O Monterroso puxo fin a un ano de sobresaínte

Non houbo sorte en Monterroso. Os de Cerdeiriños quedaron ás portas do ascenso á Preferente logo de caer co Juvenil Ponteareas (2-4) nun duelo no que os locais estiveron máis preto da victoria do que reflicte o resultado final. Así, o cadro vermello puxo o punto e final a un ano para a lembranza, pero cun final agridoce.

A tarefa non se agardaba doada no feudo lucense. Logo de caer por 3-1 na ida nun duelo que se resolveu pola calidade individual dos pontevedreses, os de Fernandito chegaban este domingo coa certeza de que debían xogar un gran partido para remontar ese resultado adverso.

Cándido foi o verdugo dun Monterroso histórico

E de feito, así foi. O inicio foi un monólogo local. As ocasións sucedíanse e os de Ponteareas non lograban deter aos nosos. Froito do asedio, David fixo o 1-0 no 19′. Porén, cando semellaba que o segundo gol era cuestión de tempo, unha falta directa dos visitantes conxelou Cerdeiriños. O 1-1 sentou como un xarro de auga fría e, dado o desconcerto, chegou o 1-2. Reaccionou ben o Monterroso e logrou empatar antes do tempo de descanso.

O comezo da segunda metade foi chave. Tras quince minutos moi bos, os de Monterroso erraron varias ocasións —especialmente unha de Lorenzo— que os impediron achegarse no resultado global e, paseniño, o Juvenil enfriou o duelo e parou o ritmo para evitar sobresaltos. Non tivo moito éxito, dado que os vermellos non deixaron de insistir ata o asubío final.

Porén, os pontevedreses aproveitaron o tempo engadido, cando o Monterroso agrupaba moitos xogadores en última liña, para facer dous goles e sentenciar a eliminatoria (2-4). O seu autor, Cándido, erixiuse como o xogador máis diferencial dun playoff no que quedou claro que o Monterroso chegou para sentar as bases dun proxecto que promete.

monterroso juvenil

O Monterroso puxo fin a un ano de sobresaínte

O Monterroso puxo fin a un ano