#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

Mondoñedo e Corgo, a un punto da final do Torneo Delegación

Foto de portada: Roberto Carreira

Coa penúltima xornada da primeira fase do Torneo Delegación disputada, o Mondoñedo conta con tres puntos de vantaxe sobre o Catro Roldas no grupo 1, polo que os de Nico deben sumar un punto na derradeira xornada que xogará no campo da Comercial, ou ben agardar un pinchazo do Catro Roldas fronte ao Pol B.

No grupo 2, o Corgo caeu diante do Rubián, pero malia todo é primeiro e conta con dous puntos de marxe co Carballedo. Ámbolos conxuntos mediranse nunha final anticipada nesta última xornada. Ao Corgo válelle con empatar, mentras que o cadro do sur da provincia precisa unha vitoria no seu campo para pasar á final do Torneo.

Analizamos a xornada no Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia.

GRUPO 1

Mondoñedo 5 Pol B 2. Os locais impuxeron a súa condición de favoritos no Viñas da Veiga diante dun Pol B que foi quen de igualar o xogo e competir de ti a ti diante do campión da categoría. Os de Luis Romay, malia contar con moitas baixas, realizaron un bo fútbol e impediron o dominio do Mondoñedo no seu campo durante vintecinco minutos. Abriron o marcador os de Nico cun auténtico golazo de Jaco. Un tanto coa espuela que levantou á grada do campo mindoniense. O Pol B non aproveitou as chegadas á área rival e os locais aproveitaron o último cuarto de hora para marcar tres goles antes do descanso, dous deles de Óscar e un de Veiga. No segundo tempo o partido tivo pouca historia. Juan, outro dos clásicos do noso fútbol, fixo o quinto dos locais, e Antón e Kevin marcaron para os visitantes.

Catro Roldas 3 Comercial 1. O encontro comezou de cara para a Comercial. No primeiro minuto, os de Manu Prieto adiantáronse cun gol de Dani González logo dunha boa xogada combinativa. Co paso dos minutos, o Catro Roldas fíxose co dominio do partido, aínda que sen xerar grandes ocasións de gol. Cumprida a media hora de xogo, Santi empatou o choque ao aproveitar un rexeite á saída dun córner. Tras o paso por vestiarios, a Comercial foi quen de estrelar un balón no pao, pero os de Coto lograron remontar cun gran gol de Carracedo tras un disparo desde longa distancia e a sentencia chegou por medio de Rafa, que superou ao gardameta no man a man.

GRUPO 2

Corgo 0 Rubián 2. Choque entre dous conxuntos ascendidos á Segunda Futgal que amosaron sobre o céspede a súa calidade. Os locais saíron ben ao partido e chegaron con perigo á portería dun atinado Casillas, que desbaratou varias oportunidades claras. Raúl, David e Rubio contaron coas mellores opcións de marcar dos de Abel Rochela. No segundo tempo, o Corgo seguiu inquedando a portería rival e Xoia gozou de dúas boas ocasións para marcar. Sen embargo foi o Rubián o que levou o gato á auga, nunha contra culminada por Víctor. Non desfaleceron os locais, pero os de Senén López souberon defender a súa renta, e sentenciaron co tempo cumprido nun lanzamento de longa distancia tras erro do gardameta Harry.

Relámpago Taboada 3 Carballedo 6. Festival de goles no Anexo á Medela. O cadro local, que protestou a actuación do colexiado, non estivo atinado e marchou ao descanso con tres goles en contra, obra de Cristian e Corneta, en dúas ocasións. No segundo tempo, o Carballedo levou o peso do partido, pero concedeu moitas ocasións ao Relámpago. O partido conveteuse nun ida e volta no que cada conxunto marcou tres tantos. O zagueiro Corneta acadou un hat-trick.

Mondoñedo e Corgo, a un punto da final do Torneo Delegación

A Xoel Pena, os lazos irrompibles do

Mondoñedo e Corgo, a un punto da final do Torneo Delegación

Mondoñedo e Corgo, a un punto da