#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 282

Hoxe comezamos este Diario dun mercado coa mellor noticia posible. A que garantiza a continuidade da SD Chantada. O nomeamento do novo presidente, Jorge Nodar, asegura a supervivencia deste histórico do fútbol lucense.

E de histórico a histórico. O Lemos por fin puxo fin ao culebrón. Como adiantaba esta casa, David Páez rexeitou a oferta monfortina. O cal convertía en adestrador ao técnico do Riotorto Josito Jul. Nesa mesma categoría o Ribadeo apuntalou a seu costado esquerdo con Germán, un novo extremo ou lateral procedente do E.I. San Martin del Rey Aurelio da Terceira División astur.

Dani Chao, un emblema que segue en Foz

Tamén se rexistraron movementos nos recén descendidos a Primeira Galicia neste Diario dun mercado. O Santaballés perde ao dianteiro Miguel Casas, que asina co Cedeira. No entanto, en Foz anunciaron as renovacións de pesos pesados como Dani Chao, Rivera, Gonzalo, Xenxo e o meta Alonso. Ademais incorporan a Huguito, procedente do Celta Barreiros.

Nesa mesma categoría, un vello coñecido do Martínez Otero fai as maletas dirección ao Acebreiro. O noso All Star Javi Chinchón é o novo adestrador do Pastoricense. Así mesmo, o recén ascendido Antas contará unha temporada máis con Melendo tanto no banco como na portería.



Yelko pecha o seu ciclo en Guntín

Na Segunda, o Meira suma a filas a Sommariva, antigo mediocentro do Pol. E o mediapunta Yelko non seguirá en Guntín. Na Terceira, o Santa Comba segue configurando un proxecto de garantías. Os de Merino aseguraron a continuidade de Moha e ficharon a Stalin, un central técnico e con envergadura, que vivirá a súa primeira experiencia en España. Chegou a xogar nos xuvenís do Barcelona de Guayaquil.

Por último, varios apuntamentos de emigrados. Uxío renova no Arenteiro e o central Martín Ross marcha ao C.D Manchego Ciudad Real desde o Arousa. O meta Javi Rumbo cambia Vilalba por Betanzos para pechar este Diario dun mercado.



Diario dun mercado. Episodio 282

Máxicos Luca’s Grill. Final da copa

Diario dun mercado. Episodio 282

Diario dun mercado. Episodio 283

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *