O partido da xornada . . . Viveiro – Polvorín: A Veiga acolle un derbi marcado pola incerteza

A Terceira chega á súa décimocuarta xornada e faino cun bo número de partidos adiados por positivos en Covid-19 e coa incerteza dun futuro marcado por unha pandemia que non da tregua. Afortunadamente, os tres equipos lucenses poderán, a data de hoxe, disputar os seus encontros. O Racing Vilalbés visita aos veciños do As Pontes […]

O Polvorín gaña no derbi e racha a boa xeira do Racing Vilalbés

Dous derbis en once días e resultados dispares. Se o día de Reis na Madalena o Racing Vilalbés goleou ao Polvorín, desta volta na Cheda o filial do C.D. Lugo vingou a mala actuación do encontro correspondente á primera volta e acadou un importante triunfo con dous goles de Cristian. O Polvorín sitúase cuarto na […]

O partido da xornada . . . Polvorín – Racing Vilalbés: o segundo derbi en dez días

Aínda co día de Reis na retina cando se xogou o encontro adiado da primeira volta, mídense de novo Polvorín e Racing Vilalbés, desta vez na Cheda, o domingo ás 16:30 horas, e co arbitraxe do coruñés Rodrígo García Gómez. O filial albivermello non puido disputar o encontro da pasada xornada por mor dun positivo […]

O Racing Vilalbés chama á porta do líder e o Viveiro suma para ser sexto

Quedamos coas gañas de ver aos tres conxuntos lucenses en liza na primeira xornada do ano 2021. O encontro do Polvorín viuse adiado por un positivo no seu rival, o Fisterra. Quen si disputaron os seus encontros foron o Racing Vilalbés e o Viveiro. Os chairegos continuán en racha e gañaron na Madalena ao Arzúa, […]

Os Reis chegaron cargados de goles para o Racing Vilalbés no derbi

A tarde de Reis agasallounos cun derbi provincial entre o Racing Vilalbés e o Polvorín na Madalena. O encontro serviu para poñer ao día a competición, agora xa sen partidos adiados e rematou con triunfo local por cinco goles a dous. Os preto de douscentos siareiros chairegos puideron ver unha goleada do seu equipo que […]

Tan só o Nuevo Nausti aposta por competir no grupo norte de Terceira

Rematamos a rolda de conversas cos clubs da provincia de Lugo falando cos integrantes do grupo norte de Terceira Autonómica. Cando agora se pon en dúbida o comezo das competicións de Primeira para abaixo, a maior parte dos conxuntos apostan por pospoñer o retorno ligueiro. Tan só o Nuevo Nausti é proclive a voltar cando […]

Polvorín e Viveiro comezan o 2021 con bo pé

O ano 2021 arrincou da mellor maneira para os conxuntos lucenses. Polvorín e Viveiro disputaron cadanseu encontro, aprazado no seu día por mor de algún positivo por Covid-19, e ámbolos dous equipos resultaron vitoriosos. O filial albivermello gañou con comodidade ao Fisterra na Cheda, mentres que os mariñáns venceron ao Silva en Cantarrana nun encontro […]

Un tanto de Iago Novo outórgalle un valioso empate ao Polvorín nas Eiroas

O Polvorín comezou a poñer ao día os encontros adiados ao longo da temporada por mor de diversos positivos en Covid-19, tanto propios como alleos. O primeiro deles foi o que enfrontou ao filial albivermello nas Eiroas ante o Bergantiños, correspondente á sexta xornada. O conxunto adestrado por Álex Ortiz acadou un valioso empate (1-1) […]

Moitas dúbidas nos conxuntos lucenses de Preferente ante o retorno da competición

A Real Federación Galega de Fútbol comunicou de xeito oficial o retorno do fútbol rexional e a decisión e os protocolos desta volta á competición non deixou indiferente a ninguén. Os conxuntos da Primeira Autonómica lucense rexeitaron na súa maioría esta proposta do máximo ente futbolístico galego e asumen un «castigo» en forma de descenso […]

O Polvorín gaña no Viso e oposita á zona de privilexio

A undécima xornada de terceira completouse xa o sábado para os conxunto lucenses. Boas novas para Racing Vilalbés e Polvorín. Os chairegos derrotaron na Madalena ao Silva mentres que os da capital fixeron o propio co Arzúa a domicilio. Peor parado saiu o Viveiro, que estivo lonxe de sacar algo positivo da súa visita ao […]

O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – Silva: a rematar o ano invicto na Madalena

Remata o 2020 futbolístico. O ano máis atípico que todos recordamos no que o deporte, neste caso o fútbol, aínda é capaz de que nos esquezamos por uns intres da pandemia do Covid-19. Na última xornada antes das festas de Nadal, centrámonos no encontro que Racing Vilalbés e Silva disputarán este sábado ás 16 horas […]

O partido da xornada . . . Viveiro – Bergantiños: os mariñáns ante un dos colosos de Terceira

Aínda case sen saborear o pleno de vitorias dos nosos representantes do pasado martes, chega unha nova xornada, xa a décima na Terceira galega. Detémonos no encontro que se disputará en Cantarrana o domingo ás 12 horas e que enfrontará ao Viveiro co Bergantiños, e que estará dirixido polo colexiado santiagués Julio Martínez Barral. Non […]

O Racing Vilalbés tumba ao líder nunha xornada con pleno de vitorias lucenses

A novena xornada déixanos un pleno de triunfos para os representantes lucenses da Terceira División. O Racing Vilalbés volveu á senda da vitoria e fíxoo rematando coa imbatibilidade do Somozas, mentres que o Viveiro impúxose con autoridade no Poboado ante o As Pontes. O Polvorín segue nun gran momento e acadou un novo triunfo diante […]

O Polvorín golea en Abegondo e o Viveiro faise co derbi provincial

Xa en vísperas dunha nova entraga da Terceira, a oitava xornada déixanos o triunfo do Viveiro en Cantarrana no derbi provincial ante o Racing Vilalbés e a goleada do Polvorín en Abegondo ante o Fabril no choque entre filiais. O Viveiro reencóntrase coa vitoria no derbi ante o Racing Vilalbés (2-0). Encontro marcado pola intensa […]

Racing Vilalbés e Polvorín gañan con dous tantos no último suspiro

Dous triunfos e unha derrota neste Trío de Ases correspondente á sétima xornada da Terceira División. As boas novas chegaron a cargo do Racing Vilalbés e do Polvorín. Os chairegos acadaron unha espectacular remontada diante do Fisterra, mentres que o filial albivermello gañou un importantísimo encontro na Cheda diante do Paiosaco. O Viveiro, en cambio, […]

O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – S.D. Fisterra: tres puntos pra asentarse na zona de privilexio

O que fai uns meses non sería noticia, hoxe debemos celebralo. Os nosos tres representantes lucenses poden disputar este fin de semana os seus encontros ligueiros. Sen ir máis lonxe, a pasada xornada o Viveiro e o Polvorín viron adiados os enfrontamentos con Silva e Bergantiños, respectivamente. Detémonos no encontro do Racing Vilalbés. O cadro […]

O Covid-19 déixanos sen fútbol este fin de semana na nosa provincia

Non rodará o balón nos campos da nosa provincia este fin de semana. Un positivo no conxunto coruñés do Silva provocou o adiamento do encontro programado para o domingo ás 12 horas en Cantarrana diante do Viveiro. Desta maneira, os mariñáns non voltarán á competición ata o vindeiro 29 de novembro. Será no campo do […]