Sen goles e case sen ocasións no derbi da Veiga

A última hora do sábado coñeciamos a nova do adiamento do encontro do Racing Vilalbés froito dun positivo en Covid-19 dun integrante do C.D. As Pontes, rival dos de Simón Lamas. Polo tanto, o derbi provincial entre o Viveiro e o Polvorín foi o único encontro dos nosos representantes na Terceira.

O encontro disputouse en San Cibrao, no campo da Veiga, logo de que as autoridades sanitarias, así como o propio Concello de Viveiro suspenderan calquer actividade nos recintos deportivos. Debido ao peche perimetral viveirense, os siareiros do club mariñán tampouco poideron desprazarse animar ao seu equipo. Malia todo, uns sesenta valentes presenciaron o encontro nas gradas, con tódalas medidas de seguridade.

Non foi un partido vistoso e o vento soprou con forza na Veiga. Na primeira metade o Viveiro foi superior ao filial albivermello. Os mariñáns atopáronse cómodos co balón nos pés ante un Polvorín moi impreciso e que non logrou conectar cos seus tres dianteiros como en encontros anteriores. Malia todo, os pupilos de Chusky non chegaron con claridade as inmediacións da área rival e non crearon situacións de perigo para poder adiantarse no marcador.

Na segunda metade cambiou o guión. O Polvorín levou a iniciativa do xogo, pero o Viveiro coas liñas moi xuntas impediulle aos de Álex Ortiz desenrolar o seu xogo habitual. O conxunto local xogou replegado e saiu á contra con certo perigo. Nunha delas Javi Rey recuperou un balón e conectou con Rolle, pero o viveirense errou na definición. Na outra área, Asier gozou dunha boa ocasión a centro de Manu Núñez, pero o disparo do lateral detívoo con acerto Manu Cedrón.

O filial do C.D. Lugo puido levar os tres puntos na mellor ocasión do encontro. Antón Escobar plantase só diante do porteiro viveirense, pero este resolve de xeito espectacular diante do ariete do Polvorín.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 406

Deja un comentario