A II Guía Futbolinlugo, en dixital (7)

Mentres agardamos polo retorno do noso fútbol, seguimos repasando a II Guía Futbolinlugo. Desta volta é o turno para catro conxuntos de Primeira Autonómica: Folgueiro, Friol, Lourenzá e Taboada.  

Máis do 50% dos equipos lucenses van pedir o adiamento do inicio das competicións

Os clubs de Lugo levan días debatendo sobre o inicio das competicións. O tema céntrase en cando debera comezar a temporada nestes tempos de pandemia. Varios equipos doutras zonas de Galicia xa lle manifestaron por escrito a Real Federación Galega de Fútbol que se opoñen a que os partidos comecen xa. Agora semella que varios […]

O anecdotario: Cambio radical, por Marcos González

Seguramente poderia contar moitas máis anécdotas, porque o fútbol ten cousas boas e cousas malas, pero o que é certo é que podes ter historias que contar durante un par de sobremesas. A miña nesta ocasión vai ser relacionada co fútbol base, unha anécdota que sempre que coincido con Antonio Gómez a conta.

R.C. Deportivo e Somozas, duros rivais para os nosos equipos de Terceira este fin de semana

Pouco a pouco voltamos á rutina nos nosos campos. Polo menos nos de Terceira. A pasada fin de semana o balón voltou a rodar en Cantarrana coa posta de longo do Viveiro e o Racing Vilalbés. Co calendario ligueiro xa coñecido, este sábado 26 de setembro dous dos tres representantes lucenses da terceira división xogan […]

Das San Lucas ao inicio da Primavera; a 1ª fase da 3ª xa ten almanaque

Este xoves sorteouse o almanaque da primeira fase da nova Terceira Galega. A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Compostela foi o lugar onde se desenvolveu o sorteo. A competición comeza a finde das San Lucas cun formato renovado. Os tres representantes lucenses están encadrados no subgrupo 1A. A primeira fase do campionato […]

Diario dun mercado. Episodio 194

Nestes días a provincia debate entre os clubs partidarios de non xogar mentres a pandemia non cambie de rumbo; e os que cren que a volta é posible. Polo que non queda moito oco para as fichaxes. Ademais moito dos cadros de futbolistas xa están confeccionados a estas alturas. Á espera do que pasa finalmente […]

Luz ámbar ante o comezo das competicións

Nos últimos días falouse moito das diferentes circulares que ían chegando sobre a volta do fútbol: mascarilla obrigatoria, renuncia á mesma, tests serolóxicos… e demais novidades que trataban de facer viable o comezo da temporada futbolística. Porén, os verdadeiros protagonistas disto son os clubes e, como tales, conxuntos de todas as delegacións galegas están a […]

A nova normalidade dos campos lucenses

O fútbol comeza a volver aos terreos de xogo. Onte anunciabamos desde a nosa web que o sábado terá lugar o primeiro partido de fútbol na provincia desde marzo (sen contar os encontros do CD Lugo): Viveiro-Racing Villalbés, en Cantarrana, ás 18:30. E con espectadores. Voltar pola porta grande.

Diego Vivero: «O único que me facía seguir era o grupo do Goiriz»

Non sabemos se aquel pícaro que viu fútbol no Roca por primeira vez contaba con ter unha traxectoria como a que tivo. Diego Vivero Pernas (02-05-1984, Cabreiros – Xermade) criouse na canteira do Rácing Vilalbés. Medrou dándolle patadas a un balón no Roca e madurou no Ventiño. A súa primeira camisola no fútbol sénior, xa […]

Os clubes opinan sobre a nova Preferente

Fai uns días, a Futgal reuníase cos clubes da Preferente Galicia para falar de como se desenvolverá a competición na temporada 20/21, na que será unha ardua tarefa completar as ligas sen paróns. Por iso, a nova Preferente constará de catro subgrupos (dous correspondentes á zona norte e dous á zona sur).

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (6)

Un día máis traemos a edición dixital da II Guía Futbolinlugo, coa que lembramos os cadros de xogadores dos clubes fai un ano e, ao mesmo tempo, enchémonos de esperanza para afrontar a, canto menos, curiosa temporada 20/21. Hoxe traemos a catro clubes do fútbol feminino que competían o ano pasado na Segunda Galicia: CD […]

Diario dun mercado. Episodio 193

un Co comezo das competicións máis preto, ou iso agardamos todos, os movimentos no mercado do fútbol lucense comezan a minguar. Malia todo, e coma sempre, traemos as novidades dos nosos clubes. O Polvorín cedeu a Matías Vesprini á S.D. Compostela. O central, que tamén pode actuar no perfil esquerdo da defensa, foi un habitual […]