O mercado anda quente estes días, especialmente pola zona da Mariña. Tanto é así que o Pepe Barrera está que arde. Os de Dani Moirón sufrirán as baixas de Xoel López, Adrián García, Cube, Matelo, Dapo, Diego Núñez, David Rodríguez, Nacho, Charli e David Fernández. Para palialas, o Ribadeo anunciou a fichaxe de Iván -que chega desde o Viveiro-, e todo apunta a que nos próximos días se fará oficial a incorporación de Asier Burunda ao cadro celeste, tamén desde o Viveiro.
Unha categoría máis abaixo pero sen movernos da zona norte, o Foz asinou ao prometedor dianteiro Aitor Moreda, mentres que o Xove Lago incorpora a Oki desde o Folgueiro e a Hugo desde o Xove FS. Pola súa banda, o «Atleti» Lourenzá presentou a Veiga e Óscar Paz, que suben desde os xuvenís, e ao gardamallas Pablo Castañeda, procedente do Mondoñedo, de onde tamén marcha Pablo Díaz.

Avanzando cara o sur, o Castro renova ao groso do seu cadro de xogadores: Josema, Noel, Juanma, Dumi, Róber, Robertito, Dani Díaz e Víctor Cabado seguirán no Arturo Pereiro, mentres que Raúl da o salto desde o filial. Ademais, todo indica que o central Lois renovará nos próximos días. Na capital, o San Roque da Segunda Galicia incorpora ao porteiro Iago Gato, que sobe desde os xuvenís da entidade.
Pechamos a edición de hoxe cunha nova triste. O defensor do Lemos Luisma colgará as botas este verán logo de pasar por dúas operacións de xeonllo nos últimos catro anos.

