O Polvorín celebra a súa victoria que o achega ao play off da Terceira. @CDLUGOCANTEIRA

Anthony e Maceira golean en Terceira e Cuadrado na Preferente

A nova edición do Trío de Ases O Cantón chega con resultados de todas as cores en Terceira e Preferente. O Rácing Vilalbés segue segundo grazas a unha remontada no último cuarto de hora e a Sarriana goleou a un dos rivais directos polo ascenso, o Arousa. O Polvorín achégase aos postos de play off tras vencer ao Barbadás e o Viveiro non puido pasar do empate a ceros.

Na Preferente, os resultados foron na maioría negativos a excepción do Pol, que gañou ao Arzúa, ambos na loita pola salvación, cun doblete de Cuadrado. O Lemos e o Escairón chegaron sen adestrador ao encontro deste fin de semana e ambos acadaron derrotas ante o Sigüeiro e o Ordes respectivamente. Tamén caeu o Ribadeo na casa do Miño.

Anthony dálle os tres puntos a un Rácing Vilalbés ao que lle tocou sufrir (3-1)

O Rácing Vilalbés tocoulle sufrir na Magdalena ante o colista da Terceira, o Betanzos. O seu rival púxose a liderar o encontro no minuto 6 grazas a un erro defensivo que aproveitou Juan de Dora para batir a Santomé. O Betanzos puido ampliar a súa vantaxe, pero o disparo marchou a piques de alcanzar a escuadra.

Foi na segunda parte onde os de Alberto López recobraron a confianza para ir a pola remontada a partir dos cambios. O adestrador pasou a un esquema con tres centrais e os cambios revolucionaron o encontro. Pero o gran cambio foi Vicente Schneider, que se estreou coma goleador en Terceira tras brillar na Preferente Sur na primeira metade da tempada cun bo remate a un centro de Anthony.



A falta de tres minutos para o desconto, Anthony puxo a capa de heroe para que os tres puntos quedaran en Vilalba. Barroso fixo unha gran xogada pola esquerda que rematou nun centro que rematou Anthony para facer o gol da victoria. No desconto, o propio xogador culminaría a súa gran actuación cunha vaselina que cerraba o encontro con tres puntos claves antes da visita ao Couto, onde se poden poñer líderes da Terceira.

A Sarriana realiza o seu encontro máis completo para golear ao Arousa (4-1)

A Sarriana deu todo un golpe na mesa ante un dos seus rivais directos da Terceira na loita polo ascenso cunha victoria por 4-1. Un encontro moi completos dos sarriaos onde alternaron moitas situacións de xogo e que antes da media hora de encontro xa dominaban. No minuto dous, a Sarriana atopou o gol nunha gran xogada que arrincou en Javi Liz e acabou con un disparo de Millán que parou o porteiro, pero no rexeite Santi Gegunde faría o primeiro.

O dominio foi total e a Sarriana púxose 3-0 antes da media hora tras dúas xogadas onde o infortunio se cebaría co Arousa con dous goles en propia porta. O conxunto de Míchel Alonso acurtaría distancias cun centro lateral que rematou Martín Diz. Antes do descanso, chegaría a mala noticia do encontro. Nun choque, Rai sairía peor parado e tivo que ser trasladado ao hospital con tres fracturas no pómulo.



Na segunda parte a Sarriana rematou a goleada cun man a man que finalizou Millán para meter o cuarto tanto do encontro. Guille Oriol, coa súa primeira victoria no que leva no conxunto sarriao, deulle a oportunidade de debutar en Terceira a Xoel e a Guti, ambos canteiráns do clube.

O Polvorín vence ao Barbadás a golpe de Maceira (2-0)

O Polvorín achégase aos postos de play off da Terceira tras vencer ao Barbadás por 2-0 nun encontro no que os de Dani Galán finalizaron o encontro nos primeiros 25 minutos de encontro, onde o Polvorín demostrou un gran ritmo de circulación de balón. Iso fixo que chegaran os goles. No minuto 7 o filial lucense atopou a Maceira cun balón filtrado e o dianteiro foise do porteiro e marcou case sen ángulo. 15 minutos despois, O propio Maceira controlou un centro lateral na área pequena e definiu para firmar o segundo tanto.

A partir de aí, o Polvorín entrou nunha fase de relaxación na cal non foron capaces de xerarlle máis problemas ao Barbadás, sobre todo a través da súa saída de balón. Os de Dani Galán case atopan o terceiro en dúas accións illadas, pero tamén permitiron que o Barbadás asustase coa posibilidade de volver a entrar no encontro.

