#Fútbol afeccionado #Feminino

O CD Lugo ascende a Nacional e o San Lázaro baixa a Terceira

O CD Lugo é novo equipo de Primeira Nacional despois de remontar a súa agónica eliminatoria ante o Bergantiños. O cadro de Joaquín Blanco realizou un novo exercicio de resiliencia, sacrificio e traballo. Máis aínda cando viron como ao minuto de xogo, as de Carballo mandaban no marcador.

As albivermellas empataron rápido e creceron a través do balón. Sobrepuxéronse a un gol anulado por dubidoso fóra de xogo. E igualaron a eliminatoria (2-1) na reanudación, dispoñendo de ocasións suficientes para conseguir algún tanto máis nos noventa minutos de rigor.

Unha semana máis a pelota non quixo entrar e tocou ir á prórroga. Aí notouse o cansazo e apenas se vislumbraron oportunidades. Só a inquedanza e a tensión propias do momento. O encontro rematou nos penaltis, onde a gardamallas Judith se puxo o disfrace de heroína. As súas compañeras fixeron o resto. Non fallaron penalti algún, para situar ao CD Lugo no panorama nacional.

Pola súa parte, O PM Friol B deixou os deberes para a volta na Reigosa. O equipo de Geluco Villar atopouse cun Touro sen medo algún e moi competitivo, na batalla por un posto na Primeira Galicia.



De feito, as de Xanzy golpearon primeiro. E mesmo puideron lograr unha renda maior na primeira metade. Tralo paso pola zona dos vestiarios, o filial friolés aproveitou a tormenta para inquedar máis ao seu rival. Covi empatou o partido cun auténtico golazo, tendo tempo tamén para levar un novo cartón amarelo (esta vez por un cobadazo sen o balón en disputa). No tramo final, Nuria Meijide perdoou o 1-2 con todo a favor. A gardamallas local mostrou con creces os seus reflexos.

Dúas traballadas permanencias e un triste descenso a Terceira Galicia

A Milagrosa e o Chantada seguirán unha campaña máis na Segunda galega. O conxunto de Héctor Expósito aguantou con mestría os primeiros envites do Corme. Longueiros, xogadas claras… Porén en dúas contras, as lucenses tiraron de efectividade e puxeron o 0-2 no electrónico, deixando a eliminatoria case sentenciada.

As da Frigsa realizaron un soberbio esforzo defensivo, cun traballo específico sobre Naroa (50 goles esta tempada); que só conseguiu asinar un tanto en toda a eliminatoria.



Ángeles foi decisiva para o Chantada. Un gol e dous penaltis detidos

O Chantada tamén solventou a papeleta. Iso, si cunha boa dose de suspense. As de Gorry saltaron ao artificial do Sangoñedo coas ideas claras. Xerando varias oportunidades sen éxito ante un inoperante Orillamar. O duelo igualouse e pechouse máis na reanudación. No minuto 88, Eva adiantou ao Chantada. Unha alegría efímera, xa que as visitantes empataron na prolongación (1-1).

Os nervos aumentaron no tempo extra, cando o Orillamar golpeou de novo (1-2). Aínda así, o Chantada non dixera a súa última palabra. Na segunda parte da prórroga, apareceu a figura de Ángeles con maiúsculas. A dianteira de Santiso igualaba de novo nunha das especialidades da casa, os saques desde o curruncho. Nos últimos compases, as lucenses desperdiciaron dúas boas oportunidades. Deixando todo para resolver na lotaría dos penaltis. Nese estudado xogo do azar, Gorry sacou o seu as baixo a manga. Ángeles puxo as luvas de porteira para deter dous penaltis e deixar ao Chantada en Segunda.

No entanto, o San Lázaro consumou o seu descenso a Terceira Galicia. Un último mes de competición fatídico propiciou que, o segundo clasificado na fase regular; perda a categoría. O Deus do fútbol débelle unha ben gorda ás da Ponte. Resulta difícil de explicar este descenso. As lucenses deixaron clara a súa superioridade ante un Praíña que viu neutralizados os seus puntos fortes. Faltou puntería. Xusto ao contrario que as visitantes. O cadro de Teo aproveitou o único erro defensivo das de Luchi para transformar un rexeite en gol. Un tanto que condea ao San Lázaro a un amargo adeus a Segunda.

Unha das moitas celebracións do CD Lugo

Resultados da xornada

CD Lugo (p) 2-1 Bergantiños

Touro 1-1 PM Friol B



Chantada (p) 2-2 Orillamar

San Lázaro 0-1 Praíña Sporting Club

Corme 1-3 Milagrosa

O CD Lugo ascende a Nacional e o San Lázaro baixa a Terceira

Tres conxuntos de Primeira e un de

O CD Lugo ascende a Nacional e o San Lázaro baixa a Terceira

A Terra Chá e a de Sarria

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *