Chantada e Monforte de Lemos son lugares veciños que comparten unha zona xeográfica única como é a Ribeira Sacra, pero non o mesmo grupo dentro da Preferente. É curioso cando son os dous equipos da provincia da categoría que máis preto están entre si, xa que desde o Sangoñedo á Pinguela hai un traxecto en coche de 28 minutos. Perdese un derbi de gran beleza, pero o que non queda claro é que equipo é o beneficiado. Máis que o nivel deportivo, a veces hai que ver a distancia e por iso faremos unha comparativa entre os kilómetros que farán ambos e as súas viaxes máis próximas e lonxanas.
Chantada: 2.281 quilómetros no contador
O Chantada non sae gañando cando se fai a comparativa entre como sería a súa situación no grupo sur, xa que percorrería 278 quilómetros menos, pero aínda así danse varias situacións curiosas. A que máis pode chegar a sorprender e cando se ve o rival máis lonxano, xa que sería o Burela con 188 quilómetros de distancia entre O Sangoñedo e A Marosa. Un derbi provincial que será a maior odisea dos chantadeses.
Pola contra, o seu desprazamento a Pol é o segundo encontro que máis preto lles queda, a só 87 quilómetros. O rival máis próximo é o Arzúa, a só 66, mentres que no resto de casos terán que percorrer máis de 100 para chegar aos seus destinos e intentar sumar os tres puntos.
Lemos: 2.169 quilómetros no contador
Pola súa parte, o Lemos sae gañando, e moito, coa entrada no Sur. Só falando do ámbito quilométrico, se se trocasen as pezas os monfortinos alcanzarían os 2.609 quilómetros, 440 máis que os que fará actualmente. Pese a non chegar a ter un derbi da Ribeira Sacra, terá dous encontros a menos de 50 quilómetros, ante o Auriense (antigo Cented Academy) a 44 e ante o Barbadás a 49. Con menos dun centenar tamén terá ao Atlético Arnoia, 78.

No resto de encontros si que terá unha media lonxana. Seis dos seus 14 oponentes restantes atópanse a máis de 150 quilómetros, levando a peor parte a viaxe para medirse ao Cambados cunha longa distancia de 185, coa de Ribadumia só dous quilómetros por debaixo.
Unha diferencia de 112 kilómetros
Queda claro que, coa disposición actual, gaña o Chantada, aínda que por unha diferencia prácticamente mínima. En cambio, se fixeramos o exercicio a inversa, o resultado sería moi diferente. No caso de que fose o Lemos o que viaxase polo Norte e o Chantada polo sur, a diferencia chegaría a 603 kilómetros de máis que farían os de Alberto López en comparación cos de Traste. Iso si, en ambos casos a preferencia no referente aos desprazamentos sería estar ambos no Sur, algo que esta tempada, polo menos, non se vai a dar.


