As Valgas, o esceario dunha final pola permanencia

É a xornada vintenove, e aínda quedarán cinco encontros por disputar, pero a situación clasificatoria de Iberia e Taboada, último e penúltimo respectivamente, convida a que o domingo ás 17 horas, as Valgas alberguen un partido con auténtico sabor a final. Arbitrará o colexiado Álvaro Valín. O Iberia chega ao encontro na derradeira praza da […]

A Copa en imaxes: Friol-Ferreira e San Roque-Lemos ‘B’

Revivimos da man de Roberto Carreira os partidos de Copa que deron o pase a semifinais a Ferreira (en Friol) e a San Roque (ante o Lemos ‘B’). Ambos conxuntos resultaron vencedores na tanda de penaltis. San Roque e Ferreira accederon ás semifinais da Copa

A final da Copa Deputación agarda un Milagrosa-Antas

O Antas impúxose ao PM Friol B nun partido máis axustado do que indica o resultado A Reigosa abriu a xornada de semifinais copeiras en plena Semana Santa cun protagonista inesperado: o sol. O calor, máis propio doutras datas, baixou as revolucións dun partido que arrancou sen demasiada chispa e cun ritmo máis ben contido. […]

Borja, dianteiro do Guntín

A Primeira Futgal presumirá do Ás de Copas

Catro conxuntos da Primeira Futgal son os únicos supervivintes no torneo do KO, a Copa Diputación. Logo da eliminación do Lemos por parte do Monterroso, o campión desta competición sairá de entre Ribadeo, Monterroso, Guntín e Atlético Escairón, que completaron unha eliminatoria de cuartos de final moi seria para deixar fóra aos seus rivais e […]

A Sarriana suma unha nova vitoria para ter boas sensacións no treito final

O treito final aproxímase con boas sensacións

O Trío de Ases O Cantón xa se atopa no treito final da competición e, pese a que os equipos da Preferente non xogaron a liga nesta fin de semana, os lucenses chegan a el con boas sensacións. A Sarriana goleou a un Sámano xa descendido por 4-0, mentres que na Terceira o Viveiro venceu […]

O Racing Villalbés quitoulle o liderado da Terceira ao Arosa

O Xoves Santo non procesionou vitorias na Terceira

Había unha xornada pendente na Terceira RFEF e chegou no Xoves Santo para os tres equipos lucenses da categoría do Trío de Ases O Cantón. O balance non foi positivo, pero tampouco negativo. Non houbo ningunha vitoria, pero o Racing Villalbés quitoulle o liderado ao Arosa tras empatar por 1-1. O Viveiro sumou un punto […]

O Rubián celebra o ascenso á Segunda Futgal

O Rubián xogará en Segunda Futgal, Rioaveso e Piringlla ao play off

Chega o último Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da fase regular na Terceira Futgal. A derradeira xornada tivo máis emoción nun grupo sur no que faltaba por decidir a segunda praza de ascenso directo. O Rubián sacou os tres puntos fronte ao Incio e xogará en Segunda Futgal, deixando ao Taboada B na terceira […]

Semana de 6 puntos para o Chantada B

O Chantada B superou este xoves ao San Roque, nun partido aprazado de finais de xaneiro. Tamén gañaron o Celta Barreiros e o Goiriz

PM Friol B, primeiro ascendido da Terceira Futgal

O Antas non levanta o pé do acelerador e gaña na Pastoriza 1-3 impúxose o Antas na súa visita á Pastoriza aínda que o luminoso reflicte un resultado algo enganoso xa que, na segunda metade, o Antas sufriu moito e non foi ata o 90 cando sentenciou o encontro co tanto de Elisa, que xa […]

Os Máxicos teñen seis xornadas para acadar os obxectivos

Os Máxicos da Primeira Futgal achéganse ao final de temporada con todo en xogo. Antes do parón de Semana Santa, Monterroso e Ribadeo non fallaron, mentres que Iberia, Lourenzá e Chantada Atlético chegan en postos de descenso ao parón. O Monterroso supera a unha Milagrosa amolada (3-0). O vento a favor deu aire aos de […]

O Lemos celebra a súa vitoria

O Pol e o Lemos queren o play off

O Lemos e o Pol son os dous equipos do Trío de Ases O Cantón que saíron máis beneficiados da xornada do Domingo de Ramos. Antes do parón da Preferente suman vitorias importantes para soñar cos postos de promoción. A Sarriana firmou un punto en Soria soñado, pero moi amargo. O Burela caeu ante o […]

Santi Prado do Racing Villalbés

Santi Prado (Racing Villalbés): «Queríamonos salvar e agora soñamos ca promoción»

O Racing Villalbés firmou na xornada da pasada fin de semana un empate nun dos campos máis emblemáticos do fútbol galego, o estadio Vero Boquete de San Lázaro. Un encontro sen goles que manten ao conxunto chairego nunha loita pola promoción na que está inmersa a práctica totalidade da liga, xa que as diferencias son […]

Folgueiro, Lemos B e Friol non perden en 2026

A 24ª xornada da Segunda Futgal mantén ao Guitiriz e ao Becerreá coma líderes, aínda que o Folgueiro e o Lemos B están a tan só un punto. As opcións de salvación seguen condicionadas polos arrastres. Non obstante, sobresae a igualdade da zona sur. Aínda que se produciu un corte entre o Portomarín (10º con […]

PM Friol e Antas non fallan ante os pechacancelas

O PM Friol vence a un Sárdoma que conseguiu anotar dous tantos En 18 xornadas de Tercera RFEF, o Sárdoma (pechacancelas) só conseguira anotar 5 goles e, malia que o PM Friol se puxera por diante cos tantos de Fati (m.7) e Keisy (m. 45); as locais conseguiron empatar o encontro nada máis saír dos […]

O empate protagoniza a Primeira Futgal

Ata 12 equipos da Primeira Futgal marcharon cun empate dunha xornada que deixou varios pinchazos na zona nobre, dos que se aproveita o Monterroso. A categoría iguálase máis que nunca por abaixo, pois ningún quere quedar descolgado. O Brollón atáscase fronte o Nogueira (0-2). Os ourensáns comezaron mellor e adiantáronse cando apenas se cumprira o […]

O Lugo B celebra a súa vitoria

O Lugo B vence para seguir na numerosa terna da promoción

O Trío de Ases O Cantón deu unha xornada na que só o Lugo B acadou unha vitoria que lles permite manterse nunha loita pola promoción cunha lista infinita de candidatos. En canto os empates, hai diferencias de percepción entre o Racing Villalbés, o Viveiro, a Sarriana e o Lemos. Por último, a Preferente Norte […]

Tres puntos para gañar en tranquilidade

A Terceira RFEF encara a súa vixésimosexta xornada de liga e faino cun encontro moi importante para o Viveiro. O conxunto mariñán recibe ao Silva, rival situado xusto por debaixo dos celestes na clasificación. Será o domingo ás 12 horas en Cantarrana coa arbitraxe do vigués David Táboas. Logo da xornada intersemanal na que o […]