A fase regular da Preferente chega súa fin co Lemos e o Burela pelexando por obxectivos na última xornada. Os monfortinos aspiran ao terceiro posto mentres que os mariñáns precisan gañar para salvarse e rezar para que non haxa un cuádruple empate a 41 puntos con Dubra, Sigüeiro e Pol. No resto de combinacións posibles (sempre e cando sumen de tres na Marosa), permanecen na categoría.

A competición regular da Primeira remata tamén este domingo co Ribadeo e a Residencia loitando polo último posto de play off de ascenso nun duelo directo no Pepe Barrera.
Na zona baixa, ata sete equipos se xogan tres posibles descensos. Lourenzá, Oural, Brollón, Outeiro de Rei, Castro e Taboada dependen de si mesmos para salvarse. O Xove Lago precisa gañar nunha final a cara de can en Taboada e agardar que non sume de tres o Oural ou perdan o Lourenzá ou o Castro.

En Segunda Futgal, absolutamente todo está en xogo. O play off de ascenso, o descenso directo e os arrastres no Grupo 1. Tamén o campión e todo tipo de descensos no Grupo 2. Un desenlace de infarto para esta emocionantísima liga das vilas e parroquias!


