Dani Galán e Alberto López, os supervivintes na Terceira e na Preferente

Galán e López, a resistencia en Terceira e Preferente

A supervivencia nos bancos na Terceira e na Preferente está a ser unha tarefa complicada este ano. Unicamente Dani Galán, adestrador do Polvorín, e Alberto López, do Racing Vilalbés, continúan no seu cargo tras pasar o ecuador da tempada. Deuse unha situación que chama a atención, xa que os últimos tres en marchar dos seus clubes de orixe fixérono ao largo da semana pasada, dando varios equipos sen adestrador esta semana

O método de supervivencia da Terceira

Os únicos en aguantar están na Terceira. Dani Galán está levando de maneira impecable a súa tarefa, cumprindo coa tarefa de continuar formando xogadores para que den o paso ao primeiro equipo do Lugo, sendo exemplos Damián Noya ou Pablo Rubal, mentres buscan meterse na loita por acceder aos postos de play off. O técnico lucense chegou ao filial tras pasar pola Residencia e o xuvenil de División de honra albivermello cando Roberto Trashorras subiu ao primeiro equipo a pasada campaña.

O outro exemplo é Alberto López. O técnico do Racing Vilalbés chegou este verán coa difícil tarefa de substituir a Simón Lamas tras seis anos no primeiro equipo e un ascenso a Segunda RFEF. López está logrando cumplir as expectativas dun gran equipo que na próxima xornada podería pasar a liderar a Terceira se vence no Couto á UD Ourense. O Vilalbés é, xunto cos ourensáns, o equipo que menos goles encaixou na competición.

Solucións atopadas

O primeiro troco nos bancos lucenses chegou en Ribadeo. O 22 de outubro, Luchi chegou ao posto de adestrador substituíndo a Labrada. Arrincou cunha motivación a maiores, a chegada de Criss, mítico capitán mariñán, coma segundo adestrador. A situación era negativa, tres puntos en sete xornadas, mais dende a chegada da dupla, suman 16 puntos de 33 posibles, o que permite ao clube estar fóra do descenso.



Non saímos da Mariña lucense para seguir vendo cambios de adestradores, neste caso en Viveiro. Jandry Rego fixo un inicio espectacular con 10 dos primeiros 12 puntos dispoñibles. Pero catro derrotas consecutivas acabaron co seu tempo no cargo, inda que tivo unha victoria de despedida. Por el chegou Fabri, adestrador con experiencia na Primeira División e ascensos con equipos coma o Granada. O Viveiro mantense nunha zona cómoda para obter a salvación e sumando ante os dous equipos na cabeza da Terceira, UD Ourense e Racing Vilalbés.

O último do 2024 chegou en Sarria. Jaime Paz tiña ao equipo nos postos de play off sendo un dos clubes cunha proposta máis ofensiva de toda a Terceira. Pero o técnico recibiu unha gran oferta para acompañar a Quique Setién no Beijing Guoan chinés. Isto fixo que a Sarriana se movese para traer a Guille Oriol, adestrador con experiencia en canteiras coma Villarreal ou Barcelona, para manter os bos resultados. No seu terceiro partido xa conseguiu un punto no Couto e unha victoria por 4-1 ante o Arousa na Ribela.

Terremoto na Preferente na última semana

Nos últimos días, os bancos da Preferente sufriron todo un sismo nos últimos días con tres despedidas. O que solucionou a situación con maior velocidade foi o Lemos. Despois da asemblea de socios do Lemos para nomear a nova directiva, o novo presidente, Antonio López, e o novo director deportivo, Óscar Moure, comunicaron o cese inmediato de Juanlu Bernal.



Os monfortinos xa fixeron oficial a contratación de Edu Rodríguez, quen volve a un clube no que xa estivo catro tempadas tras comezar o ano no Chantada Atlético. Todo parece indicar que será Fernando Corredoira, que xa estivo no conxunto atlético e agora está na base do Polvorín, quen colla ao cadro do Sangoñedo. Podería ser oficial nas vindeiras horas.

Uns días antes xa marchara Iván González do Atlético Escairón tras só catro semanas no cargo. O adestrador que ascendera ao equipo na pasada campaña chegou como salvador tras a marcha de Óscar Moure, pero pegou a espantada. Sona con moita forza o nome de Brais Prados polo Saviñao.

O último dos bancos que queda por comentar é o do Pol. Tras gañar na última xornada ante o Arzúa, Roberto Fernández decidiu abandoar a disciplina do conxunto chairego por diferentes desavenencias coas directiva do clube. A institución está a traballar en ter un novo adestrador xa para a vindeira xornada da Preferente e continuar coa boa xeira das últimas xornadas.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *