O Trío de Ases O Cantón deu de si unha xornada con moitos estados de ánimo. Ledicia tanto no Lemos como no Racing Villalbés despois de gañar os seus encontros e manterse moi vivos na loita pola promoción. Deixou a súa vez un bo sabor de boca en Viveiro e non tanto no Lugo B nn derbi provincial con reparto de puntos . Tamén tivo unha doble derrota na Preferente máis goleadora e un pau tremendo para a Sarriana e a súa loita por salvar a categoría.
Un derbi de moita igualdade
O Viveiro e o Lugo B firmaron as táboas cun empate a ceros que lle sabe moito mellor aos da Mariña que ao filial. Os de Alberto López xa poñen seis puntos de por medio ante a posibilidade dun arrastre, mentres que os de Dani Galán complicaronse as súas opcións de promoción. O encontro inciou con moitos duelos, pero na que non atoparon o punto de remate necesario para ter boas oportunidades para abrir o marcador.
Foi na segunda cando se animaron os dous equipos. Izan tivo unha gran oportunidade que salvou Ayoub no que foi a máis clara do Lugo B. O Viveiro, pola súa parte, tivo un disparo cruzado de Cora que se marchou por pouco e un centro de Manu Martín ao que Rolle non chegou por centímetros. Nos últimos minutos, Candal salvou aos seus antes de que o colexiado anulase un gol de Xoel por fóra de xogo durante a xogada.
O Racing Villalbés establécese na promoción
O Racing Villalbés acadou unha vitoria de gran importancia ante o Céltiga por 0-1 que os volve meter nos postos de promoción de ascenso. Todo arrincou do mellor xeito posible para os chairegos, xa que no minuto 3 Pablo Trigo abriu a lata. Pese a que os locais tiveron unha oportunidade na que tivo que intervir Santomé, os chairegos puideron completar unha primeira parte moi boa e que puido ter un segundo gol nunha chegada na que Javi Rey non chegou a rematar.

A comodidade do Racing Villalbés mantívose nos primeiros intres da segunda metade. A oportunidade máis clara volveu ter como protagonista a Pablo Trigo, pero detívoa Antón. Na segunda xogada Borja quedou a nada de festexar o gol porque un defensor o evitou na mesma liña. Nos minutos finais, o cadro da Illa de Arousa tiveron varias situacións nas que Santomé tivo que volver a mandar na área para avivar aínda máis a ilusión na Magdalena.
O Lemos quere dar moita batalla
O Lemos sumou tres puntos na Pinguela moi importantes nun espectáculo de goles ante o Beluso que rematou o 4-2 no marcador. A primeira parte foi máis espesa para ambos equipos, froito da intensa calor e da tensión pola importancia do encontro. O Beluso atoparía no minuto 26 o primeiro tanto tras un erro defensivo que aproveitou Moledo para abrir o marcador. Os de Marquitos tiveron moitas chegadas de perigo no primeiro tempo, pero sen éxito.
O empate do Lemos non tardou moito en chegar, xa que no 48 Guitián igualou o encontro tras rematar un centro de Youness, que faría o segundo tanto no minuto 70 despois de rematar un saque de curruncho. Cun home máis, os monfortinos atoparon o terceiro tanto de obra de Youness a porta vacía e, pouco despois, Rogerio sentenciaría o encontro. O Lemos ademais puido dar minutos a canteiráns como Dani Blanco (titular), Cereijo, Adri Álvarez e Pallín.
Un pau moi duro
A Sarriana levou un pau durísimo de cara as súas opcións de permanencia despois de perder ante o Marino de Luanco por 0-1. Pese a que os de Dani Giménez tiveron o control do balón en moitos minutos, o cadro asturiano tivo as oportunidades. A falta de seis minutos para o final, Basurto aproveitou un saque de banda para poñer o único tanto do encontro. A Sarriana terá dúas finais en Astorga e ante o Rayo Cantabria onde só lles vale a vitoria.
O Pol non puido asegurar na última media hora a vitoria ante o Sigüeiro e todo rematou por 3-6. Thiago abriu o marcador para os visitantes, pero David López e un gol desde 70 metros de Julio Camba puxo por diante aos locais. Cando mellor estaba o Pol, chegou Pedro Rey para darlle a volta ao encontro con tres tantos. Dous penaltis deixaron o 2-6 no marcador e un gol de Alesito firmaría o 3-6 final.
O Burela estivo preto de vencer ao Negreira, pero non puideron sumar nada (2-3). O Negreira dominou, pero sen xerar máis oportunidades que un Burela que conseguía facer daño nas transicións. Os visitantes lograron meter dous goles que puxeron as cousas difíciles aos da Mariña. Diego puido recortar distancias a base de crer e loitar. Jairo Campo tivo dúas oportunidades nas que un defensor e o porteiro deterían os intentos e, na seguinte xogada, Caamaño poría o terceiro. Diego Chao anotaría un penalti, pero a fortuna foi esquiva co Burela.


