#Sin categoría

O San Ciprián estrea o casilleiro e o Corgo B derrota ao líder

No grupo norte, o Sporting Pontenova cedeu os primeiros puntos logo de empatar co Roupar, pero continua no liderado. O Muimenta volveu á senda da vitoria derrotando ao Castroverde, mentres que o San Ciprián sumou os primeiros puntos da tempada cunha goleada ao Celeiro. Cazás e Rioaveso igualaron e son dous dos conxuntos que menos perden. O encontro entre o Río Ouro e o Pol B quedou suspendido polo mal estado do céspede do Árbol.

Marcadores sorprendentes no grupo sur, onde o Corgo B derrotou a un Sober que se viña amosando intratable. A Comercial, que non coñecía a derrota, caeu de forma abultada no seu campo fronte ao Páramo. O Casás goleou ao Carballedo e o Taboada B venceu ao Becerreá B no debut de Gabri no banquiño da Medela. O Relámpago Taboada prolongou a súa boa xeira ao derrotar a un Río Sil que ocupa a última praza.

Analizamos a xornada na Terceira Futgal no Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia.

GRUPO NORTE

O Sporting Pontenova cede os primeiros puntos da tempada no campo dun gran Roupar (1-1). Os de David Lorenzo saíron ben colocados e moi concentrados ao campo e lograron defender ben as acometidas do líder, que só foron quen de xerar perigo a balón parado. O Roupar estivo preto do gol á contra, pero a boa actuación de Brais na portería impediuno. Na segunda metade as ocasións multiplicáronse e ámbolos dous conxuntos buscaron o gol sen cesar. Malia todo, non chegaron os tantos ata o tramo final. No minuto 88, Jorge adiantou ao Sporting Pontenova tras un barullo na área. Non se veu abaixo o Roupar e logrou o empate na seguinte xogada. Anxo asistiu a Mario que marcou dun forte disparo.

O Muimenta vence a un Castroverde ao que lle custa sumar fóra (3-1). Só un punto sumaron a domicilio os de Iago Núñez, que viron como o Muimenta se adiantaba cedo no marcador cun gol de Julio. O Castroverde estivo ben con balón, pero en cada pérdida os locais eran quen de castigar ao rival. Cancela gozou de dúas boas ocasións para o Castroverde, sen acerto, antes do descanso. No segundo tempo, Borja estableceu o empate cun bo lanzamento de falta axustado ao pao. Tan só dous minutos máis tarde, nunha falta lateral, Javi Morán rematou no segundo pao poñendo de novo por diante aos de Fran Veiga, que se enfrontaba ao seu ex equipo. Preto do final, co Castroverde volcado na procura do empate, os locais contragolpearon e forzaron un penalti que transformou Fer.

Cazás e Rioaveso asinan táboas no Catro Ventos (1-1). Saiu forte o Rioaveso que estrelou un balón no pao antes de que o gardameta local Xabi cometera penalti sobre Simo. Losada transformou e puxo por diante aos de Alfonso Gesto. O Cazás gozou dalgunha ocasión antes do descanso que non foi quen de transformar. Tras o intermedio os de Ángel Pena lograron o empate grazas a un gol de Nízar. No tramo final, ámbolos conxuntos tiveron opcións de gol para poder sumar os tres puntos sobre un céspede do Catro Ventos castigado polas condicións climatolóxicas.


O San Ciprián inagura o seu casilleiro de puntos cunha goleada fronte ao Celeiro (4-0). O comezo do encontro non presaxiaba o marcador final. O Celeiro saiu ben ao campo e contou con dúas ocasións claras para poñerse por diante. Non as aproveitou e Vander fixo o primeiro para os de Félix. A partir de aí os locais foron superiores e tras o descanso o 2-0 obra de Dani e a expulsión do viveirense Dani Liz finiquitou as esperanzas dos de Martín Rodríguez. No tramo final, o Sanci sentenciou con goles de Filipe e Danielson.

GRUPO SUR

O Corgo B da a sorpresa e vence ao Sober, líder (1-0). Os de Pablo Bargados amosaron un gran nivel defensivo fronte a un rival que promediaba catro goles por partido. O Sober non estivo cómodo en ningún momento e o Corgo B buscou aproveitar as súas ocasións. Melloraron os de Armental nun segundo tempo no que contaron con algunha ocasión de gol, pero non estiveron atinados. Preto do final volveu á carga un Corgo B que quería os tres puntos. Estrelou un balón no longueiro e e xa co tempo cumprido o gardameta visitante Adrián cometeu penalti e Juan transformouno.

Unha segunda metade de superioridade do Relámpago Taboada sérvelle para dobregar ao Río Sil (2-3). Os primeiros corenta e cinco minutos foron de dominio local. Os de Anthony realizaron un bo fútbol, contaron con ocasións e lograron adiantarse con gol de Ibra. No segundo tempo cambiaron as tornas. O Relámpago foi quen de levar a cabo o seu fútbol habitual cun xogo directo cargado de efectividade culminando a remontada cun hat-trick de Fran que se achega ao pichichi. Preto do final, Kylian recurtou diferencias.

máxicos

O Páramo golea á Comercial e golea á Comercial (0-6). O peor encontro da tempada dos locais que se viron sorprendidos polo Páramo. Os de Manu Prieto tentaron realizar o seu habitual fútbol combinativo, mentres que o Páramo, nun bloque medio, saiu á contra con moito perigo. Hugo Dono, en dúas ocasións, e Hugo Gallego, deixaron o encontro visto para sentencia antes do descanso. No segundo tempo, a Comercial buscou recurtar diferencias, pero os de Castro defenderon ben a súa vantaxe e foron quen de marcar outros tres tantos. Hugo Dono completou o seu hat-trick e Miguel e Juan remataron a goleada..

O Casás golea ao Carballedo no seu mellor partido (7-0). Os de Andrés Rodríguez realizaron un gran partido, empañado pola lesión de Yerai. O Carballedo non estivo ben nun primeiro tempo no que o Casás xa marchou gañando por tres goles de diferencia. Saavedra, Martiño e Truku foron os autores. No segundo tempo o que parecía a reacción do Carballedo con dez minutos de bo fútbol viuse freada co cuarto gol local convertido por Martiño, que pouco despois faría o terceiro na súa conta particular. Truku e Iker completaron a goleada.

O Taboada B vence ao Becerreá B no debut de Gabri (2-1). A promoción ao primeiro equipo de Jacobo Vázquez situou a Gabri, un home da casa, no banquiño do filial. E a súa andaina comezou con vitoria. Mito salvou o gol local nun man a man nun primeiro tempo escaso de ocasións. No segundo tempo, o Becerreá B adiantouse tras un bo servizo de Higinio que aproveitou Borja. Reaccionou de contado o Taboada B, que igualou o choque á saída dun córner por medio de Anxo. A falta de dez minutos para o final, noutro córner Rodríguez fixo o segundo para os locais que aproveitaron o balón parado para sumar os tres puntos

FOTO DE PORTADA: ROBER CARREIRA.

O San Ciprián estrea o casilleiro e o Corgo B derrota ao líder

Os +3 de Piringalla e Corgo e

O San Ciprián estrea o casilleiro e o Corgo B derrota ao líder

O San Ciprián estrea o casilleiro e