Fin de semana moi positivo para o fútbol lucense. O Racing Vilalbés impúxose ao Arousa e clasifícase para a derradeira eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF.
Na Preferente, a Sarriana logrou o ansiado ascenso a Terceira RFEF logo de gañar no derbi provincial diante da Residencia e beneficiado polo empate entre Noia e Boiro. A outra praza de ascenso queda na man do Betanzos, que logrará dar o salto cun só punto na derradeira xornada. Triunfo moi importante tamén do Lemos na Pinguela diante do Portomarín na súa carreira por evitar o descenso. O Ribadeo, xa liberado de problemas clasificatorios, empatou sen goles no campo do San Tirso.
O Racing Vilalbés acada unha clasificación histórica logo de gañar na Lomba (1-2)
Os chairegos non puideron comezar mellor. Aos tres minutos de xogo Pablo Rey amosou, unha vez máis, a súa clase para poñer por diante aos seus cunha espectacular volea. O Racing organizouse moi ben defensivamente e desactivou o ataque dun Arousa que non gozou de grandes ocasións de gol no primeiro tempo. Ámbolos dous equipos contaron cun gol anulado por fóra de xogo, moi dubidosos.


O Arousa saiu moi forte no segundo tempo e inquedou a área vilalbesa. Nun rexeite tras un saque desde o curruncho, Pacheco batiu a Álex Santomé esteblecendo a igualada. Nos seguintes minutos, o Racing Vilalbés reaccionou ben ao gol en contra e puido adiantarse cun disparo de Jose Varela que saiu lixeiramente alto. Pouco despois chegou o tanto da vitoria nunha gran acción de Marcos Álvarez que asistiu a Jose Varela que fixo o segundo. Os de Luisito embotellaron nos últimos intres ao Racing e contaron no último intre cunha gran ocasión que Álex Santomé desbaratou cunha gran parada.
A Sarriana é novo equipo de Terceira RFEF por primeira vez na súa historia (2-1)
O empate no derbi barbanzán entre Noia e Boiro unido ao triunfo diante da Residencia outórgalle á Sarriana o ascenso a Terceira RFEF. Logo de quedar ás portas en dúas ocasións, á terceira foi a vencida.

O encontro comezou con dominio da Sarriana que somteu co balón á Residencia. A presión alta dos de Brais Prados propiciou moitos roubos de balón en campo contrario o que deu lugar a claras ocasións de gol, con dous balóns que se enstrelaron no pao. Aos vinte minutos Iker Hurtado aproveitou un balón longo para desfacerse da defensa e poñer por diante á Sarriana. A Residencia tamén contou con dúas boas ocasións. Martín, á saída dun córner e Iago Buján de tiro cruzado, puxeron en apretos a Javi Liz.
O segundo tempo foi máis cerrado e con menos ocasións. Rois tivo nas súas botas o empate, pero a súa vaselina sacouna Pedro López sobre a liña. No ecuador do periodo final, unha gran xogada individual de Sané finalizou co disparo deste ante o que nada pode facer Marcos. A falta de quince para o final Dani Renda cun disparo desde dentro da área recurtou diferencias para a Resi. Pouco despois Yeray viu o segundo cartón amarelo e a Sarriana apenas sufriu nos intres finais.
O Ribadeo empate no campo do San Tirso nun encontro entre conxuntos cos deberes feitos (0-0)
Non tivo moita historia un partido no que ámbolos dous contendentes xa chegaban coa permanencia certificada. Malia todo foi o Ribadeo quen estivo máis preto de acadar os tres puntos. O primeiro tempo transcorreu sen apenas ocasións de gol. A único tívoa Álex Meitín que rematou ao pao unha falta lateral.
No segundo tempo o conxunto mariñán foi a polo partido e contou con dúas claras ocasións, as dúas por medio de Xurde. A primeira cun remate alto desde dentro da área logo dunha boa asistencia de Asier, e a segunda nun testarazo á saída dun córner que se estrelou no pao.

O Lemos da outro paso cara a permanencia logo de vencer ao Portomarín (5-3)
Importante triunfo do conxunto monfortino no derbi provincial diante do Portomarín. Con estes tres puntos os de Óscar Moure xa non poden caer a postos de descenso directo e a perda de categoría só podería darse por arrastre. A derradeira xornada no Pepe Barrera diante do Ribadeo será crucial para o futuro lemista.
O Lemos comezou o partido cun ritmo alto que afogou ao Portomarín e que viu reflexado no marcador. Nunha xogada por banda de Dani Arias o pase deste rematouno o ex do Rúa Samu Arias ao fondo da portería. Nun rápida transición ben dirixida por Javicho finalizouna Hugo establecendo o empate. Non tardou en reaccionar o Lemos e noutra boa xogada de Dani Arias que finalizou Brais Meco cun bo remate desde fóra da área chegou o segundo gol. Xusto antes do descanso, o Lemos abriu distancia no marcador cun tanto de Mauro.
Na segunda metade o conxunto local non tardou en facer o cuarto, obra de Marco ao aproveitar un pase á espalda da defensa. O Portomarín non lle perdeu a cara ao encontro e achegouse no marcador nunha boa xogada individual de Hugo. Un erro defensivo do cadro miñoto aproveitouno Álex para facer o quinto. Pero Hugo non se resignou e acadou o seu hat-trick a servizo de Fer. Nos últimos intres o propio Hugo contou cunha boa ocasión para facer o cuarto.
