Preparados para unha nova Preferente

Chegou a hora da verdade. Esta fin de semana comeza unha nova Preferente, con ata sete equipos lucenses. Desde esta casa, queremos facer unha previa individualizada de como chega cada un dos nosos conxuntos ao ‘Día D’.

Atlético Escairón: Manteñen o bloque do ascenso con algunha que outra incorporación. Mostrarón a súa competitividade durante toda a pretemporada, selo claro dos equipos de Julio Corral. Sufrirán por acadar unha permanencia complicada. Aínda que por traballo non vai ser.

Lemos: A mellor garantía está no banco, cun contrastado Alberto López. O cadro de xogadores semella algo curto, máis aínda coa baixa de Asier para a presente temporada. Se as lesións respectan aos monfortinos, poden competirlle a calquera. En caso contrario, poden aparecer os problemas.

Sarriana: Na Ribela seguen soñando co ascenso despois de quedar a un só gol a pasada temporada. Edu Rodríguez comanda un novo proxecto que deixou dúbidas na pretemporada. Os primeiros partidos determinarán se a Sarriana está preparada para un novo asalto ao ascenso. Ou terá que mudar a un obxectivo menos ambicioso.

Residencia: Dani Galán comeza un novo ciclo que mantén a esencia branquiazul. Ademais recuperan a varios xogadores de renome da casa. Agardan non pasar apuros e ofrecer un fútbol vistoso no sempre complicado campo da Cheda.

Santaballés: Juan Rodríguez apelará ao espírito da Liga para pelexar pola salvación. O núcleo duro segue unha campaña máis, na que os branquiazuis contan con importantes baixas. Media permanencia pasar por facer un fortín da casa.

Félix, Escairón

Foz: Novo proxecto, cun cadro de xogadores que quere dar guerra na categoría. Fichaxes de xente da zona para saír con garantías aos mandos de Bebo, profeta na súa terra e que se perdeu unha parte importante da pretemporada polo famoso bicho.

Ribadeo: Dani Moirón chega ao seu Ribadeo para empezar unha aventura ilusionante. Xogadores de garantías e vellos coñecidos do míster alíanse para agasallar con moitas alegrías ao Pepe Barreira. Non hai teito pero as expectativas xa están creadas.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 765

Deja un comentario