O partido Fisioterapia Ronda . . . Lemos – Sarriana: debut monfortino diante dun vello coñecido

Partidazo na Pinguela para o comezo da competición do Lemos. Logo de ter que descansar na primeira xornada, os monfortinos suben o pano desta temporada diante dunha Sarriana que chega á Pinguela con Edu Rodríguez no banquiño, que retorna á que foi a súa casa nas últimas temporadas. Será o domingo ás 17:30 horas coa arbitraxe do colexiado lucense Polo Fraga.

A principal novidade do Lemos para este comezo ligueiro está no banquiño. O técnico lucense Alberto López, con sobrada experiencia na categoría, foi o escollido pola directiva monfortina para encabezar o novo proxecto, que pasa por consolidar o equipo na categoría. Para iso contará cun cadro de xogadores continuista ao que se incoporan vellos coñecidos do adestrador, como son Alami, Álvaro ou Luisma. Ademáis, retornan á Pinguela xogadores como Borja Castro, Diego Arias ou Adrián Armesto.

Pola súa banda a Sarriana xa comezou a competición a pasada xornada, e fíxoo con moi boas sensacións. Ademáis dos tres puntos ante o Galicia de Mugardos, outros dos conxuntos chamados a ocupar a zona alta da clasificación, o equipo adestrado por Edu Rodríguez amosou unha gran imaxe sobre o céspede da Ribela. Cun potencial fora de toda dúbida, os sarriaos buscarán un novo triunfo que os sitúe desde o comezo na zona alta da clasificación.

que opinan os protagonistas?

VARELA (LEMOS)

  • O debut. «Chegamos con moitas gañas de comezar a competición e de facer un bo partido diante da nosa afección. Creo que seremos o típico equipo que adestra Alberto, que sempre se definen pola súa intensidade, agresividade e competividade».
  • O rival. «Será un partido de poder a poder cos dous equipos xogando as súas bazas e o que menos erros cometa levará os tres puntos. Eles son un equipo feito co obxectivo de acadar o ascenso a Terceira, con moitos e moi bos xogadores, polo que teremos que estar moi atentos en todo momento».
  • Obxectivos. «O gran obxectivo é salvar a categoría, pero si nos respetan as lesións podemos facer un ano moi bonito e ilusionante. Veremos a un Lemos moi competitivo e ambicioso».

ÓSCAR RIVAS (SARRIANA)

  • Comezo prometedor. «Nas primeiras xornadas sempre vas coa máxima ilusión de transmitir e chegar a unha idea traballada durante a pretemporada. Míster novo, ideas novas, mecanismos, que de non ser pola capacidade do equipo tardarían moito en chegar. Teño que decir que facía tempo que non vía setenta minutos de tan alto nivel como o da pasada xornada diante do Mugardos, e si, sería inxusto non acadar os tres puntos, pero visto o visto, si non os sumáramos non pasaría nada. O fútbol vai por sensacións e si non acadáramos o premio sería para estar orgullosos e reforzar a nosa idea».
  • O Lemos. «Creo que é un partido máis, son tres puntos, peero sei que estará marcada para afección, xogadores, corpo técnico…. De seguro que será entretido sobre todo para o afeccionado. Temos que evitar que o Lemos sexa capaz de correr. Nós facemos un fútbol vistoso e atrevido, difícil de ver nestas categorías, pero que da os seus froitos. Expoñémonos moito e iso da lugar a transicións que serán a clave no partido do domingo».
  • O ascenso nun grupo igualado. «Vimos dunha pandemia mundial, no que este tipo de fútbol se ve condicionado polo número de adestramentos. Creo que será unha liga igualada na que calquer equipo pódeche poñer as cousas complicadas. A idea de Edu está clara e nos estamos encantados, pero temos que ser conscientes de que haberá partidos que non sumemos aínda que o merezamos. Isto ten que reforzar ao equipo e seguir persistindo na idea. A Sarriana está medrando cunha magnífica directiva e corpo técnico e pedriña a pedriña conseguiremos os obxectivos. A clave é o traballo, e con iso e a calidade do equipo creo que estaremos loitando por ascender e con iso temos que convivir. Temos que ser humildes e convivir con certas presións. Pasoume no Polvorín e tamén no As Pontes, pero cando máis complicadas se poñen as cousas os grupos humanos sacarano adiante. E este ano estou tranquilo».

a axenda

Preferente Autonómica

  • Foz – Escairón (domingo ás 17:30 horas no Martínez Otero): os mariñáns buscarán redimirse ante a súa afección logo da goleada sufrida na primeira xornada. Enfronte un Escairón que chega tras sumar un punto no debut.
Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 416

Deja un comentario