O Pol acadou unha das vitorias do fútbol lucense

Peche de ano case perfecto para o fútbol lucense

O fútbol lucense pecha un 2025 máxico para o Trío de Ases O Cantón con grandes resultados que permiten a moitos dos seus equipos ascender na táboa. O Lemos e o Racing Villalbés suben ata a segunda posición antes do Nadal, mentres que as vitorias do Pol e do Lugo B permitenlles seguir avanzando nos […]

Irene Sante, da Milagrosa

Irene Sante (Milagrosa): «Queremos ser ambiciosas e loitar pola promoción»

O fútbol feminino regalou antes do Nadal un derbi entre o San Lázaro e a Milagrosa que venceron as albivermellas por 1-2. Unha clara constatación do bon momento de forma que atravesan, xa que se atopan na cuarta posición, a cal da acceso á promoción de ascenso dunha Primeira Futgal na que se atopa o […]

Goiriz e Riotorto prometen un furacán de goles no Ventiño

Segundo contra primeiro. Os dous conxuntos máis goleadores do grupo norte da Segunda Futgal. Un auténtico partidazo o que Goiriz e Riotorto disputan o sábado ás 15:30 horas no Ventiño, coa arbitraxe de Virginio Polo. O Goiriz afronta o encontro desde a segunda posición da táboa clasificatoria con vintesete puntos. Os chairegos mantéñense invictos na […]

O Mondoñedo, único equipo invicto e que conta os partidos por vitorias

Oito partidos, oito vitorias para un Mondoñedo que é líder en solitario no grupo norte daTerceira Futgal. Nesta xornada derrotou pola mínima ao Pol B nun encontro que xa tiña no horizonte o vindeiro choque fronte ao segundo clasificado, un Catro Roldas que goleou ao Roupar a domicilio. O Muimenta prolonga a súa boa xeira […]

A Milagrosa vence no derbi lucense ante o San Lázaro

Un PM Friol moi intenso faise co triunfo a domicilio ante o Bergantiños Non chegaban sen dificultades a este encontro as friolesas, con moitos problemas físicos para xogadoras chave, como Yoleidis. Porén, se o físico semellaba pasar por un mal momento, o que fixeron as amarelas foi tirar de algo case tan importante: a cabeza. […]

Sorpresas na Cheda e no Saviñao nunha xornada vibrante

Deixou sorpresas a nova xornada da Primeira Futgal. A SD Chantada e o Ribadeo beneficiáronse dos pinchazos da Residencia, Escairón e Milagrosa. Todo, con Salvatierra Abogados. O Outeiro remonta e saca tres puntos da Cheda (2-3). O primeiro gol local nun saque de esquina desencadenou unha mala versión da Residencia, que viu como o Outeiro […]

O Lugo B celebra a vitoria no derbi

Lugo B, Racing Villalbés e Lemos queren prolongar as súas tempadas

A xornada confirma unha cousa, o Lugo B, o Racing Villalbés e o Lemos están no camiño para loitar ata o final pola promoción de ascenso. O filial gañou no derbi provincial ante o Viveiro, os chairegos ante un rival directo coma o Céltiga e os monfortinos, fóra da casa ante o Cented. Pola súa […]

Edu Rodríguez, adestrador do Lemos

Edu Rodríguez: «Queremos devolver ao Lemos a Terceira»

A Preferente Sur deparou na pasada xornada unha gran goleada favorable ao Lemos por 6-0 ante o Sporting Celanova que confirma o seu grandísimo estado de forma. Asentados na fase da promoción de ascenso, os de Monforte de Lemos son un dos claros candidatos para poder voltar á Terceira RFEF. Todo nun curso tan ilusionante […]

Un San Lázaro en alza pon a proba a boa xeira da Milagrosa

Fin de semana de derbi no fútbol feminino da capital lucense. San Lázaro e Milagrosa veranse as caras o domingo ás 16 horas no Rodríguez Lago 1, coa arbitraxe de Manuel Rodrigo Arguello. Un encontro con sabor a play off. O San Lázaro é oitavo na clasificación con dezaoito puntos, a catro dos postos de […]

O 2026 comezará cunha Copa sen prórrogas

A Copa Deputación 2026 ten a súa folla de ruta cunha competición que comezará na primeira fin de semana do ano para os equipos masculinos

A Milagrosa segue imparable cunha Irene en estado de gracia

O PM Friol non puido co Victoria FC e desaproveita o pinchazo de As Celtas As friolesas puideron facerse co liderato esta xornada, na que partían a 2 puntos do líder, As Celtas; que perdeu no seu partido ante o Lóstrego. Mais de nada lles serviu ás amarelas que, un día antes (o sábado) caeran […]

Os Máxicos comprimen a zona baixa e o terceiro posto

Logo dunha nova e esixente xornada para os Máxicos, a Primeira Futgal atópase máis apretada que nunca: a loita polo terceiro posto promete, mentres que os postos de descenso non teñen aínda asegurada a presenza de ningún conxunto. A SD Chantada triunfa no duelo estelar ante a Residencia (2-1). Era o partido máis agardado desta […]

O Racing Villalbés celebra unha das vitorias da Terceira RFEF

Chegou o primeiro pleno da Terceira RFEF

Os conxuntos lucenses da Terceira RFEF consiguen o seu primeiro pleno de vitorias da tempada xusto antes de que chegue o Nadal. Lugo B, Racing Villalbés e Viveiro lograron vencer compromisos complicados para proseguir nos seus obxectivos. Ademais, a Sarriana acadou a súa primeira vitoria da era Dani Giménez ante o Langreo e o Lemos […]

Abel Rochela, adestrador do Corgo

Abel Rochela (Corgo): «Levaron bronca polo único gol que recibimos»

O Corgo está a marcar o paso no grupo sur da Terceira Futgal. O seu sete de sete en vitorias no comezo da tempada consolídaos como un dos principais favoritos para xogar na vindeira tempada na Segunda Futgal. Pero a súa situación é destacada, xa que con só un gol encaixado é o equipo que […]

A supremacía da Primeira Futgal, en xogo no Sangoñedo

Poucos partidos máis atractivos no fútbol galego que o que se disputa este domingo ás 16:15 horas no Sangoñedo. A SD Chantada recibe á Residencia, nun choque no que está en xogo o liderado e a supremacía dun grupo lucense da Primeira Futgal no que ningún dos dous conxuntos ofrecen concesións. O Chantada é o […]

Só os líderes se manteñen invictos logo da derrota do Rubián

Chega o sétimo Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da temporada 2025/2026 e faino con dous equipos moi destacados no liderado de ámbolos grupos, que suman pleno de puntos: Mondoñedo e Corgo. No grupo norte, o Mondoñedo venceu no Viñas da Veiga ao Roupar e conta con cinco puntos de marxe sobre o Catro Roldas, […]

San Lázaro e Milagrosa seguen puntuando

Xornada con partidos para ambos equipos da Segunda Futgal e tamén para o Monte Forte, que caeu ante o Cruces. O San Lázaro imponse a un dos cocos da categoría, o Corme Recibían na casa as celestes a un Corme terceiro na táboa. O encontro, como se agardaba, foi moi desputado entre ambos equipos e […]