Os Máxicos xa teñen campión

Nova semana de competición para uns Máxicos que se achegan aos seus obxectivos. A falta de catro xornadas para o final de liga, a SD Chantada subiu de categoría. Na zona baixa, ninguén quere desengancharse e case todos os equipos suman de 3 en 3.

O Taboada achégase á permanencia tras remontar ante o Escairón (3-1). O primeiro cadro en golpear foi o Escairón, que se impuxo dentro da igualdade da primeira metade cun gol de Noureddine logo de gañar unha segunda acción. Os do Saviñao quedaron cun home menos antes do descanso e o Taboada mellorou as súas prestación ofensivas desde o paso por vestiarios.

O 1×1 de Moski resultou letal e os Máxicos de Andrés empataron cunha acción do propio extremo zurdo. Co paso dos minutos, os branquiazuis dominaron o choque, puxeron o 2-1 nun centro lateral e sentenciaron cunha pena máxima.

O Lourenzá vence ao Guntín no último minuto e respira (3-2). A igualdade foi protagonista na Santa Cruz, pero os Máxicos laranxas fixeron o 0-1 cun golazo de Seijas desde medio campo. Reaccionaron os mariñáns e Casanova aproveitou un pase de Samir para igualar e, preto do descanso, Julián rematou un centro de Paulo desde a esquina para remontar o partido, 2-1.

No segundo tempo, o Guntín tivo o dominio posicional e igualou nun córner. Pouco despois, os visitantes quedaron con dez xogadores e acusaron os esforzos locais, que se traduciron nun penalti co tempo cumprido: Paulo non errou desde o punto fatídico e os puntos quedaron na terra das fabas.

O Monterroso suma e segue a costa do Santaballés (3-0). A presenza dos Máxicos de Cerdeiriños na promoción de ascenso comeza a ser unha realidade. Manu encarrilou o choque fronte aos Máxicos chairegos co 1-0 e Gabi cun dobrete —o primeiro antes do descanso e o segundo tras o paso por vestiarios— sentenciou un partido no que os vermellos se mostraron máis ambiciosos ante un rival que aínda terá que loitar pola permanencia na Primeira Futgal.

O Brollón cae en Maceda e loitará por evitar o descenso (3-1). A mala dinámica dos de Chura na segunda volta da competición fai que cheguen ás últimas catro xornadas 6 puntos por riba do descenso. Este domingo, dous goles do Maceda na recta final do primeiro tempo (41′ e 44′) fixeron moito dano a uns Máxicos lucenses que, aínda que recurtaron diferenzas á saída dos vestiarios, encaixaron o definitivo 3-1 no engadido da segunda metade para que os puntos quedasen no Cardenal Quiroga.

Os Máxicos de 8 equipos móvense en 4 puntos a falta de 12 por disputarse


O Chantada Atlético asalta o Luis Pallín (0-1). Na primeira metade tan só houbo un dono do choque: o Chantada Atlético, que errou un man a man e un penalti antes de anotar o 0-1 á saída dun saque de esquina. Xusto despois chegou o descanso e os axustes de Jorge tiveron efecto no Oural, que deu un paso adiante e xerou máis situacións de perigo. Os Máxicos chantadinos trataron de facer dano con contragolpes, pero ningún cadro estivo efectivo no segundo tempo e o resultado rematou co 0-1 que dá aire aos do Sangoñedo e llo quita aos sarriáns.

A Preferente volverá facer parada no Sangoñedo (2-0). Nunha xornada cun ambiente espectacular, a SD Chantada colletiou o premio ao sementado nos últimos catro anos. Os de Traste xestionaron o bo posicionamento do Castro e conseguiron adiantarse na recta final do primeiro tempo cun gran gol de Pedro. Na segunda metade, o Castro subiu as súas liñas pero non puido perforar a meta dunha «SD» que tirou de moito oficio para sentenciar no 85′ por medio de Joserra e facer dos últimos minutos unha festa ás beiras do Asma.

A afección da SD Chantada respondeu unha vez máis e levou en volandas ao seu equipo.

O Xove segue sumando e supera á Residencia (2-1). Tiraron de oficio os Máxicos de Piru diante dun candidato ao ascenso. O xogo repregado e con rápidas transicións surtiu efecto no Municipal e o Xove, por medio de dous ataques rápidos, púxose 2-0 por riba no segundo tempo. A Residencia apretou, subiu o ritmo e recurtou diferenzas, pero os mariñáns souberon resistir e sacaron tres puntos vitais do seu feudo.

Outeiro e Foz empatan e seguen dando pequenos pasos para a permanencia (0-0). Nun contexto tan igualado, cada punto é ouro. Dentro da igualdade do primeiro tempo, Hugo desbaratou dúas grandes opcións do Outeiro, mentres que Jorge non atinou para adiantar ao Foz. Na segunda metade, os Máxicos chairegos aguantaron os ataques dun cadro mariñán que tivo a máis clara nas botas de Jorge. Porén, e pese á insistencia de ambos conxuntos, o choque rematou co mesmo resultado que comezou, 0-0.

A Milagrosa cae nun duelo vibrante no Estadio Roca (4-2). Ao 0-1 inicial de Marco logo dunha transición respondeu rápido Corbelle ao aproveitar un balón ás costas, 1-1. Os chairegos erraron despois unha pena máxima, pero —xa no segundo tempo— unha acción rápida derivada dunha falta supuxo o 2-1 de Gabri.

Pouco despois, Corbelle fixo o segundo na súa conta para duplicar a vantaxe (3-1), pero a Milagrosa reaccionou cun gran disparo de Christian, 3-2. Xa nos últimos intres, un tiro de Xabi que fixo un estrano na área supuxo o definitivo 4-2 para deixar os puntos en Vilalba.

O Ribadeo gaña un derbi empañado pola lesión de Anxo (4-1). O Ribadeo aproveitou dous erros defensivos do Iberia para poñerse 2-0 antes do tempo de descanso. Pese ao resultado, os Máxicos de Moro mostraron un bo xogo, pero faltou pegada.

No segundo tempo, o Ribadeo tirou de oficio e parou o xogo ata o 65′, cando Anxo caeu lesionado de gravidade logo dunha acción fortuita. Logo da chegada da ambulancia, o partido reanudouse con dous goles máis dos locais (o cuarto desde o punto de penalti) e o Iberia maquillou o resultado nun duelo no que foi menos efectivo nas áreas, 4-1 no Pepe Barrera.

máxicos

Os Máxicos xa teñen campión

Os Máxicos xa teñen campión