- As lucenses venceron 2-0 ao Bergantiños B
A Milagrosa resolveu con solvencia o primeiro partido da eliminatoria de ascenso a Primeira FutGal, impondo a súa lei ante o Bergantiños B cunha vitoria por dous goles a cero que sitúa ás albivermellas nunha posición de vantaxe de cara á volta.
O partido arrancou cun guión claro: as de Carballo chegaban con ambición, pero foron as locais as que primeiro amosaron a súa pegada. Candela Otero abriu o marcador no minuto 11, recollendo o traballo colectivo dun equipo que soubo facer dano cando máis o necesitaba. Leire ampliou a vantaxe no 31, poñendo practicamente a vitoria en bandexa antes do descanso.

Cada ataque das visitantes atopábase cun nome, o de Natalia. A gardameta foi a gran protagonista, desfacendo as tentativas do Bergantiños B cunha actuación de altísimo nivel que permitiu ao equipo marchar deste primeiro partido sen encaixar. Non en balde, foi ela a xogadora máis valorada do encontro.
Na segunda parte, a Milagrosa foi quen de impor o seu ritmo e o seu xogo. A solidez defensiva e o control do partido foron a tónica dunha tarde na que as lucenses demostraron que esta tempada non lles chegaron os méritos por accidente.

O resultado dá á Milagrosa unha renda importante para a volta, que se disputará en As Eiroas. Será un partido duro, moi complicado, nunha cancha complicada. Pero pase o que pase, esta eliminatoria xa confirmou o que a tempada regular levaba proclamando: que este equipo fai as cousas moi ben.

