A SD Chantada proclamouse na pasada fin de semana como campión da Primeira Futgal despois de que completasen unha tempada que bordou a perfección. Con só dúas derrotas na liga, manteron un ritmo que ningún dos seus principais rivais puideron contestar, sobre todo no segundo tramo da tempada. Todo isto fai que nove anos despois, O Sangoñedo voltará a ver á Preferente, un obxectivo que levaban varias tempadas perseguindo.
O arquitecto de todo foi Traste, que desde o banco foi quen de poñer as ideas que logo plasmarían os xogadores durante toda unha campaña que pasará aos libros de historia da institución. O adestrador pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do ascenso, das súas chaves e do futuro da SD Chantada.
Entrevista a Traste da SD Chantada
Ascenso do Chantada: «Foi un carrusel de emocións. Tiñamos moitas ganas de confirmar o ascenso despois de catro anos de loita intensa e mazazos. Foi un día fermoso con toda a vila volcada e non o esqueceremos xamais. Xa estamos recuperando da festa. Xa celebramos no campo e alargouse, pero non moito que tocaba traballar o luns. Pero aproveitouse ben».
As chaves do ascenso: «Coinciden moitas. A mentalidade do grupo despois de tantos anos ten moito mérito. Creo que tivemos un comezo espectacular onde gañamos unha marxe que nos permitiu adminisitrar a diferencia no último tramo e fomos líderes solventes. Tamén os pequenos detalles caeron a favor. Os xogadores xeraron un gran ambiente coa afección. A vila está moi identificada e nós só temos palabras de agradecemento por todo o que nos transmitiron ao longo dos anos. Ogallá o manteñamos no tempo».

O futuro: «Entendo que o club xa irá asimilando a situación. No vestiario gañamos a marxe para desfrutar o final de tempada e queremos ter tranquilidade competitiva. Estarán traballando nas oficinas para facer que as cousas vaian o mellor posible».

