O episodio 250 do noso Diario achéganos as últimas novidades dun mercado que pouco a pouco vai chegando ao seu fin.
O Xove Lago asinou a fichaxe de Richard, procedente da SD Viveiro e renovou ao defensa Charly. Tamén continuará un ano máis no San Lázaro o centrocampista Saúl Pérez.
O Chantada Atlético confirmou a fichaxe do central Zhasky. O xogador de Rodeiro ademáis de xogar no equipo da súa vila, conta con experiencia no Agolada, Antas, Melide ou Pol. O Guntín incorporou ao dianteiro Diego Vidal.
O Portomarín asinou a fichaxe de Costa, que finalmente xogará no Chao da Poza e non na SD Pol ás ordes de Mourelos, tal e como estaba previsto.


A SD Muimenta tamén se pon en marcha. José Cendán «Basi» voltará a coller as rendas do equipo. Jesús Vigo será o seu axudante, ademáis de adestrador de porteiros. O capitán Hugo Engroba, e os irmáns Javi e Miguel Morán continuarán unha temporada máis no cadro do Pichón.
O Celta Barreiros fichou ao central Anxo, neto de Chona, unha vella lenda do C.D. Foz, conxunto do que procede, ao igual que Jorge, que retorna ao Cascabeiro logo xogar a pasada temporada en Preferente.
