Maxi Levrand, da Sarriana

Maxi Levrand (Sarriana): «O vestiario está mellor que nunca»

A Sarriana foi o equipo que abriu o regreso das ligas de cara ao 2026. Ademais, os de Dani Giménez fixérono pechando a primeira volta da Segunda RFEF cunha vitoria ante o Bergantiños por 1-0 na Ribela, a primeira no seu feudo desde que o técnico vigués colleu os mandos. Lográrono grazas á estratexia, xa […]

A Residencia quere volver gañar diante dun Ribadeo que non perde con Dani Moirón

Son os dous perseguidores do líder, co permiso do Monterroso. Residencia e Ribadeo eran, ao comezo de temporada, dous dos grandes favoritos ao ascenso a Preferente e con case unha volta consumida seguen mantendo dita condición, iso si, por detrás dun Chantada que venceu en catorce dos dezaseis encontros disputados nunha primeira volta de récord. […]

O Ás de Copas (Pref e 1ª)

Coa chegada da Copa Deputación 2026 estreamos unha nova sección: O Ás de Copas. Nela repasaremos os encontros do torneo copeiro e baixo o seu paraugas nomearemos un xogador destacado de cada eliminatoria. Un ás é unha persoa que sobresae nunha actividade especialmente deportiva. As copas xóganse e tamén se desfrutan. Por iso, O Ás […]

Maxi celebra o primeiro gol do Trío de Ases

A Sarriana estrea con vitoria o 2026 no Trío de Ases O Cantón

Chegou o novo ano, pero o que non abandona é o Trío de Ases do Cantón e, pese a que só houbo un encontro de liga nesta semana, houbo pleno de vitorias. A Sarriana acadou unha gran vitoria ante todo un Bergantiños por 1-0, mentres que o resto de equipos voltaron ao traballo de cara […]

O Friol, un dos equipos máis destacados do fútbol feminino

O fútbol feminino lucense quere loitar por ascensos

O fútbol feminino da provincia comezará o 2026 con moita enerxía e obxectivos moi ambiciosos. Sobre todo, hai varios casos nos que o ascenso a unha nova categoría pode estar preto. Os contextos son diferentes, desde equipos establecidos ata chegar a recén ascendidos que están a ser as revelacións da súa liga. O PM Friol […]

O Xove Lago, na procura da reacción diante dun enrachado Monterroso

O 2026 xa comeza cunha boa ración do noso fútbol. Ademáis da xornada de Copa Deputación, a Primeira Futgal ponse ao día logo do adiamento, na última fin de semana de setembro do encontro entre o Xove Lago e o Monterroso. Ámbolos conxuntos veranse as caras o domingo ás 12 da mañá no Municipal de […]

Que piden aos Reis os equipos de Primeira?

Non é momento de mirar cara atrás, pois os principios de Ano sempre invitan a pensar nun futuro brillante. É o caso dos equipos lucenses da Primeira Futgal, que afrontan o 2026 con paso firme na procura dos obxectivos. Porén, para saber ata onde queren chegar, teñen que saber tamén de onde veñen. O flamante […]

Fito e Aday, os reis do gol en Galicia

Os reis do gol residen na provincia

O gol é unha das cousas máis valoradas no mundo do fútbol e a provincia está nesta tempada de noraboa. Dous dos tres máximos goleadores da Terceira e da Preferente son de equipos lucenses, o que é un claro exemplo do bo estado de forma tanto individual dos xogadores como do colectivo. Trátase de Aday […]

Juan Rodríguez, adestrador do Racing Villalbés

Juan Rodríguez (Racing Villalbés): «Do que máis orgulloso me sinto é do grupo que temos»

Parece complicado pensar que o Racing Villalbés pode chegar a ser o equipo revelación da Terceira RFEF por ser un histórico da categoría. Mais despois dun gran número de baixas e facer poucas fichaxes no mercado, están situados na segunda posición da táboa. Juan Rodríguez, o seu adestrador, é debutante na categoría, pero conseguiu que […]

Os Galician Army e Jairo Campo

Jairo Campo deixa o fútbol para unirse aos Galician Army

É un día triste para o fútbol lucense, xa que Jairo Campo deixará de xogar no equipo da súa vida, o Burela da Preferente Norte, para pasar ao mundo da música. Son os Galician Army os que firman ao dianteiro para ser a terceira pata do grupo que conforman Alberto Prado e Sergio Vallejo. O […]

O Ferreira quere reencontrarse coa vitoria diante dun perigoso Monterroso B

O fútbol lucense non para no Nadal e aproveita para poñer ao día o grupo sur da Segunda Futgal. Este sábado 27 de decembro ás 17 horas no Baliño enfrontaranse o Ferreira e o Monterroso B, nun encontro que fora suspendido na segunda xornada ligueira. Arbitrará o colexiado Diego Seco. O Ferreira chega a este […]

A sétima vitoria consecutiva do Taboada B nunha xornada marcada pola neve no norte

Dous partidos tiveron que ser suspendidos no grupo norte por mor da intensa neve que caeu o pasado domingo na Terra Cha. En Román non puido disputarse un Catro Roldas – Mondoñedo no que se enfrontaban os dous primeiros clasificados. En Abadín o cadro local recibía ao Roupar e o encontro suspendeuse aos dez minutos […]

Os 12 puntos nun mes da Sarriana B

A Sarriana B remata o ano con catro vitorias seguidas e aséntase na zona media da clasificación da Segunda Futgal

O Friol, un dos equipos máis destacados do fútbol feminino

O PM Friol non falla e recupera a segunda praza

O PM Friol gaña ao Concello de Boiro e volve de cheo á loita polo liderato Non fallaron as friolesas na última cita do ano. Unha gran primeira parte das amarelas que, porén, só puideron anotar por medio da habitual: Yoleidis. O seu único tanto na primeira metade determinou o partido. Porén, o PM Friol […]

Remata o ano cun líder destacado e varios equipos a cabalo

Os Máxicos puxeron fin ao ano 2025 nunha fin de semana con moitas emocións e, sobre todo, moitos goles. O Outeiro mereceu máis diante dun Xove que se defendeu moi ben (0-0). Os locais foron dominadores nos primeiros 20′ de xogo e sumaron numerosas chegadas á área, especialmente nunha banda dereita controlada por Alejo. Porén, […]