#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 296

Continuamos dando conta das novidades nos conxuntos da nosa provincia, e tamén de fóra dela, aínda que case como se foran da casa. O As Pontes, adestrador por Rafa Casanova, renovou ao ex ribadense Martín Traba e asinou ao gardameta Iván Parapar, ata o de agora na Sarriana. No conxunto da Ribela continuará un ano máis o porteiro Javi Liz e o central Óscar Rivas. O viveirense Fidi troca de equipo, aínda que segue na provincia da Coruña. O mediapunta xogará no Ordes, logo de xogar este ano no Galicia Mugardos.

Novidades tamén na portería do Viveiro. Todo apunta a que Tomy sairá do cadro celeste e asinará no CD Foz. Para suplir a súa baixa chegará a Cantarrana Ayoub. O porteiro formado nas categorías inferiores do Celta de Vigo, xa pasou pola nosa provincia, defendendo a porta da Sarriana. Outra nova que estaría a piques de confirmarse sería a chegada de Leandro Gerson ao Lemos. O dianteiro, ex do Ourense CF xogou a última temporada na SD Pol.

O Santaballés, logo de confirmar ao seu corpo técnico liderado por Vitín, comeza a perfilar o seu cadro de xogadores. Ivo, seguirá defendendo a portería da Liga e Chechu correndo a banda na que será a súa decimo terceira temporada no club. O cadro chairego asinou a Play, con pasado no Castro e Riotorto e aos irmáns Criado. Nico volve ao fútbol lucense e Hugo retorna logo do seu paso polo Montañeros.

O Chantada Atlético asinou a Álex Arca, procedente do Atlético Escairón. Novidades tamén no Riotorto, que asinou ao gardameta Dani Pérez, ata o de agora nas filas do Guntín.



O Brollón anunciou a renovación de Damián e do capitán Miguel. Non seguirá no Corgo o seu adestrador Vivian Dors. O técnico continuará adestrando ao equipo feminino da Comercial, ademáis de ser cordinador da base. Outro adestrador que é noticia é Diego Dopico, que renovou como técnico do Roupar por unha temporada máis.

No Goiriz renovan Rubén Rodríguez, Fidel e Marcos Fernández. O Cospeito recupera para o fútbol a Martín, logo dun tempo alonxado dos terreos de xogo. O de Santa Cristina volve ao que foi o seu equipo de sempre, aínda que tamén formou parte do CD Castro, co que ascendeu a Terceira División.

Outro que retorna ao fútbol provincial é Cayón. O lateral xogará nas filas do Celta Barreiros, logo do seu paso polo CD Foz, co que xogou en Preferente.



Diario dun mercado. Episodio 296

Diario dun mercado. Episodio 295

Diario dun mercado. Episodio 296

Diario dun mercado. Episodio 297

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *