Diario dun mercado. Episodio 262

Jorge López é un dos movementos do Nadal ao regresar ao Foz mentres que o Pol refórzase cun dianteiro contrastado

Juan Peón, CD Castro: ‘Somos un equipo que quere defender o mínimo tempo posible’

23 puntos de 27 posibles. 7 triunfos e tan só dous empates. Tan só dous goles encaixados en nove xornadas. O CD Castro rematou a primeira volta como líder do Grupo Norte da Primeira Autonómica, seguido de preto pola SD Pol. Os do Arturo Pereiro completaron unha primeira fase do campionato moi completa, que lles […]

Que foi de… Edrosa: a perla ponse a punto sen presión

Edrosa e ao fútbol como os ovos ás galiñas. Unha simbiose tan perfecta como necesaria. Que comezou co pai segando a banda do Anxo Carro e; continúa, por agora, co seu fillo impartindo cátedra pola provincia adiante. Gonzalo Edrosa Anllo (A Pastoriza, 14/07/1997) é un doutor do balompé en excedencia. Un mediapunta zurdo de trato […]

Cinco dos sete lucenses de Preferente terían que xogar a fase de permanencia

Xa comezada a segunda volta na Preferente analizamos a situación dos sete conxuntos lucenses da categoría. Aínda que un dos nosos, a Sarriana, ocupa o liderato o rendimento conxunto non é satisfactorio con cinco equipos en postos de promoción de permanencia, varios deles cunha puntuación moi baixa pensando na segunda fase do campionato. Pouco que […]

Javier Montoto, SD Chantada: ‘Os últimos resultados motivaron aos xogadores’

A SD Chantada foi o campión de inverno do Grupo A da Primeira Autonómica. 19 puntos en nove partidos serviron aos da vila do Asma para erixirse no máis alto da táboa xusto antes de pechar a primeira volta. Agora, os do Sangoñedo afrontan o 2022 cun gran sabor de boca e con gañas de […]

As notas para os lucenses da Terceira

Unha vez rematada a primeira volta de campionato na Terceira avaliamos a situación dos tres representantes lucenses na categoría. Ao Polvorín debemos outorgarlle un sobresaínte. Excepcional, e poderíamos calificar ata de sorprendente, a primeira volta do filial albivermello. O conxunto adestrado por Álex Ortiz rematou o 2021 no liderato de Terceira e amosando unha gran […]

Cabreiros, Meira, Becerreá e Ferreira, os líderes de Nadal

O 2021 remata na Segunda Rexional marcado tamén pola incidencia da covid. Na última xornada do ano houbo tres partidos suspendidos. Os subgrupos repártense entre os que xa comezaron a segunda volta ou os que remataron a primeira. Repasamos os detalles nos Onces Futbolinlugo. Na zona norte, no subgrupo 1A, o Cabreiros foi o campión […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 9

Rematou a primeira volta e con ela o fútbol da Primeira neste 2021. Os Máxicos protagonizaron outra vibrante xornada, pero xa nos deixaron con ganas de máis… Lourenzá 0-3 Pol: o Pol foi superior na primeira parte e conseguiu o primeiro nun penalti que transformou Leandro logo de 5′ minutos de xogo. Porén, o Lourenzá […]

O Polvorín e a Sarriana rematan o ano líderes

Rematou o ano futbolístico para os nosos equipos de Terceira e Preferente. O Polvorín fíxoo cun claro triunfo no derbi provincial co Viveiro e o Racing Vilalbés cunha derrota na Madalena diante do Ourense CF. Na Preferente, o derbi da Ribela entre Sarriana e Lemos caeu do lado local, e o Foz fixo o propio […]

A incidencia da covid tamén afecta a última xornada do ano na 2ª

A última xornada do ano na Segunda Rexional terá dous partidos menos. Por culpa do covid non se xogarán os partidos entre o Bóveda e o Incio, o Paradela – Santa Comba e tamén o derbi do norte entre o Roupar e o Cabreiros. A continuación deixámosvos os Onces Futbolinlugo da última xornada da primeira […]