Diario dun mercado. Episodio 253

Comezamos este novo episodio do noso Diario cun bombazo que saltou esta mesma tarde. O Celta Barreiros, que o pasado mércores anunciaba a saída de Fran Vázquez, que fora adestrador as dúas últimas temporadas do conxunto do Cascabeiro, xa atopou sustituto. Non é outro que Carlos Devesa, un mítico do fútbol mariñán, integrante do Mindoniense na Terceira División, así como do Viveiro. O focense actualmente era o segundo adestrador do Iberia.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

O Chantada Atlético anunciou a renovación do gardameta Anxo, que afrontará a segunda temporada no clube logo de xogar na 2019/2020 aínda en idade xuvenil. O San Lázaro renovou a Rubén Candal, que continuará un ano máis ás orde de Diego Rey. Manu Méndez «Camacho» será o segundo adestrador do San Roque a vindeira temporada.

A Milagrosa, que esta temporada retorna á Segunda Autonómica estará dirixida por Manolo Couso e Carlos Madriles. Un dos seus rivais, o Muimenta, renovou a Edu e Matías.

Deportes Élide

O Antas anunciou a renovación de boa parte do seu cadro de xogadores. Continuarán no Castro Seoane: Méndez, Xurxo, Martín Rivas, Marcos, Cris, Noel, Óskar Novo, Miguello, Luis, Félix, Garea e Cumbraos.

Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 498

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.