O anecdotario: «O anel, o maldito anel», por Carlos Madriles

Comezamos a temporada cunha historia ben curiosa

Corría a tempada 2008-2009. Campaña na que ascendimos a Primeira Rexional coa Milagrosa. A historia comeza nun partido na casa, Frigsa, contra o Corgo. Aquel día saín desde o banquillo, como era habitual. Non levaba nin dous minutos no terreo de xogo, cando o árbitro dirixiuse a min para dicirme:

«Madriles non podes xogar co anel, tes que saír e quitalo». O anel non saía nin con xabón, nin con nada…

Díxenlle:

No campo dos Medos repetiuse o problema. MARILUZ FAGÍN
No campo dos Medos repetiuse o problema. MARILUZ FAGÍN

«Arbi, non me sae».

E insistiu en que non podía xogar. Despois de debater un rato con el, tiven que saír do campo. O adestrador fixera todos os cambios e quedamos con dez xogadores. A cara do míster era un poema. Marchei cagándome en todo.

Ao final o equipo gañou con oito sobre o verde, cun penalti no último minuto. Remataramos con tres xogadores expulsados, todos sairán desde o banquiño igual ca min…

Pois ben, a fin de semana seguinte fomos xogar a Brollón. Tocoume saír titular, algo raro. Debinlle dar pena ao adestrador polo da semana anterior… No primeiro balón do partido, xogaron sobre min en longo. Na disputa, caín en plancha no medio dun charco.

O árbitro veu interesarse por min e o primeiro que me dixo foi o seguinte:

Madriles, o adestrador en cuestión, en Frigsa. SDC MILAGROSA

«Dez, co anel non podes xogar».

Saín do campo, que só se me vían os brancos dos ollos. Ese día estaban no banco Zas, Marsu e Nico. Os tres mexándose da risa, coa cabeza metida debaixo da camiseta partíndose. A cara do adestrador, meu irmán o gran Madriles, era de novo un poema. E espetou:

«Este chaval é ‘gili…’. Non lle chegou o da fin de semana anterior».

Desde aquel día xoguei con luvas.

Carlos ‘Madriles’ Fernández Nogueira. O entrañable adestrador da Milagrosa

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 765

Deja un comentario