As nosas guerreiras da fin de semana!

IMAXE DE PORTADA: WEB PM FRIOL O PM Friol supriu esta semana unha dolorosa derrota en Mareo ante o Sporting de Gijón (3-1), un dos clubes referencias a nivel nacional. As lucenses chegaban ao duelo co obxectivo de saír da parte baixa da clasificación, e o mesmo facían as locais. As asturianas, de feito, aínda non coñecían […]

Rares foi titular por primeira vez en Terceira co Racing

A décima xornada da Terceira non estivo do lado dos equipos lucenses. Só o Polvorín e o Racing Villalbés conseguiron puntuar. Fixérono por medio dun empate en cadanseus partidos. Aínda así, a fin de semana deixou a primeira titularidade de Rares co primeiro equipo do Racing. E máis protagonistas nos #LucensesNaTerceiraGalega. Primeiro marcar, logo titular: […]

Que pasará coa Preferente na 2020/2021?

Decembro. En apenas vinte días, xaneiro. Cantos de nós teríamos tomado por tonto a aquel que nos dixese fai 12 meses que iamos estar sen fútbol a estas alturas. A situación socio-sanitaria aínda non permitiu xogar coas garantías necesarias. Porén, comezan os rumores entre a xente de fútbol: «quizais xoguemos desde febreiro», «seica non vai […]

O partido da xornada . . . Viveiro – Bergantiños: os mariñáns ante un dos colosos de Terceira

Aínda case sen saborear o pleno de vitorias dos nosos representantes do pasado martes, chega unha nova xornada, xa a décima na Terceira galega. Detémonos no encontro que se disputará en Cantarrana o domingo ás 12 horas e que enfrontará ao Viveiro co Bergantiños, e que estará dirixido polo colexiado santiagués Julio Martínez Barral. Non […]

O Viveiro das primeiras veces a ritmo de vitorias

O noveno capítulo da Terceira deixou pleno de vitorias na provincia. Un feito que acontece por primeira vez neste curso. Aínda que houbo algunhas xornadas nas que se aprazaron os partidos dos equipos lugueses. Entre eles un Viveiro cuxos xogadores seguen estreándose. No resto da competición os #LucensesNaTerceiraGalega tiveron sorte dispar. A primeira vez de… […]

O Racing Vilalbés tumba ao líder nunha xornada con pleno de vitorias lucenses

A novena xornada déixanos un pleno de triunfos para os representantes lucenses da Terceira División. O Racing Vilalbés volveu á senda da vitoria e fíxoo rematando coa imbatibilidade do Somozas, mentres que o Viveiro impúxose con autoridade no Poboado ante o As Pontes. O Polvorín segue nun gran momento e acadou un novo triunfo diante […]

Ramón consegue a primeira imbatibilidade da tempada

Foto de portada: Carlos Castro A oitava xornada da Terceira deixou ao Viveiro como vencedor do derbi. O Polvorín reivindicouse no duelo de filiais. Os #LucensesNaTerceiraGalega seguen contando con protagonismo e algún mellora as súas prestacións. Os triunfadores:  O porteiro Ramón foi titular na portería do Fisterra por segunda semana consecutiva. Conseguiu o seu primeiro […]

O Polvorín golea en Abegondo e o Viveiro faise co derbi provincial

Xa en vísperas dunha nova entraga da Terceira, a oitava xornada déixanos o triunfo do Viveiro en Cantarrana no derbi provincial ante o Racing Vilalbés e a goleada do Polvorín en Abegondo ante o Fabril no choque entre filiais. O Viveiro reencóntrase coa vitoria no derbi ante o Racing Vilalbés (2-0). Encontro marcado pola intensa […]

Chega o momento dos gardamallas en Monforte de Lemos

  O ano pasado tiña lugar en Monforte de Lemos a I Batalla de Porteiros «Iván López», unha iniciativa moi popular nos últimos tempos e que sempre conta cunha gran acollida por parte dos amantes do fútbol. Porén, o sur da provincia non contaba con ningunha versión deste «minixogo», polo que, no 2019, o gardamallas […]

Javi Varela (Racing Villalbés): «Nunca estiven tanto tempo sen xogar»

Na seguinte entrevista falamos cun dos xogadores máis destacados do Racing. O lucense Jose Varela suma xa… Non, non! Jose non é. Supoño que esta confusión lle pasou algunha vez a moita xente do fútbol lucense. É Jose ou Javi? A dúbida resólvese case sempre dentro do terreo de xogo. Co dorsal as costas e […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Benvidos unha semana máis á nosa sección semanal de análise do fútbol feminino, centrándonos nestas últimas edicións na labor do PM Friol, único clube lucense que está a competir polo momento.

Eimil volve ao once e destaca no regreso á vitoria do Arenteiro

Foto de portada: CD Arenteiro A sétima xornada da Terceira deixou dúas vitorias conseguidas pouco antes de que soase o chifre. O Racing Villalbés e o Polvorín gañaron os seus encontros como locais. No cadro chairego con tres goleadores da provincia. Non tivo unha boa tarde o Viveiro ante o Arzúa. Quen si se luciu […]