O Viveiro non pasa do empate ante o Arteixo nun mal Cantarrana (0-0)

O Viveiro suma un punto importante de cara a permanecer na Terceira ante o Atlético Arteixo (0-0) nun encontro no que o mal estado de Cantarrana foi trascendental. O problema do céspede segue presente e fai que a práctica do fútbol sexa moi complicada para os equipos aos que lles toca xogar alí, incluíndo ao conxunto de Fabri, que non pode aproveitar o feito de xogar na casa.

A gran oportunidade do Viveiro apareceu nunha boa xogada preto do final do encontro que intentou finalizou Rolle, pero que un defensor do Arteixo impediu que fose gol na liña de meta. No resto de encontro, o Viveiro tivo o dominio do balón e as mellores oportunidades, pero sin éxito.



Cuadrado da os tres puntos ao Pol no último encontro de Roberto Fernández (2-1)

O Pol logrou unha importante vitoria ante o Arzúa nun encontro que lle permite aos chairegos dar un paso máis cara a salvación. O encontro viuse opacado pola dimisión de Roberto Fernández, que alegou diferencias entre el e a xunta directiva da institución. Soa como rumor Aarón Sánchez, que foi adestrador do Outeiro de Rei.

No campo, o Pol necesitou da mellor versión de Cuadrado, que con un doblete no último cuarto de hora finalizou un encontro no que o conxunto lucensse non conseguiu ter unha gran fluídez, pero si mostraron eficacia. O Arzúa, que sempre estivo no partido, puxo o 2-1 de penalti e afrontou os últimos minutos cun xogador máis despois da expulsión a Iñaki.

O Escairón cae en Ordes sen adestrador (1-3)

O Atlético Escairón loitou todo o que puido ante o Ordes (1-3) que remontou cun hat trick de Mouriño. Os do sur de Lugo chegaban sen adestrador tras a marcha de Iván González e foi Denís, un dos xogadores, quen se fixo cargo dun equipo que só puido contar con 12 xogadores de campo. Os primeiros rumores apuntaban a Brais Prados, pero inda non hai nada co adestrador que ascendeu a Sarriana a Terceira.

O Escairón conseguiu poñerse por diante cun gol de Nicolas e mantiveron o liderato do encontro durante toda a primeira parte. Pero na segunda acabarían as forzas e iso aproveitaríao o Ordes por medio dun Pablo Mouriño excelente que antes do minuto 70 xa lle deu a volta ao encontro.

O Ribadeo cae ante o Miño nunha mala primeira parte (3-0)

O Ribadeo non puido sumar na súa visita ao campo do Miño nun encontro onde os mariñáns se viron sometidos en campo propio no primeiro tempo. O Miño foi superior nas segundas xogadas e grazas a iso chegaron os goles de Thiago e Iago Astray cando o partido estaba a piques de chegar ao descanso.

Na segunda metade os de Luchi repuxéronse e chegaron varias veces á área rival coa sensación de que podían ameazar con levarse o empate. Pero un penalti en contra culminou a goleada do Miño e deixou sen ningunha opción ao Ribadeo de poder sumar un punto que os achegue máis ao obxectivo da salvación.

O Lemos perde no primeiro partido sen Juanlu Bernal no banco (2-0)

O Lemos non puido levar ningún punto da súa visita ao campo do Sigüeiro no primeiro encontro sen Juanlu Bernal como adestrador. O técnico andaluz foi cesado pola nova directiva do conxunto monfortino tras a asemblea de socios celebrada o sábado e ao cargo do equipo estivo José Manuel Pasín, segundo adestrador, e ao mando da expedición estivo Óscar Moure, novo director deportivo. Todo parece indicar que Edu Rodríguez voltará a que foi a súa casa durante catro tempadas para facerse cargo do equipo.

O Lemos intentou ir a polo partido dende o primeiro momento e mantivo ao Sigüeiro sen xerar moito perigo no primeiro tempo. Antes do descanso, o Lemos viu como se quedaba con 10 pola expulsión de Arca, o que condicionou toda a segunda metade. O Sigüeiro fíxose co mando do encontro e aproveitaron o bo estado de forma de Cristian Liñares, pichichi da categoría con 15 goles, que marcou un doblete.

Trío de Ases O Cantón da Terceira e a Preferente
Trío de Ases O Cantón da Terceira e a Preferente

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *