e a UD Ourense, co que chegou a xogar en Terceira División.

A Comercial anunciou as renovacións do porteiro Joshua e os xogadores de campo Manute, Antón Campello e Jair.

O Mondoñedo anunciou a renovación do incombustible Miguel Lorigados. O de Vilar de Santiago xogará a vixésimo sétima temporada no conxunto mindoniense. Camiño de chegar aos números de Miguel está Fabián, que completará a vixésima campaña no Viñas da Veiga. Tamén Nacho estará ás ordes de Isra, na que será a segunda temporada no club.



Diario dun mercado. Episodio 298

O All Star en imaxes: partido femenino

Diario dun mercado. Episodio 298

Chega o VI Torneo de Fútbol Burbulla

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *