#Sin categoría

Reija eríxese en salvador da Piringalla

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia achéganos as dúas finais polo ascenso na Terceira Futgal. No grupo norte Muimenta e Abadín disputarán o premio de xogar en Segunda logo de deixar fóra a Rioaveso e Cazás respectivamente. No grupo sur, Piringalla e Incio deron a ‘sorpresa’ logo de derrotar a Taboada B e Quiroga, dous conxuntos que estiveron durante a temporada regular moi preto do ascenso directo.

GRUPO NORTE

O Muimenta elimina a un Rioaveso falto de puntería (0-0). Os de Fran Veiga pasaron á final polo ascenso logo dun encontro complexo no Pichón. Os locais, cun gol de vantaxe acadado no encontro de ida tiveron que sufrir diante dun bo Rioaveso, que amosou a súa mellor imaxe do curso, pero que se viu penalizado pola falta de puntería cara a portería rival. Un lanzamento ao pao de Noé e un testarazo de Toni que saiu fóra por pouco foron as máis claras para os de Asier Lozano. Co paso dos minutos, o Muimenta mellorou e estivo ben situado sobre o terreo de xogo, aínda que non foron quen de xerar perigo diante da portería rival, ata a segunda metade na que Seijas gozou de dúas boas opcións para marcar.

O Abadín dobrega novamente a un combativo Cazás (2-1). Encontro de baixo ritmo que comezou de cara para o Abadín, cun penalti que transformou Bufy. A acción foi moi protestada polos visitantes ao considerar que non existiu acción punible. O Cazás levou o peso do partido no primeiro tempo e o Abadín buscou xerar perigo á contra pero as defensas impuxéronse aos ataques. O segundo tempo comezou dun xeito semellante ao primeiro e ao Abadín chegoulle para sentenciar a eliminatoria. Nunha contra ben levada por Ferre, este superou ao gardameta do Cazás nunha boa definición. Os xermadinos, malia todo, non lle perdeu a cara ao encontro e moveu o banquiño para chegar con máis claridade á portería rival. A defensa local impuxo o seu poderío por alto e o Cazás tivo que rasear o balón para inquedar aos de Michi. A falta de cinco minutos Penedo recurtou diferencias, pero xa era tarde para un Cazás que realizou unha boa eliminatoria.

GRUPO SUR

Reija detén tres penaltis e mete á Piringalla na final (3-3). O gardameta lucense convertiuse no gran protagonista da eliminatoria logo dun partido de constantes alternativas na Medela. O Taboada B adiantouse ata en tres ocasións, todas eles respostadas de contado polo cadro visitante. Os de Jacobo Vázquez viron porta a través dun inspirado Elias, que foi quen de anotar ata en dúas ocasións no primeiro tempo. Non menos atinado estivo Cristóbal, que foi quen de contrarrestar cada gol local. O encontro encamiñouse á tanda de penaltis e aí Reija foi o auténtico heroe ao deter tres lanzamentos.

O Incio leva na quenda de penaltis unha eliminatoria moi parella fronte ao Quiroga (0-0). Encontro de gran igualdade entres dous conxuntos ben prantados no terreo de xogo. O primeiro tempo foi de lixeiro dominio do Quiroga, que contou coas ocasións máis claras para poñerse por diante no marcador. O cadro verde non as aproveitou e no segundo tempo foi o Incio, que estivo moi firme en todas as liñas, quen levou o peso do xogo, pero ao igual que o seu rival tampouco gozou de claridade nos metros finais. O partido encamiñouse ao lanzamento dos penaltis, onde un só erro condenou ao Quiroga. O gardameta Álvaro detivo un penalti lanzado polo Incio, pero o colexiado mandou repetir ao apreciar que este se adiantara levemente.

TORNEO DELEGACIÓN

Grupo 1

Pol B 2 – Mondoñedo 4. O Mondoñedo camiña a ritmo de vitoria tamén no Torneo Delegación e mantense invicto neste temporada. Os erros individuais condearon ao Pol B que viu como os mariñáns se puxeron con tres goles de vantaxe en só media hora. Óscar Paz, Álex Gacio e Acebo foron os autores dos goles. Os de Luis Romay realizaron un bo segundo tempo con balón, aínda que a renta dos visiantes era moi ampla. Soumare recurtou diferencias, pero pouco despois Álex Gacio sentenciou para os de Nico. Preto do final, desde o punto do penalti, Soumare fixo o segundo para o Pol B.

Comercial 4 – Catro Roldas 3. Primeiro tempo de dominio local no que a Comercial marchou ao descanso con 4-1. As numerosas baixas lastraron aos chairegos e a Comercial aproveitou as súas ocasións nos primeiros corenta e cinco minutos cun inspirado Soto Spuch. No intermedio Coto realizou un triple troco na procura de recurtar diferencias e Nunes conseguiuno ao anotar en dúas ocasións.

Grupo 2

Carballedo 4 – Relámpago Taboada 1. Primeira metade na que os locais tiveron o balón e os visitantes saíron á contra con certo perigo. Cristian adiantou ao Carballedo e Fran igualou para un Relámpago que se veu abaixo no segundo tempo. Os de David Guerra subiron o ritmo tras o intermedio e sentenciaron o choque no primeiro cuarto de hora.

Rubián 2 – Corgo 3. Primeiro tempo que quedou marcado pola lesión de Rober, futbolista do Corgo. Ámbolos conxuntos tiveron ocasións que non lograron convertir, ata que no segundo tempo chegaron os goles. Lois adiantou aos visitantes nun córner e o encontro parecía de cara para os de Abel Rochela ao quedar o Rubián en inferioridade. Pero dous erros de Harry propiciaron a remontada do Rubián, cun gol de do gardameta Casillas incluido. Sebas igualou desde o punto de penalti e Casillas a piques estivo de manter o empate no marcador con varias paradas de gran mérito. Finalmente Mejuto fixo o tanto da vitoria visitante.

Reija eríxese en salvador da Piringalla

Oki para o ascenso

Reija eríxese en salvador da Piringalla

Reija eríxese en salvador da Piringalla