Foz e Sarriana saen triunfadores dos derbis provinciais

Xornada sen triunfos lucenses na Terceira. O Polvorín sacou un valioso punto do campo do Couto, mentres que Racing Vilalbés e Viveiro caeron nas súas visitas a Xuvenil de Ponteareas e Fabril respectivamente. Na Preferente, a Sarriana venceu no Partido Fisioterapia Ronda ao Lemos e o Foz impúxose ao Escairón. O Ribadeo logrou sumar un […]

A Medela terá un apelido ilustre

En poucas circunstancias un pode escoller o apelido. Habitualmente é algo dado que toca porque toca. Non obstante, sempre hai excepcións. O campo de fútbol da Medela en Taboada vai engadir máis palabras a súa denominación. Unhas letras que significan moito e cuxa memoria se debe preservar. Dende este domingo pasará a chamarse A Medela […]

Sanmi amósase moi contento polo debut e agradece a Resi que conten con el

A Preferente estreouse con resultados dispares para os equipos da provincia. Salientou a vitoria da Sarriana, o empate da Residencia, do Escairón e do Santaballés (os dous últimos enfrontándose entre si) e as derrotas do Ribadeo e do Foz. Ademais do debut dos conxuntos, tamén se produciu a estrea de xogadores na categoría. Este martes, […]

O Pichón, Muimenta

Diario dun Mercado. Episodio 257

O mercado segue a deixar titulares nos últimos días. Con algunas competicións xa comezadas e outras a escasas semanas de facelo, as novidades de hoxe concéntranse na parte norte da provincia. Así, o lateral Ángel cambia a banda da Marosa pola do Martínez Otero. O xogador defenderá a elástica do CD Foz na presente temporada. […]

Bo encontro e mellores sensacións da Sarriana no comezo da Preferente

Un ano e medio despois volve o Trío de Ases ao completo. A competición na Terceira tróuxonos bos resultados. O Racing Vilalbés sumou un triunfo na Madalena diante do Sofán e o Viveiro empatou sen goles en Cantarrana co Ourense CF. Na Preferente, o derbi provincial entre o Escairón e o Santaballés rematou en tablas […]

O Pichón, Muimenta

Diario Dun Mercado. Episodio 255

A menos de tres días para que arrinque a Preferente e a un mes do comezo da Primeira Autonómica, os clubes lucenses ultiman os seus cadros de xogadores. É o caso, de feito, de moitos dos conxuntos que competirán na Primeira nesta 21/22. Se empezamos o repaso polo norte, a primeira novidade chega desde Xove, […]

Preparados para unha nova Preferente

Chegou a hora da verdade. Esta fin de semana comeza unha nova Preferente, con ata sete equipos lucenses. Desde esta casa, queremos facer unha previa individualizada de como chega cada un dos nosos conxuntos ao ‘Día D’. Atlético Escairón: Manteñen o bloque do ascenso con algunha que outra incorporación. Mostrarón a súa competitividade durante toda […]

A Primeira Rexional comezará cun Taboada – Chantada na Medela

A Primeira Rexional xa ten a folla de ruta para que volva a competición dezanove meses despois. A fin de semana do 17 de outubro dará comezo unha liga dividida en dous grupos de dez na 1ª fase. A primeira xornada xa deixa un dos grandes derbis do campionato no Subgrupo A, o Taboada e […]

Racing Vilalbés e Viveiro comezan con dous valiosos empates

Volveu a competición co comezo da Terceira para Racing Vilalbés e Viveiro. O Polvorín tocoulle descanso nesta primeira xornada dunha competición que este ano conta con só dezasete equipos. Os dous representantes lucenses arañaron dous empates a domicilio. O Racing Vilalbés en Abegondo ante o Fabril e o Viveiro en Santa Mariña diante do Choco. […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Choco – Viveiro: dura saída para os mariñáns no debut

Comeza unha nova temporada en Terceira RFEF. Desta volta, aínda que coas restriccións propias da pandemia do Covid-19, a competición retorna a un sistema máis parecido ao que nos ten acostumados, cun só grupo de dezasete equipos. Unha competición máis curta, con 32 xornadas, que obrigará aos equipos a cometer poucos erros para non caer […]

Diario dun mercado. Episodio 253

Comezamos este novo episodio do noso Diario cun bombazo que saltou esta mesma tarde. O Celta Barreiros, que o pasado mércores anunciaba a saída de Fran Vázquez, que fora adestrador as dúas últimas temporadas do conxunto do Cascabeiro, xa atopou sustituto. Non é outro que Carlos Devesa, un mítico do fútbol mariñán, integrante do Mindoniense […]