#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Seis equipos pola salvación da zona sur na Segunda

Se o final da Primeira Futgal é unha tolemia, o da Segunda non queda atrás. A última xornada de liga ten en xogo: a posición de promoción, as posibles de arrastre e un descenso directo na zona norte; mentres que no sur falta todo por decidir, ascenso, promoción, posibles arrastres e postos de descenso directo. 

No norte, Guitiriz e Riotorto buscan xogar a fase de ascenso. Candelaria, Casás, Celta Barreiros e Pastoricense evitar un hipotético terceiro arrastre. O Matela e o Castroverde tentan librar do descenso directo e quedar na primeira praza de arrastre, que lles permita soñar cunha posible salvación. 

No sur, o Lemos B e o Becerreá xóganse o ascenso. O que non o consiga, xogará o play off. O Paradela (con mínimas probabilidades) e o Chantada B tratan de evitar as posibles prazas de arrastre. O Monterroso B, o Sober, o San Lázaro e O Páramo buscan non caer nas de descenso directo.

A continuación queda O Noso 11 A Chaira da 29ª xornada: