Entroido e Semana Santa serán as datas dos partidos adiados da Terceira RFEF, Preferente, Primeira Futgal e o fútbol feminino. A federación española e a federación galega poñen para estas categorías o Xoves Santo, no caso das tres primeiras, e o domingo de Entroido, no caso do feminino. Inda non hai datas tanto para a Segunda como para a Terceira Futgal.
Un Entroido con encontros adiados e Copa
No Entroido, será o turno de recuperar os encontros adiados do fútbol feminino. Na Segunda Futgal, o Lugo B recibirá ao Almeiras e o Friol B visitará ao Carral ambos coa intención de seguir alonxadas da parte baixa. No grupo 2, o Antas visitará ao Rosalía buscando seguir dando pasos para ascender e o Chantada visitará ao Victoria C nun encontro vital para a loita pola salvación, xa que coa victoria poderían saír do descenso.
Na Terceira, o Carballedo visitará ao Trazo, a Comercial recibirá ao Monte Forte en todo un derbi provincial, a Milagrosa recibirá ao Dubra e o San Lázaro terá que vistar ao Resmón. O problema do adiamento ven cos dous últimos equipos citados, xa que Milagrosa e San Lázaro tiñan no Entroido e na mesma data o seu encontro da fase previa da Copa.
Un Xoves Santo diferente e decisivo
A recuperación dos encontros adiados en Xoves Santo dalle un ápice especial a estes partidos. Cando remate a xornada, só quedarán catro partidos por disputarse nas tres competicións. No punto clave da Terceira RFEF, o Vilalbés visitará ao máximo rival polo ascenso, a UD Ourense, a Sarriana enfrontarase ao Valadares, o Viveiro visitará A Lomba e o Polvorín irá a Betanzos. Na Preferente en plena loita pola salvación, Lemos e Ribadeo recibirán a Sofan e ao Val respectivamente e Pol e Atlético Escairón xogarán ante Montañeros e Arzúa.


Na Primeira Futgal tamén haberá bastante que decidir nesa data, inda que xa hai tres encontros disputados. Residencia e Burela buscarán ante Vilalbés B e Guntín consolidarse na zona alta, ou quen sabe se a posibilidade matemática de ser equipo de Preferente para os mariñáns, Xove Lago e bveranse as caras nun partido con rivalidade e boa parte da loita pola salvación estará en xogo.
Onde inda non hai datas para a xornada adiada e nin na Segunda Futgal nin para a Terceira Futgal. Moitos destes equipos terán no domingo de Entroido o encontro correspondente aos dezaseisavos de final da Copa, o que deixara unhas festas cheas de disfraces e fútbol lucense.
