Dani Moirón, adestrador do Ribadeo

Dani Moirón (Ribadeo): «Estou máis preocupado en non encaixar que en marcar»

O líder da Primeira Futgal está a un ritmo que da vertixe só de velo. O Ribadeo de Dani Moirón non para en ningún momento e demóstrao encontro a encontro. De feito, está fin de semana voltárono a facer, alcanzando este sábado ante o Guntín os seis encontros consecutivos vencendo e marcando por tres ou máis goles. Un terremoto ofensivo que se combina con bos números defensivos para impoñer un ritmo que, para os seus perseguidores, é moi difícil de seguir.

O adestrador pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Durante a entrevista falaron dos obxectivos do curso, a xeira goleadora e os potenciais rivais polo ascenso á Preferente.

Entrevista a Dani Moirón do Ribadeo

Obxectivo do Ribadeo: «O obextivo é máis para os afeccionados. Somos conscientes de que fixemos unha rexeneración moi grande na plantilla co fin de apostar máis pola xente da vila. Estamos contentos de estar aí misturando a xogadores como Castrín ou Meitín con savia nova».

Xeira goleadora: «O míster está máis preocupado en non encaixar que en marcar. Sabemos que temos xogadores diferenciais arriba e no que máis traballamos é en deixar a portería a cero. Sabemos qeu se facemos iso imos gañar gran parte dos partidos. Ao mesmo tempo, estou contento de que as cifras goleadores sexan altas e de que fosen moi repartidos».

Potenciais rivais polo ascenso: «Despois dun terzo de ano xa está a táboa prácticamente posicionada. Creo que equipos como Racing Villalbés B, Cire de Melide, Residencia e Monterroso poden ser os rivais a batir para o que queda de curso».